ogalego.eu // ogalego.gal son Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados |
TEORÍA GRAMATICAL REDUCIDA
I.1.- ALFABETO
GRAFEMA: representación escrita dun fonema
1.- Os nomes das letras teñen xénero masculino: o gue, o que, o xe, o zeta...
Os dígrafos representan un único son:o che, o gue u, o elle, o ene hache, o que u,o erre dobre.
2.- k, w, j, y, ç (ka, uve dobre, iota, y grego, cedilla ) só se usan en palabras tomadas doutros idiomas: kantiano, byroniano, wagneriano, Jefferson, Eça de Queiroz
Obsérvese: quilo, quilómetro, quilovatio. (Abreviaturas con k)
3.- Exemplos de uso do h: Helena, Henrique, Heladio, hendecasílabo, hedra, hipocrisía, harmonía (compostos e derivados dos anteriores)
Mais: arpa, orfo, oso, oco, irmán, inchar, ermida, ombreiro, baía, aí.
4.- Exemplos de uso do v/b:
- baleiro, orballo, bolboreta, móbil, marabilla. pobo, goberno...(compostos e derivados dos anteriores)
- avó, avogado, voda, varrer, vasoira, ouvear, esvarar, pavillón, gravar, gravata, vulto, verniz, verza, covarde, esvelto, voitre
5.- nh representa unha consoante nasal velar. Debe manterse unida no final de liña.
6.- g+a,o,u gu+i,e (gü) Para a representar a gheada: gh
7.- Uso do x: exame, extensión, léxico, téxtil, tórax...
Obsérvese: escavadora, estender (extensión), estrañar, estraño, estranxeiro
esaxeración, esaxerar, esixir, esixente. (oxíxeno)
I.2.ACENTO ORTOGRÁFICO
1.- AGUDAS (oxítonas). Ex. : chofer, chinés
- Acentúanse as polisílabas rematadas en -vogal (+n, s, ns): mamá, cafés, algún, peóns.
- Mais non levan acento ortográfico:
a) Monosílabos: leis, el, ti.
b) As rematadas en ditongo decrecente (+ n, s): papeis, colleu, amei, tomou, pediu, azuis.
c) As rematadas noutra consoante que non sexa -n ou -s: cantar, nariz, arroz.
2.- GRAVES (Paroxítonas). Ex. : atmosfera, biosfera, heroe
Levan acento ortográfico cando rematan en consoante diferente de n, s , ou en grupos consonánticos distintos de -ns: álbum, móbil, mísil, réptil, Félix, tríceps, carácter. (Tamén se acentúan as que teñen ditongo decrecente na última sílaba: amábeis).
Polo tanto: cantan, cantas, lapis, canons, colons, dolmens.
3.- ESDRÚXULAS (Proparoxítonas).
Todas levan acento ortográfico: mágoa, bárbaro, tépedo, xílgaro, térmite.
4.- i, u en hiato.
Independentemente das regras anteriores, levan acento ortográfico as vogais i, u tónicas cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais non forman ditongo: aínda, baúl, caída, Coímbra, egoísmo, miúdo, raíña, raíz, ruído, saía, súa, traía, túa, xuízo... (i, u non se acentúan cando entre elas e a átona aparece un h: prohibes)
5.- Estranxeirismos e latinismos: seguen as normas anteriores.
6.- OBSERVACIÓNS.
6.1.- As maiúsculas levan acento ortográfico.
6.2.- Non levan acento ortográfico os adverbios acabados en -mente, os demostrativos, o numeral un.
6.3.- Tampouco o levan os interrogativos e exclamativos: Como lle vai? Onde estás? Preguntoulle cal quería. Só se acentúan para evitar posibles anfiboloxías: dille que queres // dille qué queres.
6.4.- O pronome posposto ao verbo conta como unha sílaba máis, pero mantense o acento diacrítico: cóntallo, éme igual, dálle.
6.- Acentos DIACRÍTICOS.
á a +a, substantivo | a artigo, pronome, preposición |
ás a +as, substantivo | as artigo , pronome |
bóla esfera | bola peza de pan |
cá ca + a | ca conxunción |
cás ca + as | cas presposición |
chá plana | cha che + a |
chás planas | chas che + as |
có ca + o | co con + o |
cós ca + os, substantivo | cos con + os |
cómpre é mester | compre merque |
cómpren son mester | compren merquen |
dá verbo dar | da de + a |
dás verbo dar | das de + as |
dó compaixón | do de + o |
é verbo ser | e conxunción |
fóra adverbio | fora verbos ser e ir |
má ruín | ma me + a |
más ruíns | mas me + as |
máis adverbio | mais conxunción |
nó substantivo | no en + o |
nós pronome tónico, substantivo | nos pronome átono, en +os |
ó ao | o artigo, pronome |
ós aos | os artigo, pronome |
óso do corpo | oso animal |
pé parte do corpo | pe letra |
póla rama | pola galiña, por + a |
pór poñer | por preposición |
présa apuro | presa prendida, presada |
sé verbo ser, sede eclesiástica | se conxunción, pronome |
só adxectivo e adverbio | so preposición |
té infusión | te letra, pronome |
vén presente de vir | ven presente de ver, imperativo de vir |
vés presente de vir | ves presente de ver |
vós pronome tónico | vos pronome átono |
II.1. DETERMINADO: o, a, os, as(El Rei, El Señor)
As segundas formas lo, la, los, las son de uso obrigatorio tras da preposición por e do adverbio u (vén pola rúa, u-lo can?)
|
o |
a |
os |
as |
a |
ao (ó) |
á |
aos (ós) |
ás |
con |
co |
coa |
cos |
coas |
de |
do |
da |
dos |
das |
en |
no |
na |
nos |
nas |
II.2. INDETERMINADO: un, unha, uns, unhas
|
un |
unha |
uns |
unhas |
con |
cun |
cunha |
cuns |
cunhas |
de |
dun |
dunha |
duns |
dunhas |
en |
nun |
nunha |
nuns |
nunhas |
meu |
miña |
meus |
miñas |
teu |
túa |
teus |
túas |
seu |
súa |
seus |
súas |
noso |
nosa |
nosos |
nosas |
voso |
vosa |
vosos |
vosas |
seu |
súa |
seus |
súas |
- mi (respecto) con madre ou padre
- cadanseu, cadansúa, cadanseus, cadansúas (dsitributivo)
- de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu: propiedade, en por si
este |
esta |
isto |
estes |
estas |
|
ese |
esa |
iso |
eses |
esas |
|
aquel |
aquela |
aquilo |
aqueles |
aquelas |
Os demostravivos contraen coas preposicións de, en
estoutro |
estoutra |
estoutros |
estoutras |
esoutro |
esoutra |
esoutros |
esoutras |
aqueloutro |
aqueloutra |
aqueloutros |
aqueloutras |
V.1.- XÉNERO
1.1.- Substantivos nos que o cambio de xénero non se refire ao sexo:
1.1.1.- Tamaño: pipo, rato, barco, vasoiro.
