ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra (catedráticos de Lingue Galega e Lit. xubilados


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Maio 2021



LINGUA GALEGA

Formato da proba
A proba consta de dous textos e vinte cuestións, distribuídas deste xeito:
–Texto 1: cinco cuestións tipo test.
–Texto 2: cinco cuestións tipo test.
–Bloque de cuestións: dez cuestións tipo test.
As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
* No caso de marcar máis dunha resposta por pregunta considerarase como unha resposta en branco.
Materiais e instrumentos que se poden empregar durante a proba
* Bolígrafo con tinta negra ou azul.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 50 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador


Texto 1

Xela Arias Castaño protagonizará o Día das Letras Galegas no ano 2021

Así o decidiu o pleno da Real Academia Galega (RAG), que destaca á poeta sarriá como "unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma", subliñando ademais "o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora". Xela Arias convértese na quinta muller homenaxeada no Día das Letras Galegas nos 58 anos desta celebración (...).

A RAG cualifica a Xela Arias como "unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea", autora "dunha poesía singular, transgresora, sincera e comprometida". Destaca que "por idade, Xela Arias formou parte dun grupo de poetas que tamén recibirán a homenaxe da Academia a través dela: o dos mozos e mozas que renovaron a poesía galega a partir dos primeiros anos 80" (...). A profesora Chus Nogueira incide en que "Xela Arias constituíu un modelo para novas escritoras e escritores" (...).

En 1986 Xela Arias foi finalista do premio Lousada Diéguez co seu primeiro libro, titulado Denuncia do equilibrio. En 1990 saíu do prelo Tigres coma cabalos, volume no que os versos e a fotografía se fusionan a través de vinte e catro poemas acompañados doutras tantas imaxes (...). No seu terceiro poemario, Darío a diario (1996), dedicado ao seu fillo, abordou a maternidade dende unha ollada afastada do tratamento tradicional (...).

A RAG recoñece igualmente o seu traballo como tradutora. Entre outros títulos, verteu ao galego dende o inglés, o italiano, o portugués ou o castelán autores e autoras como Bram Stoker (Drácula) e Roald Dahl (As bruxas) (...). A súa tradución de Amor de perdición (1986) de Camilo Castelo Branco foi merecente do Prémio de Tradução da Sociedade da Língua Portuguesa; o seu O derradeiro dos mohicanos (1993) de James F. Cooper foi recoñecido co Premio R. Cabanillas de Tradución (...).

Fonte


1. Segundo o texto, cal é a afirmación correcta sobre o Día das Letras Galegas?

A Aos poetas da xeración de Xela Arias váiselles render tributo a través desta homenaxe. Correcto?

B As obras poéticas máis importantes de Xela Arias son As bruxas e Amor de perdición. Correcto?

C A Academia Galega concederá un premio literario para a tradución da obra de Xela Arias. Correcto?

2. Segundo o texto, cal é a afirmación falsa?

A Chus Nogueira opina que esta escritora é un exemplo a seguir para os autores galegos. Correcto?

B Lousada Diéguez foi finalista dun premio co seu primeiro libro de poemas en 1986. Correcto?

C Xela Arias é a quinta escritora que vai ser celebrada no Días das Letras Galegas. Correcto?

3. A palabra transgresora (subliñada no texto) ten como sinónimos:

A Implicada, enleada, involucrada, ensarillada. Correcto?

B Atacante, agresora, ofensiva, violenta. Correcto?

C Infractora, conculcadora, quebrantadora, contraventora. Correcto?

4. Segundo o texto, cal é a afirmación correcta? Correcto?

A Xela Arias escribiu un libro en verso no que combinou poemas e fotografías. Correcto?

B Bram Stoker verteu ao galego obras escritas en inglés, italiano, portugués e castelán. Correcto?

C Castelo Branco foi galardoado co Prémio de Tradução da Sociedade da Língua Portuguesa. Correcto?

5. A palabra afastada (vermella no texto) significa que está:

A Cerca. Correcto?

B Lonxe. Correcto?

C Preto. Correcto?

Texto 2
Ponte Mantible, o último acueduto de Santiago de Compostela


O Barrio de Vite conserva o último acueduto de Santiago de Compostela: trátase da Ponte Mantible, unha canalización construída sobre o río Corgo que data do século XII e que aínda segue en funcionamento, levando auga ás fontes da cidade.

A súa construción remóntase aos tempos de Diego Xelmírez, primeiro arcebispo de Santiago, responsable xunto ao seu tesoureiro, o Mestre Bernardo, de levar a cabo grandes obras para a rede de abastecemento da cidade.

A afluencia masiva de peregrinos a finais do século XI levou a que o rudimentario sistema da cidade se vise excedido: as fontes non tiñan subministración suficiente e dise que os monxes de San Martiño Pinario nin podían lavar as mans.

Ante esta situación desesperada, o arcebispo mandou reconstruír un pequeno acueduto duns dous séculos de antigüidade, situado "a mil pasos da cidade" e construído en tempos do bispo Sisnando.

Aínda que non se coñecen os prazos exactos da construción destas canalizacións, si se sabe cando concluíu: o 11 de abril de 1122, a data que figuraba na Fonte do Paraíso, o punto de destino do novo sistema de subministración.

"Eu, Bernardo, tesoureiro do beato Santiago, trouxen esta auga aquí e construín a presente obra pola miña alma e pola dos meus pais. Ano 1122, 11 de abril", rezaba en latín a placa da fonte, xa desaparecida.

