Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
2020



LINGUA GALEGA

-Formato
A proba consta de dous textos e vinte cuestións, distribuídas deste xeito:
.Texto 1: dez cuestións tipo test.
.Texto 2: dez cuestións tipo test.
As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
-Puntuación
.0,50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
.Cada cuestión tipo test incorrecta restará 0,125 puntos.
.As respostas en branco non descontarán puntuación.
-Duración
.Este exercicio terá unha duración máxima de 60 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador


Texto 1

Os canteiros do Porriño que cazaban elefantes no río Miño


A pedra do Porriño expórtase a medio mundo, de xeito que podemos atopar o seu granito rosa no Concello de Toquio ou no metro de París. As canteiras conforman hoxe unha paisaxe que vai desde o monumental faro de Budiño ata o monte coñecido como ‘O Pianista’.
Pero o negocio da pedra na Louriña vén de antigo. En concreto da época na que había hipopótamos no río Miño. Porque neste val están documentados algúns dos máis antigos asentamentos humanos no actual territorio de Galicia. Sabemos que había aquí unha importante poboación estable durante o Paleolítico, grazas ao notable achado de pezas líticas realizado en 1963 polo paleontólogo Emiliano Aguirre.
Aquel traballo está considerado a primeira escavación moderna do Paleolítico galego. O seu resultado foi máis de 700 útiles de pedra tallada, que inclúen machadas, picos triédricos, burís, bifaces, puntas e pequenos rascadores, probablemente utilizados para tratar as peles dos animais que cazaban aqueles ‘porriñeses’ de hai miles de anos.
Os traballos na Louriña permitiron tamén atopar restos de fogares ao aire libre e mesmo o que parecen os obradoiros onde se fabricaban os utensilios, a maioría de cuarzo, obtido no val do río Louro ou nas terrazas do río Miño. Non é doado datar o momento en que foron talladas estas pedras. De feito, pervive a controversia, porque as primeiras probas apuntaban entre 26.000 e 18.000 anos, pero pola súa forma e técnica debían de ser máis antigas.
Durante moito tempo, especulouse con que os habitantes de Galicia durante o Paleolítico estivesen tecnicamente moi atrasados con respecto a outros puntos de Europa. Un atraso de case cen mil anos, que non é pouca cousa. Tras novas escavacións nos anos 80 e 90 do século XX, suxírese que o poboamento de Budiño está datado hai preto de 100.000 anos, o cal encaixa un pouco mellor.
Pero o debate sobre a datación continúa vivo. O solo de Galicia non axuda nin aos paleontólogos nin aos arqueólogos. A humidade e a acidez provocan que a materia orgánica se desintegre. E, de feito, por iso apenas existen ósos provenientes dos antigos castros, salvo en casos tan singulares como por exemplo A Lanzada.
Sen dúbida, no río Miño mollaban a trompa familias de elefantes, do mesmo xeito que no Louro se refrescaban os hipopótamos. Aqueles habitantes do Paleolítico organizábanse en campamentos como bandas de cazadores, dedicados a abater cervos, corzos e mesmo grandes paquidermos, no caso de que se puxesen a tiro de lanza. Ademais, recollerían froitos silvestres para alimentarse, porque a agricultura estaba moi lonxe de aparecer, xa co Neolítico. Por esta mesma razón, podemos supoñer que habitaban o val da Louriña, pero non en asentamentos estables, porque os humanos daqueles tempos seguían sendo nómades.
Así que a pedra é hoxe un gran motor económico do Porriño. Pero vese que xa o era hai decenas de miles de anos. Cando uns remotos antepasados tallaban a cuarcita para faceren útiles con que tentar cazar o típico elefante do río Miño.

Fonte

1. Segundo o texto, os habitantes do Paleolítico:

A Ensinaban aos seus fillos a cazar con pedras. Correcto?

B Non tiñan morada nin establecemento fixo. Correcto?

C Organizaban grupos de pescadores na costa. Correcto?

2. Segundo a información do texto, cal é a serie de afirmacións correcta?

A Os restos dos habitantes dos castros consérvanse debido ao acedume, os nómades organizábanse en asentamentos estables e a cuarcita utilizábase para curtir as peles dos
animais.
Correcto?

B Os utensilios fabricábanse no castro da Lanzada, un arqueólogo atopou obxectos metálicos do Paleolítico e os habitantes daquela época estaban moi atrasados no aspecto cultural. Correcto?

C No Porriño tallaban a pedra para cazaren animais usando lanzas, no Paleolítico había elefantes e hipopótamos no Louro e no Miño, e no Neolítico apareceu a agricultura. Correcto?