1.1.2.- Feminino colectivo: madeiro, gran, ovo.
1.1.3.- Semanticamente diferentes: porto, corte, cura
1.2.- Xénero mal usado por influencia do castelán:
1.2.1.-MASCULINOS: Berce, cal, cárcere, costume, couce, cume, cuspe, dote, fel, labor, leite, lume, mel, nariz, riso, sal, sangue, sinal, sorriso, ubre, legume, nomes de letra.
1.2.2.-FEMININOS:
- cor, dor, orde, orixe, ponte, testemuña, suor, marxe.
- Palabras acabadas en -axe, menos paxe, traxe, garaxe, personaxe.
- Palabras acabadas en -se (=sis), -ite (=itis): análise, farinxite, peritonite.
- As que comezan por á tónico non mudan de artigo: a arte
OBSERVACIÓN: as árbores froiteiras teñen o mesmo xénero que a froita, agás castiñeiro e figueira.
1.3.- Formación do feminino.
O feminino fórmase comunmente co morfema -a, que se une directamente ao masculino (deus, rapaz, avó, só, cru, chinés, burgués- deusa, rapaza, avoa, soa, crúa, chinesa, burguesa) ou substitúe a vogal final da forma masculina (sobriño, presidente -sobriña, presidenta). Mais:
1.3.1. Nomes rematados en -n:
1.3.1.1.- -án/-á: aldeán, artesán, chan, cidadán, cristián, curmán, irmán, pagán, san, alemán, catalán, afgán -aldeá, artesá, chá, cidadá, crumá, irmá, pagá, sa, alemá, catalá, afgá-
1.3.1.2.- -án/-ana: despectivos: folgazán, charlatán...-folgazana, charlatana-
1.3.1.3.- -ón/-oa: ladrón (ladra), león, patrón, campión -ladroa ou ladra, leoa, patroa, campioa-. Nos aumentativos e despectivos-ona: cabezón, abusón, faltón -cabezona, abusona, faltóna-.
1.3.1.4.- -in/-ina: bailarín -bailarina-
1.3.2. Sufixos especiais: barón, duque, abade, poeta, rapaz, galo, actor, emperador, rei, heroe, xudeu, sacerdote, tsar -baronesa, duquesa, abadesa, poetisa, rapaza, galiña, actriz, emperatriz, raíña, heroína, xudía, sacerdotisa, tsarina-.
1.3.3. Palabras diferentes (heterónimos): mao, bo, cabalo, xenro, castrón, can, home, macho, frade, padriño, pai, marido, padrasto, compadre, príncipe -má, boa, egua, nora, cabra, cadela, muller, femia, freira, madriña, nai, esposa, madrasta, comadre, princesa-.
1.3.4. Non hai formas para o feminino:
Úsase o artigo: intérprete, estudante. Úsase macho/femia para animais: sapo, pardal, paspallás.
V.2. FORMACIÓN DO PLURAL
1.- Palabras rematadas en vogal ou ditongo: engaden -s
2.- Palabras rematadas en -r e -z: engaden -es
3.- Palabras rematadas en -s e -x (ks): as agudas rematadas en -s engaden -es; mais se rematan en grupo consonántico ou -x (ks), permanecen invariábeis. As graves e esdrúxulas permaneces invariábeis
4. Palabras rematadas en -n: engaden -s
5.- Palabras rematadas en -l: os monosílabos engaden -es e os de máis de unha sílaba cambian o -l do singular por -is en plural (no caso de -íl, -ís). Mais:
- palabras graves rematadas en -l: engaden -es
- palabras graves rematas en -bel, plural -beis
- palabras compostas sobre monosílabos rematados en -l: engaden -es
6.- Palabras rematadas noutras consoantes (cultismos e estranxeirismos): engaden -s
VI.1.- Formas tónicas:
|
Singular |
Plural |
1ª persoa |
eu |
nós / nosoutros, -as |
2ª persoa |
ti |
vós / vosoutros, -as |
3ª persoa |
el, ela |
eles, elas |
-Reflexivo: si
-Cortesía: vostede, vostedes (esixen o verbo en 3ª persoa)
-En réxime de preposición:
* 1ª persoa: min
* Preposición con: comigo, contigo, connosco, convosco, consigo
|
el |
ela |
eles |
elas |
de |
del |
dela |
deles |
delas |
en |
nel |
nela |
neles |
nelas |
VI. 2.- Formas átonas:
|
Singular |
Plural |
1ª persoa |
me |
nos |
2ª persoa |
te (complemento directo, reflexivo) che (complemento indirecto, solidariedade) |
vos |
3ª persoa |
o, a // lo, la (1)// no, na (2)(complemento directo) lle (complemento Indirecto) |
os, as // los, las (1)// nos, nas (2) (complemento directo) lles (complemento indirecto) |
(1) Enclítico dunha forma verbal rematada en -r ou -s, tras o adverbio u: collela, cóllelo, ula?
