ogalego.eu // ogalego.gal son Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados |
DEMOSTRATIVO
-Sinalar os demostrativos no texto
1.- Encher os ocos cos demostrativos apropiados
Para ... tarefa non me cómpre ... trebello, senón...outro e mais...outros de alá.
Despois de se decataren de..., tiveron que desaparecer de... casa.
... vídeos están algo pasados de moda, ... están moito mellor.
En... mesmo lugar saíuse da estrada meu pai cando tiña... deportivo vermello.
Con... amplificación non se escoitan nada ben... grupos folclóricos.
... verán moito nos divertimos; ...italianos eran do máis simpático.
En... aquela casa faise o que eu mando, non vos esquezades de...
O gañador non é... nin... nin...outro; son eu, así que a enfastiarse.
... ano os do Breogán gañaremos a liga ACB grazas a... dous reforzos americanos tan altos e anotadores.
... banda deseñada é tan boa como... que me ensinaches o ano pasado.
... si que era vivir, todo o día estomballado co bandullo ao sol.
Corrección do apartado 1
2.- Comentar o valor das formas de demostrativo que aparecen nas frases
3.- Sinalar os demostrativos no texto literario
Senta no peirao a ver os barcos e faise unha e outra vez as mesmas preguntas. De onde virán. Onde irán. Cando poderei subir nun deses e fuxir lonxe –nunca, Marco, sabes que nunca, contestaríanlle os barcos se tivesen a facultade de falar-. E como non sabe a resposta e os barcos non falan, só lle resta soñar: aquel vén de Constantinopla, aqueloutro de loitar contra os turcos, ese quizais parte mañá para Crimea, naquel de alí quizais suba eu para viaxar lonxe. Ás veces Marco Polo pasa o serán escoitando as historias que contan os mariñeiros que deitan o seu corpo canso en Venecia e foxen correndo para as tabernas. Alí escoita con devoción todas esas historias que contan animados polo viño. De sabelo, o pai nunca o aprobaría. De feito, nunca entendería por que gusta tanto da compaña deses homes rudos que falan, na borracheira e na emoción alentada polo viño e as mulleres, de terras onde habitan as amazonas, de homes con cabeza de can que bourean en linguas antes nunca escoitadas, de ciclopes e unicornios, de grifóns voadores con gadoupas tal aguias diañentas… Historias que seu pai lle dixo, a única vez que se atreveu a contar da súa afección por elas, que non son certas. Que son fantasías. Que non hai nada diso alén mar. (O segredo de Marco Polo, Francisco Castro)
2005-2022 |
![]() ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional. |