MAGNOLIO
Magnolia grandiflora L. Fam das magnoliáceas
Seica o nome vén do latín grandi flora (follas grandes).
Árbore que pode chegar aos 25 m. Follas perennes, alternas, verdes e brillantes. Flores brancas e grandes con moito olor.
Abunda nos xardíns públicos e de casas particulares.
Son naturais de Asia, Insulindia e América.
En Pontevedra na rúa Sarmiento hai un ben grande e faille compañía a don Ramón del Valle-Inclán: