ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

ACIVRO, xardón.

Ilex aquifolium L. Fam das aquifolíaceas. Clase Anxiospermas.

Do latín ilex (que era o nome da aciñeira, polo parecido que teñen as follas das dúas árbores). Acus (agudo) e folium (folla) polas follas rematadas nun pincho.
Arbusto ou pequena árbore propia das zonas de montaña. que pode chegar aos 14 m de altura. Con flores adultas con 6 ou sete espiñas marxinais, perennes e brillantes.
O froito que botan as follas ao inverno seguinte é unha baia vermella de case 1 cm e con catro sementes. É velenoso para as persoas. Pero serve de alimento e refuxiopara algúns animais no inverno.
Atopámolo por Galiza adiante ata os 1800 m. Vese en moitos xardíns e polos Ancares (onde servía de hábitat para a pita do monte).
A casca utilízase para fecer o visgo usado para capturar paxaros pequenos. Como se utiliza moito de adorno no nadal correu certo perigo e houbo que declarala protexida.
Os bosques nos que predomina son os acevedos, acibeirais ou xardoais.

Veaquí unha meniña pontevedresa xogando arredor dun acivro en 2007:

ACIVRO

Achegar comentario

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com