ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Léxico 2. Exercicio 1: Indicar algún sinónimo da palabra remarcada


  1. Deulle un forte abrazo.

  2. O demo do can traboume.

  3. Fun vender un bacoriño/ranchiño/maranquiño/ochiño

  4. O doutor mandoume durmir sen cabezal.

  5. Que alegría me causaches!

  6. O leite aínda está tépedo.

  7. Limpa a borralla da lareira.

  8. Sempre se beixan ao marcharen.

  9. Non ouses voltar por aquí.

  10. Armaron unha boa liorta.

  11. Mete as camisas no roupeiro.

  12. Atinaches ben co camiño?

  13. Achega esa cadeira.

  14. Vou prender o lume, que vai frío.

  15. Espera un anaco e verás o resultado.

  16. Con esta brétema é moi difícil conducir.

  17. Vive cerca de aquí.

  18. Non é doado facer ben ese problema.

  19. Ten fama de ser moi agarrado.

  20. Desde entón tenme odio.

  21. Sempre anda a chuchar caramelos.

  22. Que periódico les ti?

  23. Podes gardar o coche nese pendello.

 

  1. Deulle unha forte aperta.

  2. O demo do can mordeume.

  3. Fun vender un porquiño.

  4. O doutor mandoume durmir sen almofada.

  5. Que ledicia me causaches!

  6. O leite aínda está morno.

  7. Limpa a cinza da lareira.

  8. Sempre se bican ao marcharen.

  9. Non ouses volver por aquí.

  10. Armaron unha boa pelexa.

  11. Mete as camisas no armario.

  12. Acertaches ben co camiño?

  13. Aproxima esa cadeira.

  14. Vou acender o lume, que vai frío.

  15. Agarda un anaco e verás o resultado.

  16. Con esta néboa é moi difícil conducir.

  17. Vive preto de aquí.

  18. Non é fácil facer ben ese problema.

  19. Ten sona de ser moi agarrado.

  20. Desde entón tenme xenreira.

  21. Sempre anda a zugar caramelos.

  22. Que xornal les ti?

  23. Podes gardar o coche nese alpendre.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com