Este acueduto canalizaba a auga de dous mananciais situados no alto do Monte de Vite, en Chan de Curros e Fonte Branca, e trasladábaa ata o Convento de Santa Clara, desde onde era distribuída en varias direccións.

Fonte


6. Segundo o texto, a Ponte Mantible foi construída para:

A Transportar mananciais ata o centro de Compostela para sementar os campos da cidade. Correcto?

B Levar auga ata a cidade de Santiago nunha época en que xa chegaban a ela moitos peregrinos. Correcto?

C Trasladar fontes a lugares próximos ás obras de construción da catedral de Santiago. Correcto?

7. No texto, a palabra rudimentario (subliñada no texto) significa que:

A Non alcanzou un alto grao de desenvolvemento, senón que está pouco elaborado. Correcto?

B Está moi coidado e é requintado e refinado en exceso, porque ten moito artificio. Correcto?

C Resulta difícil de comprender por estar constituído de diversos elementos e presentar complicación. Correcto?

8. Segundo o texto, cal é a información falsa?

A O Mestre Bernardo financiou a construción dun acueduto en Santiago na época do bispo Sisnando. Correcto?

B A Fonte do Paraíso tiña unha placa con datos sobre a reconstrución do acueduto no século XII. Correcto?

C O mosteiro de San Martiño Pinario non tiña un bo abastecemento de auga antes de facer esta obra. Correcto?

9. No texto, a palabra tesoureiro (en vermello no texto) significa:

A Persoa ou cousa á que se lle dá moito valor ou á que se quere moito polos seus méritos. Correcto?

B Conxunto de cousas preciosas, como por exemplo xoias, diñeiro ou obxectos de valor. Correcto?

C Persoa encargada da administración das finanzas dunha organización ou entidade. Correcto?

10. Segundo o texto, cal é a información correcta?

A No ano 1122 o arcebispo Xelmírez mandou construír unha fonte ornamental situada fóra da cidade. Correcto?

B No Convento de Santa Clara os monxes careceron de abastecemento de auga ata o século XIII. Correcto?

C No século XII foi reconstruída unha canalización sobre o río Corgo que xa tiña douscentos anos. Correcto?

Bloque de cuestións

11. Cal destas oracións contén un uso correcto do xerundio?

A Tiña auga fervendo ao lume. Correcto?

B Búscase secretaria falando inglés. Correcto?

C Decreto regulando o horario dos comercios. Correcto?

12. Cal destas oracións contén un uso correcto do infinitivo?

A Habedes de facerdes (vós) os traballos de clase. Correcto?

B Ao entrares (ti) na tenda pon sempre luvas. Correcto?

C Pedir (vós) a un compañeiro que vos axude. Correcto?

13. Cal destas series de palabras contén hiperenxebrismos (modificación artificial de certas palabras propias dun idioma para diferencialas das formas coincidentes noutra lingua)?

A Crebafolgas, amaraxe, aluar. Correcto?

B Albanel, enquisa, marmelo. Correcto?

C Sinceiro, hourizonte, semán. Correcto?

14. Cal é a oración que contén un uso incorrecto da posición do pronome persoal átono?

A Ninguén lles dirixiu a palabra. Correcto?

B Seica te chamou onte. Correcto?

C Me dixo que o fixera ela. Correcto?

15. Cal é a serie de palabras correcta?

A Enrique, hinchar, arpa, bahía, hematólogo.Correcto?

B Hidratar, desinchar, hemiciclo, ombreiro, anhelar. Correcto?

C Elena, hinflar, arpón, vahído, hemodiálise. Correcto?

16. Cal é a serie de palabras correcta?

A Papafigo, recolle-pelotas, mal humor, lava-pratos, pasado mañá. Correcto?

B Aqueloutros, vichelocrego, portavultos, mirasoles, trasantonte. Correcto?

C Ouriolo, auga-neve, de algún, boca-aberta, entre ambos. Correcto?

17. Cal é a serie de palabras correcta?

A Estremadura, escusa, escorrer, escavar, esplendor. Correcto?

B Extremadura, expoliar, extender, extrañar, exclusa. Correcto?

C Estremadura, expectacular, espremer, extranxeiro, espiar. Correcto?

18. Cal é a serie de palabras correctamente acentuada?

A Beisbol, cíclope, facil, atmósfera, textil, diócese. Correcto?

B Período, elite, olimpíada, paxaro, cardíaco, chofer. Correcto?

C Termostato, parásito, misil, cónclave, futbol, médula. Correcto?

19. Cal é a serie de palabras correctamente escrita?

A Amenaza, consonante, abonar, persona, arenal, xenerar. Correcto?

B Persoaxe, avoar, condear, abandoar, areal, luar. Correcto?

C Engano, dolmen, arenífero, personaxe, xenerativo, lunar. Correcto?

20. Cal é a afirmación correcta?

A Os nomes rematados en -ume como pesadume, lume, cume e legume son de xénero masculino, agás servidume e mansedume. Correcto?

B Os nomes rematados en -or como cor, dor, calor, favor e suor son de xénero masculino, agás flor e labor. Correcto?

C Os nomes rematados en -axe como viaxe, friaxe, dobraxe e garaxe son de xénero masculino, agás paxe e personaxe. Correcto?



N.º de respostas correctas (C)
N.º de respostas incorrectas (Z)
Puntuación do test= C×0,5-Z×0,125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0,125

2005-2024