Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
2019


Web da Xunta


LINGUA GALEGA

-Formato
A proba consta de dous textos e vinte cuestións, distribuídas deste xeito:
.Texto 1: dez cuestións tipo test.
.Texto 2: dez cuestións tipo test.
As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
-Puntuación
.0,50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
.Cada cuestión tipo test incorrecta restará 0,125 puntos.
.As respostas en branco non descontarán puntuación.
-Duración
.Este exercicio terá unha duración máxima de 60 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador


Texto 1

O Concello de Santiago de Compostela foi un dos pioneiros en España
na posta en marcha de hortas urbanas

Santiago de Compostela é unha das cidades de España con máis hortas urbanas por habitante, un proceso no que foi pioneira en Galicia no ano 2008, e que desde aquela non para de medrar debido ao éxito desta iniciativa.

Actualmente a capital galega conta con 202 hortas individuais repartidas en seis áreas: Belvís de Arriba e Belvís de Abaixo, en pleno casco histórico; A Caramoniña, A Almáciga, Cotaredo e Brañas de Sar. E en breve o concello ten previsto ampliar a oferta entre 60 e 70 hortas máis, para o que baralla tres espazos: Santa Marta, Salgueiriños e Lamas de Abade.

Calquera cidadán empadroado en Santiago de Compostela pode solicitar unha horta, con preferencia para os residentes nun radio de 300 metros e para as persoas xubiladas. O concello cédelle ao usuario durante dous anos, prorrogables un máximo de dous máis, unha parcela de entre 30 e 50 metros cadrados, dependendo da zona, con dotación de auga para regar, fertilizante orgánico procedente da compostaxe dos restos de podas e de herba dos parques municipais, e un caseto con chave para gardar os apeiros de labranza.

Proba do interese da cidadanía compostelá por recuperar o contacto coa agricultura e coa terraé a alta demanda que teñen as hortas urbanas: “Cando se abre a convocatoria recibimos entre o dobre e o triplo de solicitudes que de hortas dispoñibles”. “De feito, engade Xan Duro, concelleiro de Medio Ambiente, temos unha lista de espera para o caso de que haxa algún adxudicatario que non cultive a horta e teña que cedela a outra persoa”.

Do que non dubida é da alta rendibilidade social e medioambiental desta iniciativa. “Estamos a falar de que os terreos nos que poñemos en marcha as hortas son sempre de titularidade municipal, cualificados no PXOM como espazos de reserva verde ou dotacional. E con moi pouco investimento por parte do Concello de Santiago xeran un enorme rendemento social e ambiental”, salienta o concelleiro.

Pero onde mellores resultados se están a detectar é na convivencia social: “Crease unha rede de intercambio de alimentos e de sementes entre as persoas usuarias, e ademais créanse pontes interxeracionais entre a xente maior, que mantén o coñecemento do contacto coa terra, e as novas xeracións que queren aprender”, explica. “Estanse creando dinámicas non previstas pero moi interesantes para o tecido social da cidade”, engade o concelleiro. Proba de que as hortas se están a converter nun lugar de encontro son tamén as peticións que está a recibir o concello para a instalación de bancos nestes espazos.

Fonte

1. Segundo o texto, as hortas urbanas:

A Cultívanse nas terrazas dos edificios do ensanche. Correcto?

B Solicítanse en setembro desde hai quince anos. Correcto?

C Concédense ata un máximo de catro anos. Correcto?

2. Cal é a serie de afirmacións correcta?

A As hortas teñen bancos instalados para descansar, a lista de espera inclúe propietarios de parcelas e os usuarios teñen que pagar para gardaren os apeiros de labranza. Correcto?

B As parcelas teñen auga para regar, as solicitudes duplican ou triplican as hortas ofrecidas e a dinámica social creada estimula a colaboración entre novos e vellos. Correcto?

C A oferta anual de terreos ascende a sesenta ou setenta hortas, calquera persoa que viva en Santiago pode solicitar unha e os usuarios deben vivir a trescentos metros. Correcto?

3. Cal é a información incorrecta?

A O investimento necesario para financiar as hortas urbanas resulta elevado. Correcto?

B As persoas usuarias intercambian alimentos e sementes para usaren nas hortas. Correcto?

C O uso das hortas non está permitido a persoas residentes noutros concellos. Correcto?

4. A palabra adxudicatario [en vermello no texto] significa:

A Persoa a quen se lle atribúe algo. Correcto?

B Concelleiro que asigna terreos. Correcto?

C Inquilino que arrenda unha propiedade. Correcto?

5. Segundo o concelleiro:

A As persoas maiores van comezar a participar na segunda fase do proxecto. Correcto?

B As hortas cultívanse en leiras que son propiedade do Concello de Santiago. Correcto?

C As novas xeracións de hoxe en día non queren formarse na labranza da terra. Correcto?