(2) Enclítico dunha forma verbal rematada en ditongo: comeuno, deixeina
-Reflexivo 1ª persoa: me, nos; 2ª persoa: te, vos; 3ª persoa : se
-Cortesía: 3ª persoa (o..., os..., lle, lles)
-Solidariedade:
VI.3.- Contraccións:
|
o |
a |
os |
as |
me |
mo |
ma |
mos |
mas |
che |
cho |
cha |
chos |
chas |
lle |
llo |
lla |
llos |
llas |
nos |
nolo |
nola |
nolos |
nolas |
vos |
volo |
vola |
volos |
volas |
lles |
llelo |
llela |
llelos |
llelas |
VI.5.- Colocación do pronome átono no enunciado:
1.- En oracións subordinadas: antes do verbo
2.- Non subordinadas: despois do verbo. EXCEPTO (vai antes do verbo):
3.- Cos infinitivos: se o infinitivo é suxeito, predicado nominal ou aposto, o pronome vai despois. No resto dos casos pode ir antes ou despois, mesmo se pode intercalar entre o infinitivo e unha preposición/conxunción que o rexe
4.- Cos xerundios: se é núcleo verbal, o pronome vai despois; no resto dos casos antes ou despois
Orde de colocación dos pronomes: Primeiro vai se, logo o pronome de solidariedade, logo complemento indirecto e o complemento directo
VII.1. REGULAR
raíz/lexema vogal temática sufixo de modo e tempo sufixo de número e persoa
1ª CONXUGACIÓN :andar |
2ª CONXUGACIÓN: bater |
3ª CONXUGACIÓN: vivir |
Presente de indicativo |
Presente de indicativo |
Presente de indicativo |
ando |
bato |
vivo |
Copretérito de indicativo |
Copretérito de indicativo |
Copretérito de indicativo |
andaba andabas andaba andabamos andabades andaban |
batía batías batía batiamos batiades batían |
vivía vivías vivía viviamos viviades vivían |
Pretérito de indicativo |
Pretérito de indicativo |
Pretérito de indicativo |
andei andaches andou andamos andastes andaron |
batín batiches bateu batemos batestes bateron |
vivín viviches viviu vivimos vivistes viviron |
Futuro de indicativo |
Futuro de indicativo |
Futuro de indicativo |
andarei andarás andará andaremos andaredes andarán |
baterei baterás baterá bateremos bateredes baterán |
vivirei vivirás vivirá viviremos viviredes vivirán |
Antepretérito de indicativo |
Antepretérito de indicativo |
Antepretérito de indicativo |
andara andaras andara andaramos andarades andaran |
batera bateras batera bateramos baterades bateran |
vivira viviras vivira viviramos vivirades viviran |
Pospretérito |
Pospretérito |
Pospretérito |
andaría andarías andaría andariamos andariades andarían |
batería baterías batería bateriamos bateriades baterían |
viviría vivirías viviría viviriamos viviriades vivirían |
Presente de subxuntivo |
Presente de subxuntivo |
Presente de subxuntivo |
ande |
bata batas bata batamos batades batan |
viva vivas viva vivamos vivades vivan |
Pretérito de subxuntivo |
Pretérito de subxuntivo |
Pretérito de subxuntivo |
andase andases andase andásemos andásedes andasen |
batese bateses batese batésemos batésedes batesen |
vivise vivises vivise vivísemos vivísedes vivisen |
Futuro de subxuntivo |
Futuro de subxuntivo |
Futuro de subxuntivo |
andar andares andar andarmos andardes andaren |
bater bateres bater batermos baterdes bateren |
vivir vivires vivir vivirmos vivirdes viviren |
Imperativo |
Imperativo |
Imperativo |
anda andade |
bate batede |
vive vivide |
Infinitivo |
Infinitivo |
Infinitivo |
andar andares andar andarmos andardes andaren |
bater bateres bater batermos baterdes bateren |
vivir vivires vivir vivirmos vivirdes viviren |
Xerundio |
Xerundio |
Xerundio |
andando | batendo | vivindo |
Participio |
Participio |
Participio |
andado | batido | vivido |
Son regulares: os verbos acabados en -cer (menos facer), -cir (menos dicir): nazo, parezo, aparezo, renazo, conduzo, reduzo, produzo ... (1 ª presente de indicativo) |
Algúns verbos con futuro de indicativo e pospretérito regulares son: caber, haber, poder, poñer/pór, querer, saber, saír, ter, valer, vir caberei, haberás, poderá , poñeremos/poremos, quereredes, saberán, terei, valerás, (futuro) |
Son da segunda conxugación, entre outros moitos, os seguintes verbos: bater (combater, debater, rebater ...), correr (concorrer, escorrer, ocorrer, percorrer, transcorrer ...) derreter, fender, ferver, render, rexer, romper (corromper, interromper, prorromper ...), verter (converter, perverter ...), xemer |
Verbos con alternancia vocálica no lexema. a) Verbos que trocan o e en i en formas dos presentes e no imperativo : advertir, divertir, referir, repetir, espir, dixerir, suxerir, medir, pedir ... mido, mides, mide, medimos, medides, miden(presente de indicativo) b) Verbos que presentan e (semiaberto en posición tónica) ou i nos presentes e no imperativo : ferir, seguir, sentir, servir, mentir e derivados: perseguir, consentir, desmentir, etc. firo, feres, fere, ferimos, ferides, feren (presente de indicativo) c) Verbos con alternancia u / o no presente de indicativo: acudir, bulir (derivs.), cubrir (derivs.), cumprir (= precisar), cuspir, durmir, engulir, fundir (= render) fuxir, lucir (derivs.), muxir, ruxir, sacudir, subir, sufrir, sumir (derivs.), xunguir, tusir, ulir, xurdir acudo, acodes, acode, acudimos, acudides, acoden (presente de indicativo) d) Verbos en -er que teñen -e- ou -o- como últimas vogais do lexema. Na 2ª, 3ª e 6ª do presente de indicativo presentan a vogal semiaberta: bebo, bebes, bebe, bebemos, bebedes, beben |
ler, crer, rir (reler, sorrir ...): leo, les, le, lemos, ledes, len, (presente de indicativo) |
caer, doer, moer, roer, oír, saír, derivados de traer... intercalan i nalgunhas formas: caio (presente de indicativo) saio (presente de indicativo) |
VII.2. IRREGULAR
Conxugación de:
1.- Verbos irregulares co mesmo lexema no pretérito, antepretério, imperfecto de subxuntivo e futuro de subxuntivo.
