Léxico 3. Exercicio 3: Definicións descoidadas, dun primeiro aprendiz de dicionarista. Hai que descubrir a que vocábulo corresponde cada unha
Luvas, guantes. |
Freo. |
Facenda. |
Enquisa. |
Leste. |
Liteiras. |
Manequín. |
Melómano. |
Néboa, brétema. |
Papaventos. |
Proer. |
Reloxo. |
Serán. |
Alcumar. |
Véspera. |
Investir. |
Asubiar. |
Caveira. |
Eclipse. |
Nocello, artello, nortello. |
Aquilo que pomos nas mans para non ter frío, para protexelas.
O que teñen os coches para facelos parar (de pé e de man).
Aquela consellaría ou ministerio encargado dos impostos.
Conxunto de preguntas destinado a saber como pensa a opinión pública sobre certo tema; hai moitas en época electoral.
Punto cardinal por onde sae o sol.
Camas postas unha enriba doutra de maneira que os de enriba deben ter coidado ao baixaren, non se vaian mancar os de abaixo.
Parece unha persoa mais é un boneco e serve para colocar vestidos, traxes, etc. nos comercios.
Aquel a quen lle gusta moito, moito a música; tamén a clásica.
É como se unha nube fose a rentes do chan e hai que acender unhas luces especiais do coche.
Úsano os rillotes (e algún que non o parece) para brincaren e consiste nun aparello que se bota ao aire suxeito cun cordel e logo hai que facelo planear (sen vento non vai nada ben).
Ter proído, picar o corpo.
Aparello que levamos no pulso para sabermos a que hora andamos.
A última parte da tarde, propia para reunións, xuntanzas, fiadeiros.
Chamar polo nome que non lle é propio a alguén, que ás veces lle parece mal.
Así lle chamamos ao día anterior a outro.
Meter diñeiro nun banco, mercar accións para que nos dea un bo rendemento.
Pór os beizos en forma de bucina e soprar, prodúcese un ruído moi común nos partidos do Celta e do Deportivo.
Os ósos da cabeza limpos de carne; se lle metemos dentro unha vela acesa produce ás escuras un efecto arrepiante.
Cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra; hai que pór lentes afumadas para velo.
Pequeno vulto que temos no pé onde empeza a perna, hai que andar con xeito para non escordalo.