ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra (catedráticos de Lingue Galega e Lit. xubilados


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Maio 2018


Web da Xunta de Galicia


LINGUA GALEGA

Formato da proba
A proba consta de dous textos e vinte cuestións, distribuídas deste xeito:
–Texto 1: cinco cuestións tipo test.
–Texto 2: cinco cuestións tipo test.
–Bloque de cuestións: dez cuestións tipo test.
As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
* No caso de marcar máis dunha resposta por pregunta considerarase como unha resposta en branco.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 40 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador


Texto 1

O final do Camiño

Marta Gil e Fran Ramil, do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, veñen de describir catro novas especies de hidrozoos, que forman parte do filo dos Cnidarios, no que tamén se inclúen corais e medusas.
Diphasia leonisae é a denominación da primeira especie nova que describiu Marta Gil, que non perdeu a oportunidade de dedicarlle o achado a súa avoa Leonisa, “que a segue a apoiar en todo canto está a facer”, sinala Ramil.
Pero Leonisa non é a única muller que dá nome a unha das novas especies descritas polos investigadores da Universidade de Vigo, que tamén decidiron dedicar outro dos seus achados, a Diphasia anaramosae, á súa compañeira do Instituto Español de Oceanografía, IEO, Ana Ramos, “como recoñecemento á súa enorme contribución ao estudo da fauna e das comunidades bentónicas do noroeste de África, onde leva a traballar case 30 anos”, explican.
As novas especies descritas son animais que forman colonias de pólipos, que viven fixas nos fondos mariños sobre calquera tipo de substrato, aínda que polo seu aspecto externo semellan arbustos ou mesmo algas, ata o punto de que, durante moito tempo, chamóuselles zoófitos ou animais-planta.
O estudo desenvolvido pola Universidade de Vigo e o IEO amosa ademais, segundo os seus autores, que a diversidade do xénero Diphasia no Atlántico oriental semella ser bastante máis elevada do que se pensaba ata o momento, “sobre todo a nivel da costa africana, onde o número de especies coñecidas é superior ao das costas europeas, a pesar de ser unha zona moito menos estudada”, detallan Ramil e Gil.

Fonte

1. Cal é a información falsa?

A Diphasia anaramosae é unha nova especie que recibiu o seu nome de Ana Ramos. Correcto?

B Marta Gil describiu unha nova especie denominada Diphasia leonisae. Correcto?

C O xénero Diphasia atópase no Mediterráneo occidental, onde o cultiva Leonisa. Correcto?

2. No texto, a palabra fauna (en vermello) significa:

A Corpo natural, sólido ou líquido, de composición química definida. Correcto?

B Conxunto dos animais dun país, rexión etc., ou dunha época. Correcto?

C Conxunto das plantas dun país ou rexión. Correcto?

3. Segundo o texto, Leonisa é:

A Unha compañeira do Instituto de Oceanografía que viaxou ao Atlántico oriental. Correcto?

B Unha persoa da familia da científica que descubriu unha nova especie de hidrozoo. Correcto?

C Unha medusa do filo dos Cnidarios que habita nas frías augas da ría de Vigo. Correcto?

4. Cal é a información correcta?

A Ao tratarse de arbustos mariños, as novas plantas descritas clasifícanse dentro da especie Erica umbellata. Correcto?

B Aínda que parecen algas, as novas especies descubertas son animais que habitan no fondo do mar. Correcto?

C A pesar das baixas temperaturas, o maior número de especies novas atópase nas costas europeas. Correcto?

5. A palabra achado (en verde no texto) ten como sinónimos:

A Descuberta e descubrimento. Correcto?

B Peixe e pescado. Correcto?

C Clase e especie. Correcto?


Texto 2

O Día das Letras Galegas deste ano dedicarase á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005). A decisión adoptouse nun Pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado na Coruña, no que tamén se nomeou académica de honra a Marina Mayoral. (...) Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Victoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas. (...)
“A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”, declaraba María Victoria Moreno, en 1993, no congreso "Poetas alófonos en lingua galega". Dúas décadas atrás, a autora publicara Mar adiante (Edicións do Castro, 1973), o seu primeiro libro en galego (ilustrado por ela mesma), un ano despois de gañar con Crarisa e o luceiro o segundo premio do Concurso Nacional de Contos Infantís do Facho. Con esta primeira novela, a profesora de orixe estremeña convertíase nunha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo, ao que dedicaría tamén boa parte da súa produción literaria posterior con notable recoñecemento tanto da crítica como do público.
Outro título destacado na súa traxectoria, Anagnórise (Galaxia, 1989), é un dos maiores éxitos da literatura xuvenil na nosa lingua: a novela foi incluída na listaxe de honra do IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) en 1990 e chegaron a se editar en poucos anos vinte edicións. Pero o seu libro preferido era Leonardo e os fontaneiros (Galaxia, 1986), co que gañou o terceiro premio O Barco de Vapor de 1985. Con Guedellas de seda e liño (1999), outra das historias nas que demostra a súa capacidade de chegar ao público adolescente, entrou na prestixiosa lista internacional de White Ravens 2002. Un par de anos despois sairía do prelo Diario da luz e a sombra (Xerais, 2004), onde reflectiu a experiencia da enfermidade que acabou pouco despois coa súa vida, o 21 de novembro de 2005.