1.1. dicir, facer, poñer/pór, querer, traer
Pretérito de indicativo | Antepretérito de indicativo | Pretérito de subxuntivo | Futuro de subxuntivo | |
dicir | dixen dixeches dixo dixemos dixestes dixeron |
dixera |
dixese dixeses dixese dixésemos dixésedes dixesen |
dixer dixeres dixer dixermos dixerdes dixeren |
facer | fixen fixeches fixo fixemos fixestes fixeron |
fixera fixeras fixera fixeramos fixerades fixeran |
fixese fixeses fixese fixésemos fixésedes fixesen |
fixer fixeres fixer fixermos fixerdes fixeren |
poñer pór |
puxen puxeches puxo puxemos puxestes puxeron |
puxera puxeras puxera puxeramos puxerades puxeran |
puxese puxeses puxese puxésemos puxésedes puxesen |
puxer puxeres puxer puxermos puxerdes puxeren |
querer | quixen quixeches quixo quixemos quixestes quixeron |
quixera quixeras quixera quixeramos quixerades quixeran |
quixese quixeses quixese quixésemos quixésedes quixesen |
quixer quixeres quixer quixermos quixerdes quixeren |
traer | trouxen trouxeches trouxo trouxemos trouxestes trouxeron |
trouxera trouxeras trouxera trouxeramos trouxerades trouxeran |
trouxese trouxeses trouxese trouxésemos trouxésedes trouxesen |
trouxer trouxeres trouxer trouxermos trouxerdes trouxeren |
Pretérito de indicativo | Antepretérito de indicativo | Pretérito de subxuntivo | Futuro de subxuntivo | |
caber | couben coubeches coubo coubemos coubestes couberon |
coubera |
coubese coubeses coubese coubésemos coubésedes coubesen |
couber couberes couber coubermos couberdes couberen |
haber | houben houbeches houbo houbemos houbestes houberon |
houbera houberas houbera houberamos houberades houberan |
houbese houbeses houbese houbésemos houbésedes houbesen |
houber houberes houber houbermos houberdes houberen |
saber | souben soubeches soubo soubemos soubestes souberon |
soubera souberas soubera souberamos souberades souberan |
soubese soubeses soubese soubésemos soubésedes soubesen |
souber souberes souber soubermos souberdes souberen |
Pretérito de indicativo | Antepretérito de indicativo | Pretérito de subxuntivo | Futuro de subxuntivo | |
estar | estiven estiveches estivo estivemos estivestes estiveron |
estivera |
estivese estiveses estivese estivésemos estivésedes estivesen |
estiver estiveres estiver estivermos estiverdes estiveren |
ter | tiven tiveches tivo tivemos tivestes tiveron |
tivera tiveras tivera tiveramos tiverades tiveran |
tivese tiveses tivese tivésemos tivésedes tivesen |
tiver tiveres tiver tivermos tiverdes tiveren |
1.4. ser, ir, dar, poder, ver, vir
Pretérito de indicativo | Antepretérito de indicativo | Pretérito de subxuntivo | Futuro de subxuntivo | |
ser | fun fuches foi fomos fostes foron |
fora |
fose foses fose fósemos fósedes fosen |
for fores for formos fordes foren |
ir | fun fuches foi fomos fostes foron |
fora foras fora foramos forades foran |
fose foses fose fósemos fósedes fosen |
for fores for formos fordes foren |
dar | dei deches deu demos destes deron |
dera deras dera deramos derades deran |
dese deses dese désemos désedes desen |
der deres der dermos derdes deren |
poder | puiden puideches puido puidemos puidestes puideron |
puidera puideras puidera puideramos puiderades puideran |
puidese puideses puidese puidésesesedes puidesen |
puider puideres puider puidermos puiderdes puideren |
ver | vin viches viu vimos vistes viron |
vira viras vira viramos virades viran |
vise vises vise vísemos vísedes visen |
vir vires vir virmos virdes viren |
vir | vin viñeches veu viñemos viñestes viñeron |
viñera viñeras viñera viñeramos viñerades viñeran |
viñese viñeses viñese viñésemos viñésedes viñesen |
viñer viñeres viñer viñermos viñerdes viñeren |
2.- Son irregulares na 1ª do presente de indicativo e en todo o presente de subxuntivo:
2.1. caber, ouvir, saber, valer
caibo cabes cabe cabemos cabedes caben |
ouzo ouves ouve ouvimos ouvides ouven |
sei sabes sabe sabemos sabedes saben |
vallo vales vale valemos valedes valen |
caiba caibas caiba caibamos caibades caiban |
ouza ouzas ouza ouzamos ouzades ouzan |
saiba saibas saiba saibamos saibades saiban |
valla vallas valla vallamos vallades vallan |
caber | ouvir | saber | valer |
2.2. dar, dicir, estar, facer, poder, parir, querer
dou dás dá dámos dades dan |
digo dis di dicimos dicides din |
estou estás está estamos estades están |
fago fas fai facemos facedes fan |
podo podes pode podemos podedes poden |
pairo pares pare parimos parides paren |
quero queres quere queremos queredes queren |
dea deas dea deamos deades dean |
diga digas diga digamos digades digan |
estea esteas estea esteamos esteades estean |
faga fagas faga fagamos fagades fagan |
poida poidas poida poidamos poidades poidan |
paira pairas paira pairamos pairades pairan |
queira queiras queira queiramos queirades queiran |
dar | dicir | estar | facer | poder | parir | querer |
3.- Nos dous presentes: haber, poñer, ver
hei has ha - hai habemos - hemos habedes - hedes han |
poño pos pon poñemos poñedes poñen |
vexo |
haxa haxas haxa haxamos haxades haxan |
poña poñas poña poñamos poñades poñan |
vexa vexas vexa vexamos vexades vexan |
haber |
poñer |
ver |
4.- Nos presentes e no copretérito: ir, pór, ser, ter, vir
vou vas vai imos ides van |
poño pos pon pomos pondes pon |
son |
teño tes ten temos tendes -tedes teñen |
veño |
vaia vaias vaia vaiamos vaiades vaian |
poña poñas poña poñamos poñades poñan |
sexa sexas sexa sexamos sexades sexan |
teña teñas teña teñamos teñades teñan |
veña veñas veña veñamos veñades veñan |
ía ías ía iamos iades ían |
puña puñas puña puñamos puñades puñan |
era eras era eramos erades eran |
tiña tiñas tiña tiñamos tiñades tiñan |
viña viñas viña viñamos viñades viñan |
ir |
pór |
ser |
ter |
vir |
5. dicir e facer teñen o futuro de indicativo e o pospretérito irregulares
dicir |
facer |
direi |
farei farás fará faremos faredes farán |
diría |
faría farías faría fariamos fariades farían |
3. Uso do infinitivo persoal (conxugado ou flexionado)
Unha das características do galego-portugués é a de posuír un infinitivo flexionado que é portador dun morfema de persoa
DEBE USARSE:
NON PODE USARSE:
4. Valor dos tempos e modos
1.- O MODO: Expresa a actitude do falante con relación á acción verbal
2.- O TEMPO: o tempo é expresado tamén polos adverbios...