3. Cal destas afirmacións NON aparece no texto?

A A pedra é moi importante na economía do Porriño desde hai miles de anos, cando xa existían obradoiros en que se fabricaban utensilios de cuarzo. Correcto?

B Na parroquia de Budiño, situada no concello do Porriño, destacan os restos arqueolóxicos, desde dolmens ata anacos de cerámica campaniforme. Correcto?

C Os habitantes do Paleolítico organizábanse en grupos de cazadores que se alimentaban de mamíferos ruminantes da familia dos cérvidos e mais de froitos dos bosques. Correcto?

4. Na frase preposicional “de pezas líticas” [subliñada no texto], a palabra lítico significa:

A Relativo ou pertencente á pedra. Correcto?

B Relativo ou pertencente ao litio. Correcto?

C Relativo ou pertencente á lise. Correcto?

5. Segundo o texto:

A Emiliano Aguirre participou nunha escavación na que atopou obxectos que proban a presenza de habitantes de xeito permanente durante o Paleolítico. Correcto?

B O negocio de pedra na Louriña comenzou no poboamento de Budiño hai preto de 100.000 anos, coincidindo co inicio da agricultura no Neolítico. Correcto?

C Os elefantes e os hipopótamos establecéronse na beira do río Miño cando os grupos humanos nómades construíron o castro da Lanzada. Correcto?

6. No texto, a palabra machadas [en vermello no texto] significa:

A Acción propia do macho, de quen posúe unha serie de calidades que se consideran propias do sexo masculino. Correcto?

B Instrumento para cortar formado por unha folla grosa, con fío por un lado, unida a un mango de pau que se agarra cunha soa man. Correcto?

C Instrumento de ferro, delgado e con punta, empregado para gravar no metal ou na madeira. Correcto?

7. Cal é a serie de palabras correctas?

A Hermida, armonía, exhuberante, boemio, hinchar, exibición. Correcto?

B Elena, habano, erba, horquídea, ombreiro, deshabitados. Correcto?

C Henrique, inchaban, hogano, ombro, inherente, ermida. Correcto?

8. Cal é a serie de palabras correctas?

A Areeiro, aluaxe, soar, avirse, veado, alumar. Correcto?

B Voluntade, moler, dorido, volar, tabla, vixilar. Correcto?

C Postración, aplazar, suplir, prácido, corruto, adotar. Correcto?

9. O presente de indicativo do verbo “sentir” segue o modelo do verbo:

A Advertir: advirto, advirtes, advertimos, advertides, advirten. Correcto?

B Vivir: vivo, vives, vive, vivimos, vivides, viven. Correcto?

C Seguir: sigo, segues, segue, seguimos, seguides, seguen. Correcto?

10. Cal é a serie que contén palabras con vogal “e” ou “o” aberta na sílaba tónica?

A Soño, tella, xeitoso, lugués, fose, temese. Correcto?

B Feroz, café, miñoca, terra, dormen, fixese. Correcto?

C Señor, espeto, vergoña, moreno, corro, temo. Correcto?

 



Texto 2

O Crismón de Quiroga foi labrado nunha idade incerta no século V

O Disco de Quiroga ten case un metro de diámetro, seis centímetros de grosor e pesa 120 quilos. Está construído en mármore branco grisáceo con vetas azuis, procedente probablemente dunha canteira de Lóuzara. No seu envés non ten inscrición ningunha, o que permitiu que pasara inadvertido para os fieis ata as obras realizadas no século XIX. E facía de altar na pequena igrexa de Nosa Señora da Ermida, en Quiroga, datada no século XII, pero non se sabe dende cando. O seguro é que é anterior ao propio templo que lle deu acubillo durante case oito séculos.
O arqueólogo alemán Helmut Schlunk considerou que a peza sería dos anos 420 a 450 da era actual, o que o fai, xunto á tapa do sartego de Temes, en Carballedo, a representación máis antiga coñecida do cristianismo en Galicia.
O máis singular do Disco de Quiroga é o texto en latín que rodea o escudo, inscrito entre dúas circunferencias labradas. A tradución é un fermoso consello: “O ouro é vil para ti, as riquezas de prata abátanse. Máis é o que reloces pola túa propia felicidade”. O ouro, a prata e as riquezas non son o importante, di o autor: o importante é o que brillas por ti mesmo.
O investigador Jaime Delgado Gómez sostiña que o Crismón formou parte dun mausoleo erixido en honor dalgún nobre romano convertido ao cristianismo e que morreu preto da actual vila de Quiroga. Outras interpretacións din que o crismón podía ser unha mesa ritual para os pontífices da Gallaecia, e que podía ter fins adiviñatorios, baseados nunha descrición do historiador romano Amiano Marcelino, que no século V falou dun ritual no que un trípode metálico sostiña un disco a modo de mesa e os presentes situábanse arredor dela. Unha esfera de vidro percorría o perímetro do taboleiro deténdose en cada letra sinalada. A repetición sucesiva da operación permitía a escritura da mensaxe ou resposta.
Pero novas investigacións poñen en dúbida a datación do propio texto latino, que podería ter sido incorporado posteriormente, a partir do ano 600. O investigador José María Anguita Jaén, da USC, publicou no ano 2011 unha monografía na que relaciona a frase coa obra do escritor latino Venancio Fortunato, que viviu entre 535 e 610, e que está considerado por algúns como o “derradeiro poeta romano” e, por outros, como o primeiro poeta medieval. Anguita recoñece “que a análise epigráfica e estilística do crismón central e outros detalles deixaron asentado con certa seguridade que o disco foi labrado en torno ao ano 400”, pero suxire que a inscrición latina sexa posterior case dous séculos.

