ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

LARANXEIRA

Citurs aurantium e Citrus sinensis L. Fam das rutáceas.

Árbore de ata 10 m de altura con follas perennes e agudas no ápice.
Flores brancas que destacan polo seu olor: o azar (tan característico de cidades como Córdoba)
O seu froito é a coñecida laranxa.
Provén de Asia e cultívase como froiteira e como ornamental.

Cantiga popular: Xa fun a Marín, xa pasei o mar, xa comín laranxas do teu laranxal

Na pontevedresa Praza do Teucro cando as laranxeiras están en flor cos pequenos xogando arredor:

laranxeira

Achegar comentario

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com