2.1.- Presente de Indicativo. Coincidencia co momento actual
2.2.- Copretérito (pretérito imperfecto) de indicativo. Coincidencia cun momento do pasado (un adverbio ou outro verbo)
2.3.- Pretérito (pretérito perfecto). Un feito pasado máis ou menos afastado (non precisa referente)
2.4.- Antepretérito (pretérito pluscuamperfecto). Un feito pasado con relación a outro tamén pasado -non con respecto ao momento actual-
2.5.- Futuro de Indicativo. Feito que aínda non sucedeu no momento actual
2.6.- Pospretérito (Condicional / futuro hipotético). Feito futuro con relación a un tempo pasado
2.7.- Presente de Subxuntivo. Coincidencia co momento actual ou co futuro
2.8.- Pretérito (imperfecto) de subxuntivo. Tempo pasado, presente (feito irreal) ou futuro (referente ao pasado)
5. Perífrases verbais
INFINITIVO |
VALOR |
EXEMPLO |
IR+INF. | temporal de futuridade | Vou ir de vacacións a Cuba |
HABER (DE) + INF. | temporal de futuridade | Heivos traer algo de Sarria |
modal obrigativa | Has (de) facer o que ela che pida | |
modal hipotética (probabilidade) | Ha de haber seis meses que a vin | |
HABER (pretérito) (DE)+INF. | temporal de futuridade inmediata | Houben caer ao chan |
HABER (QUE) + INF. | modal obrigativa | Hai que portarse mellor |
QUERER + INF. | temporal de futuridade inmediata | Mira, quere chover |
TER QUE/DE + INF. | modal obrigativa | Tes que/de saír cedo |
DEBER (DE) + INF. | modal obrigativa | Debe (de) mellorar para aprobar |
modal hipotética (probabilidade) | Aquí debe virir un gaiteiro | |
PODER + INF. | modal hipotética (probabilidade) | Pode mellorar o tempo |
ESTAR A + INF. | aspectual imperfectiva (durativa) | Están a facer o AVE |
aspectual de futuridade inmediata | Aínda non ver, mais está a chegar | |
ESTAR PARA + INF. | aspectual de futuridade inmediata | Xa están para rematar os obras |
ANDAR PARA + INF. | aspectual de futuridade inmediata | María anda para ter un pícaro |
ANDAR A +INF. | aspectual imperfectiva (durativa) | Andan a facer unha ponte |
SER A + INF. | aspectual imperfectiva (durativa) | Todos eran a querer saír por alí |
ESTAR A + INF. | aspectual imperfectiva (durativa) | Estamos a ter mala sorte |
LEVAR A + INF. | aspectual imperfectiva (durativa) | Leva a traballar desde as seis |
SEGUIR A + INF. | aspectual imperfectiva (durativa) | Seguía a orballar |
IR A + INF. | aspectual imperfectiva (durativa) | Sempre vai a correr polo xornal |
VIR A + INF. | aspectual imperfectiva (durativa) | Veño a ler un libro diario |
aspectual terminativa | Por fin veu a saberse a verdade | |
CHEGAR A + INF. | aspectual terminativa | Chegarás a facer unha boa obra |
ACABAR POR + INF. | aspectual terminativa | Acabei por entrar dentro |
ACABAR DE + INF. | aspectual perfectiva | Acabo de apagar o móbil |
DEIXAR DE + INF. | aspectual perfectiva | Deixa de te queixares |
VIR DE + INF. | aspectual perfectiva | Veño de acabar Matemáticas |
BOTAR(SE) A + INF. | aspectual incoativa (ingresiva) | Botouse a chover ás doce en punto |
COMEZAR/EMPEZAR A + INF. | aspectual incoativa (ingresiva) | Comezou a dicir parvadas e marchamos |
DAR EN + INF. | aspectual incoativa (ingresiva) | Deu en ler novelas de Xosé Ramón Pena |
ROMPER A + INF. | aspectual incoativa (ingresiva) | O caldeiro do polbo rompeu a ferver |
SOLTARSE A + INF. | aspectual incoativa (ingresiva) | Soltouse a falar moi noviña |
POR/POÑER(SE) A + INF. | aspectual incoativa (ingresiva) | Púxenme a contar ovellas |
VOLVER (A) + INF. | aspetual reiterativa | Se mo volves contar igual, créote |
XERUNDIO |
VALOR |
EXEMPLO |
ESTAR + XER. | aspectual imperfectiva (durativa) | Estamos sendo os mellores |
ANDAR + XER | aspectual imperfectiva (durativa) | Andan pintando a garaxe |
SEGUIR + XER. | aspectual imperfectiva (durativa) | Segue saraibando |
LEVAR + XER. | aspectual imperfectiva (durativa) | Levo conducindo desde a mañá |
IR + XER. | aspectual imperfectiva (durativa) | Sempre vou conducindo eu |
VIR + XER. | aspectual imperfectiva (durativa) | Veño lendo un libro á semana |
PARTICIPIO |
VALOR |
EXEMPLO |
DAR + PART. | aspectual perfectiva | Non deu lido o libro para o exame |
LEVAR + PART. | aspectual perfectiva | Xa levo lidos tres libros |
TER + PART. | aspectual perfectiva | Cando chegue xa teño acabado ben |
aspectual reiterativa | Eu xa teño estado alí |
Dependendo do libro de texto ou do profesor/a utilízanse terminoloxías diferentes (nos exames de acceso á Universidade, probas de acceso a ciclos, etc. admítense todas sempre que estea ben analizado).
