ogalego.eu // ogalego.gal son Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra (catedráticos de Lingue Galega e Lit. xubilados |
Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Maio 2022
LINGUA GALEGA
Formato da proba
A proba consta de dous textos e vinte cuestións, distribuídas deste xeito:
–Texto 1: cinco cuestións tipo test.
–Texto 2: cinco cuestións tipo test.
–Bloque de cuestións: dez cuestións tipo test.
As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Cada cuestión tipo test incorrecta restará 0.10 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
* No caso de marcar máis dunha resposta por pregunta considerarase como unha resposta en branco.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 50 minutos.
Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final
Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador
Texto 1
Día das Letras Galegas 2022
Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na calor dun 27 de agosto de 1903 no lugar de Córgomo (Valdeorras) e sempre había levar na súa memoria o eido nativo (.). A aldea está nunha bocarribeira do río Sil, unha paisaxe dionisíaca ou báquica porque as súas terras de labor están consagradas desde moi antigo ao cultivo das videiras (.).
Florencio tivo a inmensa sorte de que a biblioteca familiar estivese ben provista e non faltasen obras de Añón, Rosalía, Curros, Pondal ou Lamas (.), mais tamén revistas e libros brasileiros e até unha gramática portuguesa enviadas por uns tíos seus, así como clásicos da literatura española (.).
En Valladolid remata a carreira de Dereito, mentres o seu tempo de lecer decorría entre as actividades deportivas e sociais (cinema, teatro.), até que seu pai foi destinado á cidade da Coruña. Destes anos son tamén os seus primeiros poemas coñecidos (.). Un deles, titulado “Ao reiseñor” (no xeito dos vellos vates), aparece datado o 20 de xaneiro de 1923, e polas súas características formais debe incluírse de cheo no neotrobadorismo, unha das correntes literarias que renovou a poesía galega durante o primeiro terzo do século XX e que consistía, no básico, na recreación das cantigas medievais (.).Reiseñor meigo que no agro florido
arrolas cantando ao serán durmido
oh, doce trobeiro!Reiseñor meigo que no agro vizoso
arrolas cantando ao serán fermoso
oh, doce trobeiro!Arrolas cantando ao serán durmido
que escoita a cantiga do son esvaído
oh, doce trobeiro!Arrolas cantando ao serán fermoso
que ouve o feitizo do son garimoso
oh, doce trobeiro!Miro Villar: Florencio Delgado Gurriarán.
Vida e obra dun poeta no exilio mexicano.
Edicións Xerais de Galicia, 2022 (adaptación).
1. Segundo o texto que precede ao poema, cal é a afirmación correcta?
A A Coruña e Valdeorras eran os seus lugares favoritos para pasar o tempo de lecer nas vacacións. Correcto?
B Rosalía e Curros deron libros para a biblioteca familiar que estaba nunha aldea chea de vides. Correcto?
C Florencio Delgado leu obras en galego e viviu en diferentes cidades debido á situación familiar. Correcto?
2. Segundo o texto que precede o poema, cal é a afirmación correcta?
A O neotrobadorismo consiste na utilización das características da poesía galega medieval. Correcto?
B O reiseñor aparece nun poema que o escritor leu nun libro da biblioteca da súa familia. Correcto?
C O portugués foi a lingua que aprendeu falando a miúdo cos seus parentes brasileiros. Correcto?
3. A palabra “videira” (en marrón no texto) significa Planta.
A arbustiva que ten como froito a uva e que se cultiva nas rexións temperadas. Correcto?
B rubideira, de flores brancas agrupadas en inflorescencias e froito de forma ovoide. Correcto?
C leguminosa comestible que ten un envoltorio que contén dentro as sementes. Correcto?
4. Segundo o texto do poema, cal é a afirmación correcta?
A O bruxo con coñecementos de medicina natural e poderes sobrenaturais canta nun campo florido antes de adormecer. Correcto?