6. No texto, a palabra compostaxe [en vermello no texto] significa:

A Fenómeno de desprendemento de calor e, ás veces, emisión de luz que se produce pola reacción química de substancias combustibles con osíxeno. Correcto?

B Reacción química de descomposición provocada polo paso dunha corrente eléctrica a través dunha substancia condutora en estado líquido ou en disolución. Correcto?

C Proceso biolóxico no que os microorganismos, baixo condicións controladas, descompoñen e transforman a materia orgánica biodegradable. Correcto?

7. Cal é a serie de palabras correctas?

A Gabián, verza, bolboreta, vulto, billa, gravado. Correcto?

B Marabilla, polbo, barrer, móbil, boda, basoira. Correcto?

C Vidueiro, esbelto, bico, riveira, cobarde, abogado. Correcto?

8. Cal é a lista que contén barbarismos que substitúen palabras galegas?

A Fútbol, bar, chalé, gángster, robot, iogur. Correcto?

B Crepe, glamour, hall, look, show, parking. Correcto?

C Bocadillo, chapeu, gabardina, blusa, guerrilla, xávega. Correcto?

9. A oración “A pequena ficou doente despois da viaxe” contén un:

A Complemento predicativo do suxeito. Correcto?

B Complemento circunstancial de cantidade. Correcto?

C Complemento predicativo do complemento directo. Correcto?

10. Cal é a afirmación correcta?

A Os ditongos crecentes están formados por unha vogal fechada seguida por unha vogal aberta, como sucede nas palabras fai, peixe, toneis, moito e farois. Correcto?

B Os ditongos decrecentes están formados por unha vogal aberta seguida por unha vogal fechada, como sucede nas palabras iate, ciencia, exfoliemos, iota e camión. Correcto?

C Os tritongos adoitan resolverse nun hiato (vogal + ditongo decrecente), de xeito que pronunciamos a-mi-ei-ro (catro sílabas) en lugar de a-miei-ro (3 sílabas). Correcto?



Texto 2

Primeira granxa de ondas do mar en Galicia

Expertos das universidades de Santiago de Compostela e Plymouth presentan un proxecto de explotación de enerxía undimotriz para a primeira instalación destas características en augas galegas. Segundo os seus cálculos, dobraría en resultados a planta de enerxía de ondas máis eficaz do mundo, a de Mutriku, no País Vasco, que ten o récord de produción.

A idea de crear un parque para explotar o potencial enerxético mariño en Galicia vén tomando corpo nos últimos tempos. Recentemente, un equipo do Centro de Engenharia e Tecnologia Naval e Oceânica (CENTEC) do Instituto Superior Técnico de Lisboa publicaba un estudo sobre a viabilidade dun parque eólico mariño en Galicia, en fronte de Ferrol. Agora emerxe un segundo proxecto para Galicia, en concreto, para Burela: a creación dunha granxa para explotar a enerxía undimotriz (a producida polo movemento das ondas do mar). A proposta, presentada na revista cientifica Energy, vén de investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Plymouth (Inglaterra): Nestor Areán e Rodrigo Carballo, profesores da área de Enxeñería Hidráulica do campus de Lugo, e Gregorio Iglesias, catedrático na Escola de Enxeñería e Ciencia Mariña da institución académica británica.

As chamadas 'wave farms' (granxas de ondas) son unha das modalidades menos divulgadas e desenvolvidas das enerxías alternativas. De feito, apenas levan unha década de experimentación e comercialización e existen moi poucas no mundo; na nosa contorna, a primeira granxa comercial de ondas do mar no mundo inaugurouse en Portugal en 2008, preto do Porto, mentres que en 2011 se abriu en Mutriku, no País Vasco, a máis produtiva do mundo. Outros científicos xa teñen exposto que a Península Ibérica, Francia, Reino Unido, Noruega e Irlanda son de interese para a explotación da enerxía das ondas. No caso da Península Ibérica, a zona con maior potencial enerxético é Galicia, cunha potencia media anual de ondas de ata 40-45 kW m−1, saliéntase no proxecto que agora se presenta.

Para o proxecto definiron primeiro tres posibles localizacións tendo en conta a obriga de evitar posibles impactos ambientais e a interferencia da explotación de ondas cos usos existentes do espazo mariño. A continuación calcularon o rendemento enerxético de seis tecnoloxías diferentes nas localizacións seleccionadas, determinando o convertedor de enerxía das ondas máis axeitado para cada punto.

Os investigadores de Santiago de Compostela e Plymouth propoñen a que sería a primeira explotación da enerxía undimotriz en Galicia coa creación dunha granxa de ondas en augas de Burela. Estes profesores prognostican para os próximos anos un auxe destas instalacións no mundo para subministrar enerxía a illas, comunidades periféricas e portos. Con ese enfoque integrado, estudaron e simularon a viabilidade dunha granxa de ondas preto do porto de Burela, analizando minuciosamente os usos socioeconómicos e os aspectos ambientais que se poderían ver afectados pola explotación da enerxía das ondas.