Escoller a opción A ou B e non mesturar as dúas
OPCIÓN A: baseada na frase e na cláusula (espazo Abalar, Xunta de Galicia)
Frase: substantiva, adxectiva, adverbial, nominal, preposicional
Cláusula: núcleo verbal. Funcións sintácticas: suxeito, atributo, complemento directo, complemento indirecto, complemento circunstancial, suplemento, complemento predicativo
Tipos de cláusulas: simple e complexa. Complexa subordinada: substantiva, adxectiva, adverbial
Oración: bipolar (adversativa, condicional, causal, concesiva, consecutiva, comparativa) e coordinada (copulativa e disxuntiva)
Cláusulas segundo o predicado: atributiva e predicativa (activa -transitiva, intransitiva, impersoal- e pasiva)
OPCIÓN B: baseada no sintagma e a oración
Sintagma: nominal, adxectival, verbal, adverbial, preposicional
Enunciado: frase e oración
Oración: suxeito e predicado. Funcións sintácticas: suxeito, atributo, CD, CI, CC, CPVO, suplemento.
Oracións polo significado (aseverativa, exclamativa, desiderativa, imperativa, interrogativa), polo verbo (atributiva e predicativa -activa e pasiva: transitiva, intransitiva, reflexiva, recíproca-), segundo o suxeito (persoal e impersoal), pola estrutura (simple e composta).
Oración composta: xustaposta, coordinada (copulativa, disxuntiva, adversativa, distributiva, explicativa) e subordinada (substantiva, adextiva, adverbial -tempo, lugar, modo, cantidade, condicional, causal, comparativa, concesiva, consecutiva, final-).
1. A FRASE
1. Frase substantiva. O núcleo é un substantivo e todo o que non é núcleo chámase modificador. Ex: pombas brancas // neno feliz.
2. Frase adxectiva. O núcleo é un adxectivo e todo o demais é o modificador. Para que exista frase adxectiva unicamente é necesaria a presenza dun adxectivo. Ex: branco azulado // grande abondo.
3. Frase adverbial. O núcleo é un adverbio e as palabras ou frases que empreguemos para ampliar a información sobre el desempeñarán a función de modificador. Ex. moi lonxe // ben cerca.
4. Frase nominal. Está formada por un substantivo (ou un pronome que o substitúe) pero, a diferenza da frase nominal, necesita ademais que a inicie un artigo ou un adxectivo determinativo (demostrativos, posesivos, indefinidos, numerais, relativos, interrogativos ou exclamativos).
O substantivo cumpre a función de nominal e o outro elemento é o determinante. Ex: este neno // a nena.
5. Frase preposicional. Está formada por unha preposición; non obstante, este elemento indispensable non é suficiente senón que tamén é precisa a existencia dun segundo elemento, que pode ser de calquera tipo.
A preposición sempre desempeña a función de enlace ou relator (porque serve para unir ou enlazar o que está despois dela coa parte que a precedía) e o elemento que vén a seguir é o termo.
En
un libro de aventuras, a preposición de serve para unir (enlazar) os elementos libro e aventuras.
Hai frases simples (as vistas ata agora) e frases compostas que conteñen no seu interior outra frase. Ex: os libros (simple) // os libros de galego (composta)
2. A CLÁUSULA
A unidade sintáctica superior á frase é a cláusula.
A cláusula esixe a presenza dun núcleo verbal que actua como predicado. Ex: chove // eu cheguei con tempo
Funcións sintácticas dentro da cláusula que completan o significado do predicado (complementos verbais):
1. Suxeito (SUX). Indica o elemento que realiza a acción sinalada polo predicado. O suxeito concorda en xénero e número co verbo. Ex: o Aldán chora moi pouco // os nenos xogan moito na gardería.
O suxeito pode estar explícito (o Roi ri moito), estar implícito ou elidido (ri moito). Tamén hai cláusulas impersoais, non hai suxeito (Ex: chove moito // nunca nevou tanto). E mesmo hai construcións impersoais reflexivas: en terceira persoa e co pronome persoal se (Ex: aínda non se vendimou todo o viño).
2. Atributo (ATRIB). Complemento que aparece cos verbos copulativos ser, estar, parecer, semellar. Ex: o Aldán está cansiño // o inverno é moi longo.
3. Complemento directo (CD). Sobre el recae a acción verbal mais non a proagoniza. Ex: o Aldán comeu unhas uvas // intenteino moitas veces // non as vin. Ao volver a cláusula á pasiva o CD resulta ser o suxeito (Ex: hoxe non estudei galego // o galego non foi estudado por min hoxe).
Os verbos transitivos esixen complemento directo, os intransitivos non o admiten. Ex: aínda non collín o ordenador // mañá saio cedo do instituto.
4. Complemento indirecto (CI). Indica o beneficiario ou destinatario da acción verbal. Cando non é un pronome persoal vai introducido por a ou para. Ex: o Aldán mercou uns caramelos para a súa avoa // os rapaces ofreceron o seu trofeo aos adestradores.
5. Complemento circunstancial (CC). Complementa ou modifica a acción verbal expresando o lugar, tempo, cantidade, compañía, etc. Responde ás preguntas cando? onde? canto? como? etc. Ex: onte saín moi cedo -CC tempo-// inauguraron un novo parque en Marín -CC lugar- // conduce con coidado -CC modo-.
6. Complemento predicativo (CPVO). É unha frase adxectiva (substantiva) que concorda co SUX ou co CD. Ex. hoxe chegamos cansos // a festa deixou os nenos desfeitos. Pode confundirse co ATRIB ou co CC modo. Ex: os rapaces están cansos (ATRIB, verbo estar) // as rapazas quedaron cansas (CPVO) // as nenas aprenderon rápido (CC modo: non concorda co SUX).
7. Suplemento (SUPL). É unha frase preposicional esixida polo verbo para completar o seu signficado. Pode confundirse co CD pero o verbo neste caso esixe unha preposición concreta (falar de, precisar de...). Ex: onte falaron de balonmán // lémbrate do móbil.
