ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Léxico 3. Exercicio 3: Definicións descoidadas, dun primeiro aprendiz de dicionarista. Hai que descubrir a que vocábulo corresponde cada unha


Luvas, guantes.

Freo.

Facenda.

Enquisa.

Leste.

Liteiras.

Manequín.

Melómano.

Néboa, brétema.

Papaventos.

Proer.

Reloxo.

Serán.

Alcumar.

Véspera.

Investir.

Asubiar.

Caveira.

Eclipse.

Nocello, artello, nortello.

  1. Aquilo que pomos nas mans para non ter frío, para protexelas.

  2. O que teñen os coches para facelos parar (de pé e de man).

  3. Aquela consellaría ou ministerio encargado dos impostos.

  4. Conxunto de preguntas destinado a saber como pensa a opinión pública sobre certo tema; hai moitas en época electoral.

  5. Punto cardinal por onde sae o sol.

  6. Camas postas unha enriba doutra de maneira que os de enriba deben ter coidado ao baixaren, non se vaian mancar os de abaixo.

  7. Parece unha persoa mais é un boneco e serve para colocar vestidos, traxes, etc. nos comercios.

  8. Aquel a quen lle gusta moito, moito a música; tamén a clásica.

  9. É como se unha nube fose a rentes do chan e hai que acender unhas luces especiais do coche.

  10. Úsano os rillotes (e algún que non o parece) para brincaren e consiste nun aparello que se bota ao aire suxeito cun cordel e logo hai que facelo planear (sen vento non vai nada ben).

  11. Ter proído, picar o corpo.

  12. Aparello que levamos no pulso para sabermos a que hora andamos.

  13. A última parte da tarde, propia para reunións, xuntanzas, fiadeiros.

  14. Chamar polo nome que non lle é propio a alguén, que ás veces lle parece mal.

  15. Así lle chamamos ao día anterior a outro.

  16. Meter diñeiro nun banco, mercar accións para que nos dea un bo rendemento.

  17. Pór os beizos en forma de bucina e soprar, prodúcese un ruído moi común nos partidos do Celta e do Deportivo.

  18. Os ósos da cabeza limpos de carne; se lle metemos dentro unha vela acesa produce ás escuras un efecto arrepiante.

  19. Cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra; hai que pór lentes afumadas para velo.

  20. Pequeno vulto que temos no pé onde empeza a perna, hai que andar con xeito para non escordalo.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com