ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Léxico 3. Exercicio 1: A seguir están 50 definicións que seguen o Dicionário da Língua Galega coordenado por Isaac Alonso Estravís (Ed. Alhena) -ed. en liña-.


1. adro

2. nuncio

3. enxame

4. Pascua

5. axóuxere

6. sela

7. imprenta

8. quiromancia

9. amortecedor

10. quilovatio

11. monógamo

12. gula

13. barlovento

14. rescate

15. amazona

16. elexía

17. almorzo

18. fol

19. patoloxía

20. balea

21. pasante

22. gasosa

23. lenzo

24. hipocondría

25. anticuario

26. autodeterminación

27. emperador

28. innato

29. aceno

30. hidrofobia

31. pasteurizar

32. chapeu

33. narcisismo

34. heliporto

35. quórum

36. cerna

37. regra

38. grafoloxía

39. quincuaxenario

40. confraría

41. numismática

42. chisqueiro

43. illa

44. leitón

45. vaíña

46. barallar

47. lóstrego

48. escolma

49. orellóns

50. regato

 

  1. Terreo cercado que acostuman ter as igrexas en fronte ou arredor. solucion

  2. Embaixador do Papa xunto dun goberno estranxeiro. solucion

  3. O conxunto das abellas dunha colmea. solucion

  4. Festa anual dos cristiáns que conmemora a Resurrección de Cristo. solucion

  5. Esfera oca de metal que ten dentro dúas ou máis boliñas que, ao axitárense, producen son (lévanas cans e gatos). solucion

  6. Especie de asento que se coloca sobre o cabalo para maior comodidade do xinete. solucion

  7. Aquilo que inventou Gutemberg na Alemaña en 1441. solucion

  8. Arte de adiviñar o futuro examinando as liñas da palma da man. solucion

  9. Dispositivo para amortecer as oscilacións dos resortes de suspensión dun vehículo e que pode ser de fricción ou hidráulico. solucion

  10. Unidade eléctrica equivalente a 1000 vatios. solucion

  11. Aquel que ten unha soa esposa ou muller. solucion

  12. Vicio de comer e beber en exceso. solucion

  13. Lado da embarcación de onde sopra o vento. solucion

  14. Aquilo que se paga par redimir unha persoa secuestrada. solucion

  15. A muller que monta a cabalo. solucion

  16. Composición poética e de asunto triste, que lamenta a morte dunha persoa. solucion

  17. Primeira comida do día despois de se erguer, sen contar a parva ou copiña de augardente. solucion

  18. Utensilio para soprar o lume ou para introducir o aire nos canos do órgano (na gaita do país é de coiro). solucion

  19. Ciencia que trata da natureza e síntomas das doenzas. solucion

  20. Mamífero mariño, cetáceo, o maior dos animais que coñecemos. solucion

  21. Axudante de avogado. solucion

  22. Bebida refrescante e con gas, sen alcohol, preparada con anhídrido carbónico, de moi baixo prezo. solucion

  23. Calquera tecido que se fabrica con liño. solucion

  24. Estado mórbido de tristeza causado pola idea de doenzas imaxinarias. solucion

  25. Aquel que se dedica ao comercio de antigüidades. solucion

  26. Acto polo cal un pobo ou estado decide por sufraxio universal e directo o seu destino político sen coacción ou intervención externa. solucion

  27. Soberano dun imperio. solucion

  28. Que nace co individuo, conxénito. solucion

  29. Sinal feito coa cabeza, mans, ollos ou obxectos para darmos a entender o que queremos. solucion

  30. Horror ou temor á auga (tamén designa a rabia). solucion

  31. Quentar unha substancia ata unha temperatura moi alta necesaria para destruír os xermes, como se fai a miúdo co leite. solucion

  32. Prenda con abas para cubrir a cabeza. solucion

  33. Amor excesivo e mórbido á propia persoa, especialmente no aspecto físico. solucion

  34. Campo ou espazo destinado ao pouso ou partida de helicópteros. solucion

  35. Número necesario de votantes para que unha asemblea poida tomar un acordo válido. solucion

  36. A parte central, máis dura, rexa e escura do toro das árbores. solucion

  37. Instrumento dereito, longo e estreito utilizado para trazar rectas. solucion

  38. Arte de recoñecer o carácter dunha persoa a partir do exame da súa letra ou escrita. solucion

  39. Aquel que ten cincuenta anos. solucion

  40. Asociación formada por membros dun mesmo oficio ou profesión para defender os intereses propios (moi abundante entre pescadores). solucion

  41. Ciencia que trata das moedas ou medallas. solucion

  42. Acendedor automático de cigarros, cociñas, etc.. solucion

  43. Espazo de terra rodeado de auga por todas as partes. solucion

  44. Porco moi novo que se alimenta de leite. solucion

  45. Envoltura de certas sementes leguminosas como os chícharos; ou tamén, envoltura de coiro ou metal onde se garda a espada. solucion

  46. Mesturar os naipes ou cartas. solucion

  47. Resplandor moi vivo e súbito causado por unha descarga eléctrica nunha treboada. solucion

  48. Compilación, antoloxía de anacos literarios de calidade. solucion

  49. Inflamación no pescozo producida polas glándulas salivares. solucion

  50. Corrente de auga pouco voluminosa, río pequeno. solucion

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com