ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

FIGUEIRA

Ficus carica L. Fam das moráceas

Ficus é palabra latina, a especie toma o nome da terra de Caria (Asia Menor)
Follas caducas, grandes, alternas e ásperas polo pelos; de cor verde escura. Das pólas, follas e froitos mana un látex (leite) que se utiliza con fins curativos.
Os froitos comestibles, os figos, non son máis que receptáculos carnosos e enrugados. Os verdadeiros froitos son só granciños interiores.
Os figos fermentados poden producir licores. A seiva tamén se utiliza para curar a caries dental, as follas para tapar feridas.
Dise que a súa sobra é moi mala para a saúde e que as pólas rompen moi facilmente, polo que hai que ser precavido se subimos á árbore.

Rosalía de Castro: Miña terra, miña terra, / terra onde eu me criei, / hortiña que quero tanto, / figueiriñas que prantei (Cantares Gallegos)

Figueira xunto a un pendello no sur de Lugo:

figueira

Achegar comentario

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com