ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

OLIVEIRA.

Olea europaea. Fam das oleáceas.

Pode acadar os 15 m de altura. O toro da árbores vellas é moi retorto e cheo de nós, curto e ancho na base. As flores son moi pequenas. Cultívase pola importancia do froito, as olivas das que se tira o aceite. É unha árbore típica do Mediterráneo e na Galiza abundaban na zona de Montefurado nas ribeiras do Sil.
As pólas de oliveita usábanse para espantar as meigas e tamén se levaban a bendicir na Páscoa.
Debaixo da oliveira non chove nin hai orballo, meniña, se has de ser miña non me deas traballo (popular).

En Pontevedra unha das rúas céntricas é a da Oliva:

oliveira

Achegar comentario

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com