ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra (catedráticos de Lingue Galega e Lit. xubilados


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Maio 2020



LINGUA GALEGA

Formato da proba
A proba consta de dous textos e vinte cuestións, distribuídas deste xeito:
–Texto 1: cinco cuestións tipo test.
–Texto 2: cinco cuestións tipo test.
–Bloque de cuestións: dez cuestións tipo test.
As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
* No caso de marcar máis dunha resposta por pregunta considerarase como unha resposta en branco.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 50 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador


Texto 1

Unha ampla programación recordará a Ricardo Carvalho Calero
co gallo do Día das Letras Galegas 2020

O presidente da Academia Galega, Víctor F. Freixanes, participou na presentación da programación prevista por diferentes institucións e entidades que recordarán o homenaxeado e o seu legado con exposicións, concursos e edicións especiais. "A Academia recoñece unha das grandes figuras do galeguismo e da cultura galega do século XX", salientou o presidente.
Víctor F. Freixanes subliñou que a institución homenaxea o profesor ferrolán Carvalho Calero "consciente de que promove un debate que non debemos obviar, que é o das posibilidades da proxección da nosa lingua alén das fronteiras administrativas e a súa relación coa comunidade irmá lusobrasileira e africana". "É un debate que ten que ver coa universalidade do galego que defendía a Xeración Nós e que non se reduce a unha cuestión lingüística, moito menos ortográfica, senón que debemos relacionala coa capacidade creativa da sociedade galega en todos os ámbitos: a industria, a ciencia, a tecnoloxía, a arte, o pensamento etc.", concluíu o presidente.
A Academia Galega abriu no mes de xaneiro o espazo biográfico dedicado a Ricardo Carvalho Calero na súa web, asinado polo académico e secretario da institución Henrique Monteagudo. A sección, dispoñible en https://academia.gal/letras-actual, completarase con novas, reportaxes, entrevistas e artigos que se publicarán ao longo dos vindeiros meses.
Tamén botou a andar a nova edición do proxecto Primavera das Letras, co que a Academia fornece os nenos e nenas de recursos lúdicos e didácticos para achegarse á figura e á obra do autor homenaxeado. A web, que se irá enriquecendo con novos contidos ata o mes de maio, foi presentada o 11 febreiro no barrio de Canido en Ferrol.
A celebración do Ano Carvalho Calero continuará á volta do verán cun simposio que afondará dende a perspectiva académica en distintos aspectos da súa obra e do tempo histórico que o profesor viviu. A Academia volverá á cidade natal do autor o vindeiro 31 de outubro para celebrar o seu pleno extraordinario, unha sesión aberta ao público que terá lugar no teatro Jofre de Ferrol.

Fonte

1.Segundo o texto, cal é a afirmación correcta sobre Ricardo Carvalho Calero?

A O acto principal de celebración vai ser nun colexio de Lugo despois das homenaxes do verán. Correcto?

B Os nenos e as nenas de Santiago recibirán recursos económicos para faceren actividades sobre el. Correcto?

C A Academia fará unha reunión de todos os seus membros en Ferrol por ser o seu lugar de nacemento. Correcto?

2.Segundo o texto, cal é a afirmación falsa sobre o Día das Letras Galegas?

A A homenaxe da Academia vai seguir despois do verán cunha reunión sobre a obra do escritor. Correcto?

B As obras do autor podemos atopalas en formato dixital na páxina web da Academia Galega. Correcto?

C O proxecto da Academia proporciona ao alumnado recursos para xogar e para aprender. Correcto?

3.A palabra “salientar” (en vermello no texto) significa “facer que algo ou alguén”:

A Sexa notado especialmente no conxunto do que se di, fai ou amosa. Correcto?

B Trace unha liña horizontal por debaixo dunha cousa escrita. Correcto?

C Non aproveite ou non acepte unha cousa dita ou feita. Correcto?

4.Segundo o texto, cal é a afirmación correcta sobre as Letras Galegas 2020?

A A celebración máis importante vai consistir na publicación dun libro de Víctor F. Freixanes. Correcto?

B A páxina web da Academia contén un texto sobre a vida do autor redactado por Henrique Monteagudo. Correcto?

C A finais de outubro durante as celebracións será lida nun teatro a poesía de Carvalho Calero. Correcto?

5.A palabra “fornecer” (subliñada no texto) significa:

A Facer adquirir uns determinados hábitos ou prácticas e ensinar a comportarse. Correcto?

B Realizar os estudos dunha especialidade ou un grao de ensino. Correcto?

C Dar ou vender a alguén algo que necesita. Correcto?



Texto 2

O Entroido é unha das festas populares máis celebradas. Porén, a súa longa tradición agocha a resposta a múltiples incógnitas. Cal é a súa orixe? De onde vén o seu nome? Por que se usan máscaras ou se come cocido? Velaquí unha pequena viaxe polas raíces do Entroido galego.
“O Entroido tradicional foi concibido como a celebración do mundo ao revés, o escenario de todo o que está mal visto facer o resto do ano”, explica o antropólogo da USC Xosé Ramón Mariño. “Antigamente, o sentido do Entroido entendíase fronte á Coresma, que no cristianismo é o tempo da penitencia, da pureza e de pedir perdón polos pecados”, sinala Mariño, quen aclara que este xeito de concibir o Entroido xa non ten tanto peso na actualidade.
Segundo o investigador, “se durante todo o ano as persoas fixesen trasnadas ou pecasen de gula, luxuria e preguiza, o mundo sería absurdo, e esas son as condutas que se representan no Entroido”. Polo tanto, esta celebración tería unha certa compoñente pedagóxica. “Tamén por este motivo, cando remata o Entroido, este é xulgado e condenado porque, de prolongarse no tempo, levaría ao desastre”, prosegue. “E xunto con el, xúlgase todo o que se fixo mal durante o ano, para non volver a caer nos mesmos erros”.
A relación, aínda que sexa por oposición, entre Entroido e Coresma reflíctese tamén no calendario, dado que o primeiro se fixa en función da segunda, que á súa vez depende do Domingo de Pascua, “a festa central do cristianismo”, segundo Mariño. “A primeira Coresma data do século IV, e non foi ata a Idade Media que xurdiu o Entroido”, engade o antropólogo, quen subliña os escasos datos ao respecto da orixe desta festa, dado que antes “non se estudaban tanto os costumes populares”.

