ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Demostrativo. Exercicio 1


Composición libre, pódense usar diferentes formas do demostrativo.

Mais, velaí unhas propostas:

  1. Para esa tarefa non me cómpre ese trebello, senón estoutro e mais aqueloutros de alá.

  2. Iso vaiche resultar moi difícil.

  3. Despois de se decataren diso, tiveron que desaparecer daquela casa.

  4. Eu prefiro iso, mais é algo máis caro que isto.

  5. Estes vídeos están algo pasados de moda, eses están moito mellor.

  6. Nese mesmo lugar saíuse da estrada meu pai cando tiña aquel deportivo vermello.

  7. Con esa amplificación non se escoitan nada ben estes grupos folclóricos.

  8. Todo isto que ves fíxeno eu con estas manciñas tan xeitosas.

  9. Esta bicicleta estática custoulle á Mila moitas suores.

  10. Se o fas desta maneira conseguirás mellores resultados.

  11. Colle eses pasteis e deixa este para teu curmán.

  12. Este verán moito nos divertimos; aqueles italianos eran do máis simpático.

  13. nesta aquela casa faise o que eu mando, non vos esquezades diso.

  14. Tráeme aquilo de alá, que con isto non me arranxo.

  15. O gañador non é ese nin este nin aqueloutro; son eu, así que a enfastiarse.

  16. Este ano os do Breogán gañaremos a liga ACB grazas a estes dous reforzos americanos tan altos e anotadores.

  17. Daquela auga non beberei eu.

  18. Con esas cartolinas vaiche resultar moi feitiño.

  19. Eta banda deseñada é tan boa como aquela que me ensinaches o ano pasado.

  20. Aquilo si que era vivir, todo o día estomballado co bandullo ao sol.

  21. Deixa iso aí onde está.

  22. Que ben saben esas galletas! Déixame probar unha...

  23. Daquela aínda non se tiña ás mesas.

  24. Con aquilo do aniversario chegou o módem soñado.

  25. E nestas rompeu a chover.

  1. Para ... tarefa non me cómpre ... trebello, senón...outro e mais...outros de alá.

  2. ... vaiche resultar moi difícil.

  3. Despois de se decataren de..., tiveron que desaparecer de... casa.

  4. Eu prefiro..., mais é algo máis caro que...

  5. ... vídeos están algo pasados de moda, ... están moito mellor.

  6. En... mesmo lugar saíuse da estrada meu pai cando tiña... deportivo vermello.

  7. Con... amplificación non se escoitan nada ben... grupos folclóricos.

  8. Todo... que ves fíxeno eu con... manciñas tan xeitosas.

  9. ...bicicleta estática custoulle á Mila moitas suores.

  10. Se o fas de... maneira conseguirás mellores resultados.

  11. Colle... pasteis e deixa... para teu curmán.

  12. ... verán moito nos divertimos; ...italianos eran do máis simpático.

  13. En... aquela casa faise o que eu mando, non vos esquezades de...

  14. Tráeme... de alá, que con... non me arranxo.

  15. O gañador non é... nin... nin...outro; son eu, así que a enfastiarse.

  16. ... ano os do Breogán gañaremos a liga ACB grazas a... dous reforzos americanos tan altos e anotadores.

  17. De... auga non beberei eu.

  18. Con... cartolinas vaiche resultar moi feitiño.

  19. ... banda deseñada é tan boa como... que me ensinaches o ano pasado.

  20. ... si que era vivir, todo o día estomballado co bandullo ao sol.

  21. Deixa... aí onde está.

  22. Que ben saben... galletas! Déixame probar unha...

  23. De ... aínda non se tiña ás mesas.

  24. Con... do aniversario chegou o módem soñado.

  25. E en... rompeu a chover.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com