Cláusulas segundo a estrutura:
-Simples: un só predicado cos seus complementos
-Complexas: máis de un predicado.
a) Cando un predicado se inclúe dentro de outro a cláusula é subordinada.
Hai tres clases de complexa subordinada:
1. Subordinada substantiva: a subordinada cumpre a mesma función que un substantivo na cláusula (SUX, ATRIB, CD, CI, PVO, SUPL). Normalmente van introducidas por que. Ex: dixo que chegaría tarde (CD) // que gañase hoxe non quere dicir nada (SUX).
2. Subordinada adxectiva ou de relativo: vai introducida por un relativo e desempeña a mesma función que un adxectivo. Ex: o coche que viches é o meu // a alumna que marchou aprobou todo.
3. Subordinada adverbial: desempeña a mesma función que o CC nunha cláusula (modo, tempo, lugar, etc.) Ex: marcha cando queiras (tempo) // faino como queiras (modo).
b) Cando os predicados teñen unha relación ao mesmo nivel falamos de oracións, unidades superiores á cláusula: bipolares e coordinadas
1. Oracións bipolares: hai unha relación de interdependencia entre as cláusulas, unha non pode existir sen a outra.
1.1. Oracións bipolares adversativas. Hai entre elas unha relación de oposición, atenuación, etc. Conxuncións adversativas: mais, pero, porén... Ex: xa chegou pero aínda non a vin.
1.2. Oracións bipolares condicionais. Expresan unha relación de implicación entre dous feitos, de xeito que se supón que o cumprimento de un deles (condicionado) depende do cumprimento do outro (condicionante). Conxuncións condicionais: se, como, con tal que, de (+ inf.), etc. Ex: se bebe non conduza.
1.3. Oracións bipolares causais. Transmiten unha relación de causa e efecto nas cales o nexo introduce o efecto. Conxuncións causais: como, xa que, posto que, porque, etc. Ex: como moitos legumes porque me gustan.
1.4. Oracións bipolares concesivas. Conxuncións concesivas aínda que, a pesar de que ... Unha indica un feito que non impide que se cumpra a outra. Ex: vouno facer aínda que te enfades.
1.5. Oracións bipolares consecutivas. Conxuncións consecutivas: conque, de maneira que, de xeito que... Expresan a consecuencia como resultado dunha situación detallada como antecedente. Ex: púxose tan alterada que marchamos axiña.
1.6. Oracións bipolares comparativas. Entre as dúas cláusulas establécese unha relación de contraste ou comparación. A comparación pode ser de igualdade, de superioridade e de inferioridade. Ex: leu tantos libros como puido conseguir.
2. Oracións coordinadas: as cláusulas manteñen unha relación de coordinación; pode existir unha sen a presenza da outra, a diferenza das bipolares.
2.1. Oracións coordinadas copulativas. A relación establecida transmite a idea de acumulación, sucesión ou concatenación. Conxuncións copulativas: e, nin, e mais, mais. Ex: comeron algo e xa marcharon.
2.2. Oracións coordinadas disxuntivas. A relación establecida transmite a idea xeral de elección entre dúas ou máis ideas propostas. Conxunción disxuntiva: ou. Ex: podes entrar por Marín ou acceder por Vialaboa.
Cláusulas segundo a natureza do predicado.
1. Atributivas. Teñen un predicado nominal (ser, estar, parecer e semellar), e un complemento que cualifica o suxeito. Ex. o Aldán é moi agudo.
2. Predicativas. Teñen un predicado verbal. Tipos: activas e pasivas.
2.1. Activas: as que non son pasivas, verbo en voz activa.
***2.1.1. Transitivas:
2.1.1.1. Propias: o verbo esixe un CD para completar o significado. Ex. onte vendín un móbil vello.
2.1.1.2. Reflexivas: o suxeito realiza e tamén recibe a acción expresada polo verbo (coinciden o SUX e o CD). Ex: o Aldán peitéase sempre moi cedo.
2.1.1.3. Recíprocas: hai varios suxeitos e cada un realiza a acción sobre os outros. Ex: Manolo e María quérense moito.
***2.1.2. Intransitivas: o verbo non admite un CD. Ex: onte saín cedo.
***2.1.3. Impersoais: sen suxeito. Tipos:
2.1.3.1. Os verbos impersoais (fenómenos atmosféricos...). Ex: moito nevou onte
2.1.3.2. Haber, ir, facer en 3ª persoa de singular. Ex: hai que sufrir moito nesta vida
2.1.3.3. Construcións impersoais reflexivas que se constrúen sempre en terceira persoa e levan o pronome persoal se. Ex: alúgase coche de segunda man.
2.2. Pasivas: verbo en voz pasiva.
2.2.1. Construídas con ser + participio. Ex: o xogador foi expulsado polo cuarto árbitro.
2.2.2. Pasiva reflexa ou impersoal: se + verbo en 3ª persoa concordando co suxeito. Ex: alí traficouse con droga.
3. ENUNCIADO
O enunciado considera as intencionalidades do discurso e analiza os valores comunicativos. Posúe autonomía funcional, expresa sempre unha idea completa e posúe un sentido pleno. O enunciado pode ser unha palabra, unha frase, unha cláusula ou unha oración. Tipos:
Afirmativo e negativo. Os máis comuns. Ex: xa chegou // aínda non chegou.
Aseverativo ou enunciativo. Ex: as vacas comen herba.
Interrogativo. Unha pregunta. Ex: cando vai volver?
Desiderativo ou optativo. Un desexo. Ex: ogallá chova pronto!
Imperativo. Unha orde ou mandado. Ex: pechade os libros!
Exclamativo. Sentimentos, emocións. Ex: síntoo moito!
Dubitativo. Algo dubidoso ou probable. Ex: tal vez chova pronto.
**********
1. SINTAGMA
Os sintagmas son unidades sintácticas formadas por palabras que se comportan de maneira conxunta dentro doutra unidade superior, que desempeñan unha función sintáctica na oración.
Sintagma: núcleo e adxacentes (determinante, modificador). Ex: un neno grande // o pequeno Aldán.
