SABUGUEIRO
Sambucus nigra. Fam das caprofiliáceas.
Arbusto ou pequena árbore que pode chegar aos 10 m de altura.
Follas opostas, compostas e imparinnadas.
Flores brancas que olen moito, van agrupadas en corimbos grandes.
Abunda en Galiza en sitios frescos e húmidos como as beiras do ríos.
En moitos lugares a noite de san Xoán déixanse as flores a remollo ata a mañanciña. Antes de saír o sol lávanse as persoas con esa auga e pasarán o ano libres de doenzas da pel. A auga de folla de sabugueiro é o mellor para tirar os tirizós dos ollos. Os froitos tamén se utilizaban para colorear e aromatizar o viño. Os talos ocos servían para facer xoguetes.
Sabugueiro en Pazos de Codosedo, Sarreaus, Ourense: