Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal |
DESVIACIÓNS DA LINGUA ESTÁNDAR. Solucións exercicio 3
Frase correcta seguida da frase con arcaísmo
No quinto capítulo do libro que estou a ler aparece escrita a maior parvada que nunca vira impresa. No quinto capiduo do libro que estou a ler aparece escrita a mor parvada que nunca vira impresa.
Roi estaba farto de que sempre lle pedisen a mesma cousa, iso que unha vez e outra se negaba a compracelos. Roi estaba farto de que sempre lle pedisen a mesma cousa, iso que unha vegada e outra se negaba a compracelos.
Despois da accidentada viaxe en coche, por fin conseguiron chegar á cidade antes de fecharen os hoteis. Despois da accidentada viaxe en coche, por fin conqueriron chegar á cibdade antes de fecharen os hoteis.
Este home merecía un alto posto na Administración, se o seu pasado exemplar non engana. Este home merescía un outo posto na Administración, se o seu pasado exemplar non engana.
Ao acabar aquela longa carreira faltábame o aire e case me doía o corazón como consecuencia da axitada respiración. Ao acabar aquela longa carreira faltábame o áer e case me doía o cor como consecuencia da axitada respiración.
Hai que asumir que o feito de nacer xa implica que algún día faleceremos. Hai que asumir que o feito de nascer xa implica que algún día falesceremos.
Non creo que sexa certo iso que dis de que favoreceu a algúns en prexuízo doutros. Non creo que sexa certo iso que dis de que favoresceu a algúns en prexuízo doutros.
Hai que levar moito coidado coa roupa de cores vivas: en canto as lavas unha vez perden moito e quedan máis apagadas. Hai que levar moito coidado coa roupa de coores vivas: en canto as lavas unha vez perden moito e quedan máis apagadas.
O meu fillo devece polos xoguetes de montar e desmontar, e en cambio non lle gustan nada os que funcionan con pilas. O meu fillo debesce polos xoguetes de montar e desmontar, e en cambio non lle gustan nada os que funcionan con pilas.
Tiña a consciencia perdida a causa das dores. Tiña a consciencia perduda a causa das doores.
Aquel día contounos unha fremosa estoria. Aquel día contounos unha fermosa historia.
2005-2022 |