ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Posesivo. Exercicio 2: completar cos posesivos


  1. O teu home anda embarcado e o teu irmán/teu irmán é un furafollas.

  2. O meu sogro/meu sogro é moi bo home.

  3. Miña nena! Que má sorte tiveches!

  4. O teu xenro/teu xenro mercou dous andares desa casa.

  5. O seu curmán/seu curmán é afeccionado ao montañismo.

  6. O teu cuñado/teu cuñado é piloto de helicópteros.

  7. Miña xoia! Canto lle quero!

  8. A súa madriña é radioafeccionada.

  9. Eses danse moi ben na nosa terra.

  10. Esta non é da vosa banda.

  11. A mosca caeu nas súas redes.

  12. Non lle deas caramelos ao meu neto.

  13. Mañá chega de Marrocos o noso sobriño.

  14. Xoán Montes puxo moito sentimento nas súas obras.

  15. Os celtas non temían os seus inimigos.

  16. Os teus devanceiros eran moi ricos.

  17. A miña barriga é un pouco grande.

  18. Os animais gorécense nas súas covas.

  19. Os humanos coidan pouco o seu mundo.

  20. Situáronse fronte súa.

  21. Sentareime xunto túa.

  22. Non che é certo, amigo meu/meu amigo.

  23. Andaban sempre con cadanseu mozo.

  24. Compráronlles cadanseu reprodutor de DVD.

  25. Viñeron en cadansúa camioneta.

 

  1. ... home (de ti) anda embarcado.... e irmán (de ti) é un furafollas. 

  2. ... sogro (de min) é moi bo home.

  3. ... nena (de min)! Que má sorte tiveches!

  4. ... xenro (de ti) mercou dous andares desa casa.

  5. ... curmán (dela) é afeccionado ao montañismo.

  6. ... cuñado (de ti) é piloto de helicópteros.

  7. ... xoia (de min)! Canto lle quero!

  8. ... madriña (del) é radioafeccionada.

  9. Eses danse moi ben en ... terra (de nós).

  10. Esta non é de ...banda (de vós).

  11. A mosca caeu en ... redes (dela).

  12. Non lle deas caramelos a ... neto (de min).

  13. Mañá chega de Marrocos ... sobriño (de nós).

  14. Xoán Montes puxo moito sentimento en ... obras (del).

  15. Os celtas non temían ... inimigos (deles).

  16. ... devanceiros (de ti) eran moi ricos.

  17. ... barriga (de min) é un pouco grande.

  18. Os animais gorécense en ... covas (deles).

  19. Os humanos coidan pouco ... mundo (deles).

  20. Situáronse fronte ... (del).

  21. Sentareime xunto ... (de ti).

  22. Non che é certo, ... amigo... (de min).

  23. Andaban sempre con cada.... mozo (delas).

  24. Compráronlles cada... reprodutor de DVD (seu).

  25. Viñeron en cada... camioneta (súa).

Posesivo
»Exercicio 3
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com