Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

DESVIACIÓNS DA LINGUA ESTÁNDAR


Frase correcta seguida da frase con desviacións


1. Todos os concelleiros fan o mesmo: primeiro beben un vaso de viño e logo botan a cinza do cigarro no cinceiro, por que terán ese costume?: Todos os concexais fan o mesmo: primeiro bébense un vaso de viño e logo botan a cinza do cigarro no ceniceiro, por qué terán esa costume?

2. En primeiro lugar hai que encher unha folla de papel con palabras e logo xa buscaremos a súa interpretación: En primer lugar hai que chear unha olla de papel con palabras e logo xa buscaremos a súa interpretación.

3. Cando espertou, levantou as cellas intrigado por aquel ruído, e ao recoñecelo rompeu a gargalladas: Cando se despertou, levantou as cexas intrigado por aquel ruído, e ao recoñecelo rompeu a carcaxadas.

4. Quen están de acordo co proxecto que expuxo o señor Presidente?: Quenes están de acordo co proiecto que expuxo o señor Presidente?

5. Tiña a completa seguridade de que ía gañar moitos cartos nalgún lugar lonxe de aquí: Tiña a completa seguridade de que iba a ganar moitos cartos nalgún lugar lexos de aquí.

6. Cal é o prato que che gusta máis: as ameixas á mariñeira ou o coello con leituga?: Cal é o prato que che gusta máis: as almexas á mariñeira ou o conexo con lechuga?

7. Aquela parella de noivos que .. estaba casando na igrexa parecía ser moi feliz e pensaban que esa felicidade lles duraría toda a vida: Aquela parexa de noivos que se estaba casando na igrexa parecía ser moi feliz e pensaban que esa felicidade lles duraría toda a vida.

8. Sei que a estes nenos lles gusta moito ir á escola porque o seu profesor lles conta relatos e tamén llelos fai escribir: Sei que a estos nenos lles gusta moito ir á escuela porque seu profesor lles conta relatos e tamén llelos fai escribir.

9. Despois de morrer, toda a familia, chorosa, cooperou para lle pór a mortalla: Despois de morrerse, toda a familia, chorosa, cooperou para lle pór a mortaxa.

10. Na praza produciuse un grande balbordo, así que nos achegamos a botar unha ollada, mais ao vermos que non tiña importancia, marchamos: Na praza prodúxose un grande balbordo, así que nos achegamos a botar unha olleada, mais ao vermos que non tiña importancia, marchámonos.

11. Que Deus cho pague, díxome a avoa cando lle fixen un pequeno traballiño no corredor da casa: Que Dios cho pague, me dixo a aboa cando lle fixen un pequeno traballiño no pasillo da casa.

12. Profesora, na clase do lado hai unha rapaza co móbil acendido, ademais fai moito ruído: Profesora, na clase do lado hay una rapaza co móvil acendido, ademáis fai moito ruído.

13. Xa mo dixera el, que era culpa dun parasito que se instalara nos seus ósos: Xa mo había dito él, que era culpa dun parásito que se había instalado en seus hosos.

14. O avogado fixo unha reportaxe fotográfica da voda da filla máis vella: O abogado fixo un reportaxe fotográfico da boda da filla maior.

15. Es moi listo, iso é unha boa suxestión e non o digo por amizade: Eres moi listo, iso é unha boa suxerencia e non o digo por amistade.

16. Na operación retocou o nariz, as pestanas, os labios e a fronte: Na operación retocou a nariz, as pestañas, os labios e a frente

17. Esta fin de semana rompeu a billa da cociña e a auga encharcou o chan: Este fin de semana rompeu o grifo da cociña e o auga encharcou o solo

18. Vou .. durmir que teño moito sono, hoxe espertei moi cedo: Vou a durmir que teño moito soño, hoxe esperteime moi cedo

19. Si, son testemuña de que aquela parella de rapaces se puxo a xogar á baralla: , son testigo de que aquela parexa de rapaces se puxo a xogar á baraxa

20. O meu adestrador ten vacacións en xullo, irá saltar ondas á praia da Lanzada: O meu entrenador ten vacacións en Xulio, irá saltar olas á praia da Lanzada

2005-2024