Exercicio 2. Fonética e fonoloxía: Indicar as abertas e pechadas
En vermello as abertas
- Veño algo canso e agora quero descansar tombado nese sofá.
- Agarda, que logo chega o home e el vaite pór ao tanto dos problemas (as dúas posibilidades) que apareceron.
- Onde estabas onte cando botaron pola televisión as cancións máis populares deste inverno?
- O teu vello xa non rexe ben; non é raro, ¡con tantas doenzas (as dúas posibilidades) como leva no corpo!
- Hoxe veu cedo e atopou as portas do centro abertas.
- Non poñas cara de ferreiro que non cho fixemos á teima, foi sen querer.
- Colle os papeis que tes na mesa da esquerda (as dúas posibilidades) e lévaos para o despacho do director-xefe.
- Para vela ben hai que acender unha vela e tela acesa todo o tempo (as dúas posibilidades); ti tela só uns segundos e non ves nada.
- Creo que me colleu o sol (as dúas posibilidades) esta tarde, foi por non me meter debaixo do paraugas.
- As ciencias modernas teñen abertos novos (as dúas posibilidades) camiños de experimentación grazas ao teu invento.