ogalego.eu // ogalego.gal son Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados |
1.- Aproveitamento da música nas clases de lingua de 1º e 2º ESO.
Ábrese un foro na aula virtual (ou similar) onde o alumnado vai subindo vídeos da súa música preferida. De entrada cada alumno só pode subir un vídeo mais se hai poucos voluntarios poderá subir varios.
Seguindo a orde de aparición no foro vanse proxectando os vídeos no canón para toda a clase en diferentes momentos. Mentres van entrando, sé é a 1ª hora ou despois dos períodos de lecer; mentres recollen se é a última hora ou hai que retirar os portátiles Abalar.
Ao final do trimestre faise unha votación para escoller o vídeo que máis gustou a todos. O gañador leva un premio. A actividade estará supeditada á boa marcha da clase na materia e ten que ser levada a cabo con seriedade.
EXEMPLO:
Ver este vídeo de texto e música sobre Edith Piaf de despois charlar sobre el: opinión sobre a música, resume do contido, opinión sobre a mensaxe, etc.
2.- EXERCICIO: músicas do mundo en 4º da ESO
A actividade debe ser voluntariamente escollida ao inicio do curso polo alumnado unha vez explicada polo miúdo e deben participar todos. A orde pode ser por sorteo ou segundo se presenten voluntariamente (premiando algo aos primeiros)
Obxectivos da actividade:
Para o desenvolvemento da actividade cómpre dispor de ordenador, canón e altofalantes.
Exemplo de aparellos usados hai anos
Exemplo de aparellos usados hai menos anos
Exemplos da actividade cando había menos medios:
TERCEIRO TRIMESTRE 2008-2009 e FINAL
ENTREGA DO PRIMEIRO TRIMESTRE 2007-08
ENTREGA DO SEGUNDO TRIMESTRE 2007-08
ENTREGA DO TERCEIRO TRIMESTRE E FINAL 2007-08
![]() ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional. |