Fonte

6.Segundo o texto, sobre a orixe do Entroido:

A Hai poucos datos porque os costumes do pobo non foron estudados ata a actualidade. Correcto?

B Sábese que non se debe ás travesuras cometidas polas persoas ao longo de todo o ano. Correcto?

C Coñecemos moitos datos atopados por antropólogos e investigadores desde o século IV. Correcto?

7.No texto, a palabra “gula” (vermello no texto) significa:

A Falta de vontade para traballar ou para realizar calquera acción. Correcto?

B Vicio de comer e beber sen necesidade, por puro pracer. Correcto?

C Ansia de acumular e atesourar diñeiro e riquezas, mesmo privándose do máis necesario. Correcto?

8.Segundo o texto, cal é a información falsa?

A O mundo ao revés e o mal visto ao longo do ano son dúas das características do Entroido. Correcto?

B Dentro do cristianismo, a Coresma é a época do ano en que se pide perdón polos pecados. Correcto?

C O Entroido vén despois da Coresma e celébrase para facer penitencia desde o século IV. Correcto?

9.No texto, a palabra “pedagóxica” (subliñada no texto) significa:

A Que ten a finalidade de ensinar algo de maneira clara. Correcto?

B Relativa ao estudo do ser humano nos seus aspectos natural, cultural e social. Correcto?

C Pertencente ao conxunto de tradicións, costumes, manifestacións artísticas etc., dun pobo. Correcto?

10.Segundo o texto, cal é a información correcta?

A No calendario de festividades anuais o Entroido e a Coresma ocupan sempre un lugar fixo. Correcto?

B Para evitar un desastre na sociedade o Entroido xúlgase e condénase ao remataren as celebracións. Correcto?

C A preguiza, a luxuria e a gula son as condutas que se representan na celebración da Coresma. Correcto?

Cuestións

11.Cal é a oración que contén unha perífrase verbal modal que expresa obriga?

A Parece que quere nevar. Correcto?

B Lévao dito moitas veces. Correcto?

C Hai que cocelo durante dez minutos. Correcto?

12.Cal é a oración que contén un infinitivo conxugado que ten un suxeito distinto ao do verbo da oración dominante ou principal?

A Non vos esquezades de cerrar ben a billa. Correcto?

B Ao chegaren as chuvias sacaban os paraugas. Correcto?

C Apurade un pouco máis o paso para chegardes a tempo. Correcto?

13.Cal destas oracións contén un hiperenxebrismo (modificación dunha palabra para diferenciala dunha forma doutra lingua)?

A Calqueira de vós é máis alto ca el. Correcto?

B Non teño inconveniente en acompañarte. Correcto?

C O desenvolvemento da acción da película é complicado. Correcto?

14.O complemento axente emprégase para expresar:

A Unha circunstancia de lugar, tempo ou modo, como en “Levei o alumno ao auditorio da vila”. Correcto?

B Quen realiza a acción na voz pasiva, como en “Estas alumnas foron recibidas polo director”. Correcto?

C A persoa ou cousa que actúa sobre o suxeito, como en “Aquel castelo parecía de cristal”. Correcto?

15.Cal é a serie de palabras correcta?

A A eclipse, o mel, a orixe, o limoeiro, a orde, o sangue. Correcto?

B O viaxe, a legume, a costume, a otitis, a ce, o cuspe. Correcto?

C A figueira, o paxe, a crisis, o dolor, o servidume, o énfase. Correcto?

16.Cal é a serie de palabras correcta?

A Cartafóis, pisos-piloto, caixas-fortes, parasóis, cadelas de frades. Correcto?

B Monta cargas, toca discos, sapo conchos, porta moedas, afía lápices. Correcto?

C Ollomoles, gardacostas, chuchameles, abrelatas, pitas do monte. Correcto?

17.Cal é a oración correctamente escrita e acentuada?

A Andrea anda por ai. Hay moito tempo que nona ves? Correcto?

B Mira ahí, nese andel, haber si hay azucre. Correcto?

C Vaia, ho, xa había tempo que non te vía. Correcto?

18.Cal é a serie de palabras correctamente acentuada?

A Vés ou non vés? Non ves que perdemos o tren? Correcto?

B Nos non sabemos facer os nos as gravatas. Correcto?

C Moito te ris das miñas histórias, pero ti non as das contado tan boas. Correcto?

19.Cal é a oración correctamente escrita e acentuada?

A Vouvos contar dunha vez o porqué do meu xeito de actuar. Correcto?

B Non me deixou ver a gata por que estaba a aleitar as crías. Correcto?

C Porque non me chamaches onte antes de saíres da casa? Correcto?

20.Na oración “Os leñadores usan serras mecánicas movidas con motor” a palabra en negra é:

A Sinónima, porque pertence á familia léxica de “serradoiro”. Correcto?

B Parónima, porque se pronuncia e escribe de maneira similar a “sierras”. Correcto?

C Polisémica, porque esa mesma forma tamén pode significar “sucesión de montañas”. Correcto?



N.º de respostas correctas (C)
N.º de respostas incorrectas (Z)
Puntuación do test= C×0,5-Z×0,125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0,125


2005-2024