B O señor feudal da aristocracia faise trobeiro para levar a cabo a recreación da poesía lírica das cantigas medievais. Correcto?
C O lugar é un terreo de cultivo e o tempo é a parte do día que vai desde que comeza a pórse o sol ata que se fai noite. Correcto?
5. A palabra “reiseñor” (en vermello no texto) significa:
A Paxaro pequeno de cor castaña, máis arrubiada na cola e clara no ventre, que ten sona pola fermosura dos seus rechouchíos. Correcto?
B Señor feudal que se dedicaba ao cultivo da terra e mais á gandaría extensiva como sistema de produción agraria. Correcto?
C Poeta medieval que creaba composicións literarias e musicais destinadas a seren cantadas sobre todo polos trobeiros. Correcto?
Texto 2
Os Estados Unidos pagarán o mesmo a homes e a mulleres futbolistasA Federación de Fútbol dos Estados Unidos da América e a selección feminina do país, representadas por un grupo de xogadoras que demandara este organismo, alcanzaron un acordo para que as mulleres gañen o mesmo salario que os homes cando xoguen no equipo nacional.
"A Federación de Fútbol dos Estados Unidos comprometeuse a ofrecer a mesma remuneración ás seleccións nacionais femininas e masculinas en todos os amigables e torneos, incluído o Mundial, a partir de agora", detallan no acordo que acaba coa discriminación salarial existente ata a data. Nun comunicado conxunto, a Federación e as xogadoras sinalaron que traballarán "orgullosamente" e da man para "avanzaren na igualdade" no mundo do fútbol.
Un total de 28 xogadoras da selección feminina dos Estados Unidos, campioa mundial en Francia en 2019, presentaran unha demanda colectiva contra a política discriminatoria da Federación. O acordo tamén contempla o pagamento de 24 millóns de dólares para terminaren o litixio, dos cales 22 millóns repartiranse entre as xogadoras da selección feminina. A Federación aboará 2 millóns de dólares de axuda ás xogadoras cando se retiren do deporte profesional e para iniciativas benéficas relacionadas coa igualdade no fútbol.
A aplicación dos termos do acordo está supeditada á ratificación dun convenio colectivo entre as xogadoras da selección nacional e a Federación. O soldo, a partir de agora, será o mesmo tanto en amigables como en torneos oficiais.
6. Segundo o texto, a Federación de Fútbol dos Estados Unidos:A obrigouse a dar a mesma cantidade de diñeiro a todos os xogadores sen ter en conta o seu xénero. Correcto?
B acordou o calendario da liga de fútbol profesional tanto da selección masculina como da feminina. Correcto?
C discriminou os xogadores por terlles aboado unha nómina inferior á das súas compañeiras. Correcto?
7. Segundo o texto, a “discriminación salarial” (vermello no texto) dáse cando:
A dous xogadores asinan un contrato de traballo en que acordan ter soldos diferentes por realizar diversos tipos de deportes. Correcto?
B dous empregados realizan exactamente o mesmo traballo durante as mesmas horas pero teñen salarios diferentes entre eles. Correcto?
C dous traballadores pactan coa empresa nun documento a liquidación final obrigatoria correspondente ao rematar a relación laboral. Correcto?
8. Segundo o texto, cal é a información falsa?
A A Federación vai pagar a mesma nómina a xogadores e a xogadoras sen trato discriminatorio. Correcto?
B A disputa xudicial entre as dúas partes vai rematar co pagamento de vinte e catro millóns. Correcto?
C A selección nacional feminina dos Estados Unidos non se clasificou para o Mundial de 2019. Correcto?
9. Segundo o texto, o “convenio colectivo” (marrón no texto) contén:
A os acordos aos que chegaron a Federación de Fútbol e as xogadoras da selección feminina. Correcto?
B os termos da demanda xudicial presentada polas xogadoras. Correcto?