Fonte

11. Segundo o texto sobre a enerxía undimotriz, cal é a resposta correcta?

A Interfire cos usos existentes do espazo mariño das rías, posúe un baixo rendemento enerxético e dobra en resultados as plantas xeotérmicas máis eficientes do mundo. Correcto?

B Altera os aspectos socioeconómicos do marisqueo tradicional, require unha rede de parques eólicos mariños e subministra enerxía limpa ás illas, comunidades e portos. Correcto?

C Prodúcese polo movemento das ondas do mar, orixínase en plantas de enerxía chamadas 'granxas de ondas' e irá en aumento a súa utilización nos tempos vindeiros. Correcto?

12. Segundo o texto, na Península Ibérica:

A O lugar idóneo para obter maior potencia con enerxía de ondas é a costa galega. Correcto?

B O País Vasco vai construír a planta máis grande do mundo para liderar a produción. Correcto?

C Porto vai inaugurar unha nova granxa de ondas para exportar enerxía eléctrica. Correcto?

13. No texto, a palabra convertedor [en vermello no texto] significa:

A Máquina que xera corrente eléctrica para comprimir un fluído á presión desexada dentro dun sistema de fluxo pechado. Correcto?

B Dispositivo para a transformación dun tipo de enerxía (por exemplo enerxía das ondas) noutro tipo de enerxía (por exemplo enerxía eléctrica). Correcto?

C Aparello que serve para modificar a intensidade, a tensión ou a forma dunha corrente eléctrica para usos comerciais e industriais. Correcto?

14. No texto, a palabra viabilidade [en vermello no texto] significa:

A Calidade do que pode ser levado a cabo con éxito. Correcto?

B Aptitude para facer ou conseguir algo sen esforzo. Correcto?

C Etapa en que se dan as circunstancias favorables. Correcto?

15. Segundo o texto, cal é a serie de afirmacións correcta?

A Os investigadores rexeitan un auxe destas granxas nos próximos anos, os aspectos ambientais e os usos socioeconómicos non se verán afectados e os enxeñeiros portugueses fixeron un estudo para instalar un parque eólico mariño en Burela. Correcto?

B As 'wave farms' producen enerxías alternativas pouco contaminantes, a visibilidade dunha planta mareomotriz preto do Porto vai ser investigada en Plymouth e a potencia media anual de ondas nas Rías Baixas é das máis altas da Península Ibérica. Correcto?

C Prodúcese este tipo de enerxía en granxas de ondas desde hai dez anos, existen tres lugares, preto de Burela, en que non se orixinaría un impacto medioambiental negativo e hai seis países europeos interesantes para a obtención de enerxía undimotriz. Correcto?

16. Cal destas oracións contén un verbo semirregular con alternancia vocálica no presente?

A Aínda que haxa moito traballo, vou ir ao cine igual. Correcto?

B Os familiares senten agora a súa perda irreparable. Correcto?

C De achegarnos a tempo, mandarémosvos un aviso. Correcto?

17. Cal é a lista que contén palabras compostas por aglutinación?

A Arco da vella, azul escuro, galego-portugués, bule-bule, porco bravo. Correcto?

B Traxicómico, augardente, cabodano, paraugas, claroscuro. Correcto?

C Pór do sol, media noite, allo-porro, ruxe-ruxe, cabaliño do demo. Correcto?

18. Cal é a oración correctamente construída?

A Te agardamos durante unha hora, pero non viñeches. Correcto?

B Nesta táboa se relacionan os tipos de textos. Correcto?

C De o faceres, avísame, que eu tamén vou. Correcto?

19. Cal é a serie de palabras correctamente acentuada?

A Druída, fiúncho, casuística, vaído, zodíaco, paraíso. Correcto?

B Afluir, ruin, viuvo, suizo, circuito, afrodisiaco. Correcto?

C Oriundo, olimpíada, ataude, gratuíto, xuizo, raíz. Correcto?

20. Cal é a afirmación correcta sobre estes verbos?

A A forma flexionada do infinitivo pode usarse nas perífrases verbais que indican obriga, como na oración “Hai que cocelo vinte minutos”. Correcto?

B A oración “Está a cantar unha canción” contén un infinitivo xerundial característico do galego e do portugués. Correcto?

C A forma invariable do infinitivo non debe usarse cando o verbo ten carácter impersoal como na oración “Cantar alegra o día”. Correcto?


Nº de respostas correctas (C)
Nº de respostas incorrectas (Z)
Puntuación do test = C x 0.5 Z x 0.125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0.125 puntos. As respostas en branco non descontarán puntuación.

2005-2024