Fonte

6. Segundo o texto, cal é a afirmación correcta sobre as obras de Victoria Moreno?

A A súa obra favorita é Guedellas de seda e liño e Mar adiante foi o primeiro libro que publicou en castelán. Correcto?

B Publicou vinte edicións de Anagnórise e gañou un premio con Leonardo e os fontaneiros. Correcto?

C Editou Poetas alófonos en lingua galega e obtivo o premio White Ravens con Diario da luz e a sombra. Correcto?

7. Segundo o texto, cal é a afirmación correcta sobre María Victoria Moreno?

A A edición de obras en castelán ocupou gran parte da súa traxectoria literaria. Correcto?

B A súa lingua materna era o castelán, pero optou por escribir literatura en galego. Correcto?

C O día que ingresou na Academia Galega pronunciou un discurso sobre os idiomas. Correcto?

8. A palabra ensaio (en vermello no texto) significa:

A Obra literaria en prosa na que unha autora expón as súas reflexións sobre un tema determinado. Correcto?

B Obra de ficción que contén o desenvolvemento dunha película narrando os seus diferentes episodios. Correcto?

C Obra autobiográfica onde se conta a vida dunha persoa resumindo as diferentes etapas da súa existencia. Correcto?

9. A palabra cidadanía (en azul no texto) significa:

A Conxunto de obras escritas que tratan sobre unha materia determinada, mesmo con finalidade didáctica e non estética. Correcto?

B Conxunto dos sistemas de coñecemento con obxecto e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar. Correcto?

C Calidade ou característica de quen forma parte da comunidade de membros dun estado, con plenos dereitos civís e políticos. Correcto?

10.Segundo o texto, cal é a afirmación falsa?

A Marina Mayoral propuxo a María Victoria Moreno para dedicarlle o Día das Letras. Correcto?

B María Victoria Moreno estudou a carreira de Filoloxía Románica en Madrid. Correcto?

C White Ravens é unha lista internacional de escritores de literatura para adolescentes. Correcto?

11.Na oración “Estes cartiños véñenme como auga de maio” o enunciado en negra significa:

A Afortunadamente. Correcto?

B Contrariamente. Correcto?

C Oportunamente. Correcto?

12.Cal é a serie de palabras correcta?

A Orvallo, pabellón, polvo, garabanzo, reventar. Correcto?

B Marabilla, saravia, esbelto, riveira, esbarar. Correcto?

C Vulnerar, baleiro, acivro, bubela, obviedade. Correcto?

13. Cal é a oración correctamente escrita?

A Nesta tenda hai vestidos preciosos. Ai que pena! Xa está pechada. Correcto?

B Hai que dor! Xa ai varios días que me mancan estes zapatos novos. Correcto?

C Mentres fumaba o abano estaba calado polo menos unha ora. Correcto?

14. Cal é a serie de palabras agudas correctamente acentuada?

A Amei, seguiu, colleu, ademais, papeis, españois, azuis. Correcto?

B Mazán, cafe, alguén, ali, tirizo, irmán, cadris. Correcto?

C Xan, fé, can, lá, don, dín, tres. Correcto?

15. Cal é a serie de palabras correcta?

A Vixiancia, salud, terreo, pao, gasolina, sobresaínte. Correcto?

B Vixilancia, saúde, terreo, pau, gasolina, sobresaliente. Correcto?

C Vixiante, salubre, terreno, palo, gasoliña, sobresaínte. Correcto?

16.Cal destas oracións contén unha perífrase verbal que indica un proceso rematado?

A Tamén decidiron dedicar outro dos seus achados á súa compañeira. Correcto?

B A diversidade do xénero Diphasia semella ser máis elevada do que se pensaba. Correcto?

C Marta e Fran veñen de describir catro novas especies de hidrozoos. Correcto?

17.A forma segue (subliñada no texto 1) presenta alternancia vocálica no presente de indicativo. Cal é o tempo verbal correctamente conxugado?

A Advirto, advertes, adverte, advertimos, advertides, adverten. Correcto?

B Durmo, durmes, durme, durmimos, durmides, durmen. Correcto?

C Fuxo, foxes, foxe, fuximos, fuxides, foxen. Correcto?

18. Cal é a oración correctamente escrita?

A Roubaron quinientos millóns de euros nun banco. Correcto?

B Gocei de vinte e sete días de sol. Correcto?

C Puxen o marcador na páxina tres centas dúas. Correcto?

19. Segundo a modalidade do enunciado, cal destas oracións é exhortativa?

A Serán as oito da tarde. Correcto?

B Preguntoume que hora era. Correcto?

C Non lle contestes a teu avó! Correcto?

20. Desde o punto de vista léxico, cal destas oracións é correcta?

A A piscina contaba con seis calles. Correcto?

B Hai que ter coidado cos mergullos na piscina. Correcto?

C Gústalle bucear preto da costa. Correcto?



N.º de respostas correctas (C)
N.º de respostas incorrectas (Z)
Puntuación do test= C×0,5-Z×0,125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0,125


2005-2024