C os partidos amigables e mais os torneos oficiais en que vai participar a selección nacional. Correcto?
10. Segundo o texto, cal é a información correcta?
A A avogada das xogadoras de fútbol chegou a un acordo cos xogadores para cobraren o mesmo. Correcto?
B A igualdade entre os xéneros no mundo do fútbol conseguiuse xa antes do Mundial de Francia. Correcto?
C A Federación vai destinar dous millóns a igualdade e mais a apoiar as xogadoras cando se retiren. Correcto?
Bloque de cuestións
11. Cal é a oración que contén un uso correcto do infinitivo?
A Tedes que marchardes para o instituto. Correcto?
B Berrounos por mancharmos á cociña. Correcto?
C Sentiuvos saírdes da casa moi cedo. Correcto?
12. Cal é a oración que contén unha perífrase temporal que expresa posterioridade?
A Heiche de dar o que me pediches. Correcto?
B Tedes que facernos o almorzo. Correcto?
C Están a amolar desde que chegaron. Correcto?
13. Cal destas oracións contén un castelanismo (vocábulo ou modo de falar propio do castelán empregado noutra lingua)?
A Cambiou os mobles do cuarto dos nenos. Correcto?
B Prendeu unhas velas no altar do santo. Correcto?
C Todo ten vantaxes e inconvintes. Correcto?
14. Cal é a oración que contén un uso correcto do pronome persoal átono ‘che’?
A Che dixen que non saias de aquí. Correcto?
B Comentou que che viu no concerto. Correcto?
C Non che me dá pena ningunha. Correcto?
15. Cal é a serie de palabras correcta?
A Asturiana, xuíza, avoa, capitá, bretoa, vacúa, a estudante. Correcto?
B Catalana, urbana, infanta, ciudadana, vacuna, leona, a anciana. Correcto?
C Euscalduna, folgazá, lamboa, urbá, vacina, cabruna, a elefanta. Correcto?
16. Cal é a serie de palabras correcta?
A Albaneles, reies, canciós, vexetales, clubes, iglúes, os oasis. Correcto?
B Chuchameles, iglús, bucais, cancións, reis, caracois, os fax. Correcto?
C Catasoles, palas, bucales, luzes, corteses, albaneis, os lapis. Correcto?
17. Cal é a serie de palabras correcta?
A Diccionario, noble, suvención, clavo, aplazar, diptongo, siquiatra. Correcto?
B Pronóstico, regla, onívoro, conducta, inspeción, anédota, doctor. Correcto?
C Substantivo, prata, igrexa, brando, inmune, vitoria, inscrición. Correcto?
18. Cal é a serie de palabras correctamente acentuada?
A Samurái, muiño, cambiéi, partíu, incríbeis. Correcto?
B Minguou, bocois, saïamos, smókings, cambiéillelo. Correcto?
C Avelaiña, triceps, dólmen, actuóu, partiullelo. Correcto?
19. Cal é a oración correctamente escrita?
A Non laves ese moble con lixivia porque así vas estragar o verniz. Correcto?
B Na celebración da boda adoviaron un pabillón para servir o xantar. Correcto?
C Teño que valeirar a gaveta das corbatas porque xa está a reventar. Correcto?
20. Cal é a afirmación correcta?
A Os sufixos derivativos colectivos indican un espazo ou un lugar en que abunda unha cousa, como nas palabras billeteira, azucreiro e areal. Correcto?
B Os sufixos derivativos locativos engaden ao lexema a idea de conxunto, abundancia ou acumulación, como nas palabras alameda, piñeiral e toxeira. Correcto?
C Os sufixos derivativos caracterizadores forman adxectivos que indican unha calidade, como nas palabras cabezudo, festeiro e folgazán. Correcto?
N.º de respostas correctas (C)
N.º de respostas incorrectas (Z)
Puntuación do test= C×0,5-Z×0,10
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0,10
As respostas en branco non descontarán puntuación
2005-2024