Fonte

11. Segundo o texto, cal é a resposta correcta?

A O crismón descubriuse durante unha escavación arqueolóxica no século XX. Correcto?

B O disco podería ser do século V, pero a súa inscrición talvez sexa do século VII. Correcto?

C O investigador da USC estudou unha igrexa románica medieval do século XII. Correcto?

12. Segundo o texto, en Quiroga:

A O disco foi utilizado como altar dunha igrexa durante uns oitocentos anos. Correcto?

B O crismón foi labrado polos suevos durante a época do seu reino medieval. Correcto?

C Os sacerdotes romanos adiviñaban o futuro ante o crismón dentro dun templo. Correcto?

13. No texto, a palabra acubillo [en vermello no texto] significa:

A Sitio modesto onde habitualmente se aloxa xente que vai de paso. Correcto?

B Parte dunha igrexa cun altar e advocación ou imaxe particular. Correcto?

C Lugar onde algo ou alguén se pode protexer do tempo ou dos perigos. Correcto?

14. No texto, a palabra mausoleo [subliñada no texto] significa:

A Monumento funerario suntuoso. Correcto?

B Edificio para a celebración de espectáculos. Correcto?

C Construción circular ou elíptica con chanzos arredor da arena. Correcto?

15. Segundo o texto, cal é a serie de afirmacións correcta?

A O derradeiro poeta romano escribiu os versos que aparecen no disco, os sacerdotes galaicos utilizaban un crismón como mesa ritual e un nobre romano convertido ao cristianismo descansa na igrexa. Correcto?

B O texto do crismón podería esta relacionado cun poeta latino, a cara do disco opostaá considerada principal carece de inscrición e houbo un ritual no cal un disco repousaba sobre un trípode. Correcto?

C O investigador alemán descubriu a tapa do sartego, dúas circunferencias labradas decoran a porta da entrada da capela e unha esfera de vidro está incrustada no mármore branco grisáceo con vetas azuis. Correcto?

16. Cal destas oracións contén unha palabra incorrecta?

A O gran negocio das máquinas tragaperras. Correcto?

B A pantera abalanzouse sobre a súa presa. Correcto?

C Non teño inconveniente en acompañarte. Correcto?

17. No enunciado “Se se pasa tanto medo como dis, daquela xa non vou” a palabra “daquela” funciona como:

A Adverbio de tempo. Correcto?

B Demostrativo substantivado. Correcto?

C Conxunción consecutiva. Correcto?

18. A locución adverbial “ás atoutiñadas” significa:

A Valéndose do tacto para recoñecer as cousas, debido á escuridade ou á falta de vista. Correcto?

B Actuando con rapidez e de maneira precipitada ou atropelada. Correcto?

C Facendo as cousas pouco a pouco, de maneira continua pero lenta. Correcto?

19. Cal é a serie de palabras correctamente acentuada?

A Ousadia, agoiro, nausea, outro, meirande, outeiro, sua. Correcto?

B Aínda, contribuíu, saída, miúdo, prexuízo, ruído, túa. Correcto?

C Vestiário, ioió, papagáio, friéira, ademáis, secretária, núa. Correcto?

20. Cal é a afirmación correcta sobre os modos verbais?

A O subxuntivo expresa accións con orde ou mandato, como en “Espero que o traia”.Correcto?

B O imperativo expresa accións non reais ou non coñecidas, como en “Traede as maletas”. Correcto?

C O indicativo expresa unha acción real e coñecida, como en “Nunca fuches bo para o fútbol”. Correcto?


Nº de respostas correctas (C)
Nº de respostas incorrectas (Z)
Puntuación do test = C x 0.5 Z x 0.125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0.125 puntos. As respostas en branco non descontarán puntuación.

2005-2024