1- (S.N.) Sintagma nominal: o núcleo é un substantivo, unha palabra substantivada ou un pronome. Ex: o coche vermello // ese azul precioso // nós mesmos.
Poden desempeñar a función de suxeito -as ovellas (comen herba)-, complemento directo -(os leóns comen) carne-, complemento indirecto -(dei)lle (unha galleta)-, adxacente -(Pondal), o poeta, (naceu alí)-, atributo -(o Aldán é) un rapaz divertido-, vocativo -Aldán, (ven axiña!)-, complemento circunstancial -(anda con) xeito!-
2- (S.V.) Sintagma verbal: o núcleo é un verbo e funciona como predicado. Ex: (Aldán) xoga coa pelota // está ben // comeu unha mazá.
3- (S.Adx.) Sintagma adxectival: o núcleo é un adxectivo. Ex: (Aldán está) moi feliz // (Aldán corre) demasiado rápido
Pode desempeñar a función de adxacente dun substantivo -(xoguete) moi divertido-, atributo -(Aldán está) contento-, complemento predicativo -(traballo) contento (alí)-
4- (S.Adv.) Sintagma adverbial: o núcleo é un adverbio. Funciona como complemento circunstancial: Ex: (O Aldán vive) lonxe de Galicia // (marcharei) despois das catro.
5- (S.Prep.) Sintagma preposicional: o 1º elemento é o relator –enlace- (preposición) seguido do termo (un S.N. ou un S.Adv.). Ex: (o Aldán xa saíu) de Medina // (o avó) do Aldán.
2. ENUNCIADO
O Enunciado é a unidade mínima de comunicación que permite transmitir unha mensaxe. Hai dous tipos:
1. A Frase: é un enunciado que non ten verbo. Pode ser:
2. A oración: é un enunciado con verbo en forma persoal. Pode ser:
-Oración simple: só un verbo. Ex: hoxe non chove nada.
-Oración composta: máis dun verbo. Ex: onte choveu, pero escampou e hoxe xa está de sol.
3. ORACIÓN
Funcións sintácticas. Os sintagmas desempeñan diferentes funcións dentro da oración. O suxeito e o predicado son os elementos principais da oración
-Suxeito (SUX): informa quen realiza, causa ou padece a acción do verbo. Ex: o Roi come moi ben.
O suxeito pode estar explícito (aparece na oración), implícito ou elidido (sobreenténdese) e indeterminado (non está determinado, non se coñece). Ex: a Maia é moi lista -explícito- // non xoguei co Roi (eu) -implícito- // roubaron no supermercado -indeterminado-.
Na oración pasiva hai un suxeito axente (aquel que realiza a acción do verbo) e un suxeito paciente (o que recibe ou padece a acción realizada polo axente). Ex. o libro (paciente) foi lido polos alumnos (axente).
-Predicado: o núcleo é o verbo. Predicado nominal (núcleo un verbo copulativo: ser, estar, parecer, semellar) e predicado verbal (verbo non copulativo). Ex: o lobo é moi feroz (nominal) // o lobo comeu unha ovella (predicativo).
Atributo: aparece no predicado de oracións con verbos copulativos (ser, estar, parecer, semellar) e atribúe unha propiedade ou característica ao suxeito. Ex: o ferido está mal // o tempo é variable.
Complemento directo (CD): recibe directamente a acción dun verbo transitivo. Ao pasar a oración á pasiva o CD pasa a ser suxeito paciente. Ex: as ovellas comen herba (en pasiva: a herba é comida polas ovellas).
Complemento indirecto (CI): sobre el recae a acción do verbo de forma indirecta (a quen/que, para quen). Ex: María botou esterco ás plantas. O CI pode aparecer como duplicado (pronome + sintagma): María botoulle esterco ás plantas.
Complemento circunstancial (CC): informa das circunstancias nas que se realiza a acción verbal. Tipos: lugar, tempo, modo, causa, finalidade, compañía, materia, cantidade... Ex: Irei ao cine co Aldán -compañía- // irei ao cine na Coruña -lugar-
Complemento predicativo (CPVO): sintagma adxectival (ou nominal) similar a un atributo ou complemento circunstancial de modo, concorda en xénero e número co SUX ou o CD. Ex: quedaron parvos con iso // respondeu nervioso ás cuestións.
Suplemento (complemento de réxime): vén esixido polo verbo que pide unha preposición concreta cando queremos engadir un CD ou CI. Ex: falou mal de ti // confía sempre en min
***Consellos para analizar os elementos dunha oración: suxeito, núcleo do predicado, complemento directo, suplemento, complemento indirecto, complemento circunstancial, complemento predicativo, axente da pasiva, pronome de solidariedade, pronome de interese.
1.- Procuramos o suxeito, (quen? realiza a acción verbal) que ha de concordar co verbo. En moitos casos estárá oculto (elidido) e hai verbos impersoais . O sol sae por alí. Chove moito
2.- Predicado
--2.2.- Se é un verbo copulativo (atributivo) -ser, estar, parecer, semellar- procuramos o atributo: Aldán está canso
--2.3.- O verbo é predicativo (resto dos verbos)
***2.3.1.-Se o verbo é transitivo ha de levar complemento directo (que?). Se temos dúbidas de cal é o complemento directo podemos volver a frase a pasiva e o complemento directo resultará suxeito. Exemplo: onte vinte na rúa = onte ti fuches visto por min na rúa. En moitos casos o complemento directo é un pronome persoal.
***2.3.2.- Se observamos que o verbo esixe (nese significado) un sintagma preposicional teremos un suplemento: o can bebía no leite
***2.3.3.- Procuramos o complemento indirecto (a quen? para quen?) nos verbos intransitivos (non é obrigatorio) e tamén o podemos atopar nos transitivos acompañando o complemento directo. En moitas oracións atoparemos un complemento indirecto duplicado, un pronome átono e outro sintagma: deilles o mando aos meus pais.
***2.3.4.- O verbo é predicativo mais encontramos un adxectivo ou similar nunha función semellante ao atributo dos verbos copulativos..., estamos diante dun complemento predicativo (que podemos confundir cun complemento circunstancial de modo): María quedou parada alí.
--2.4.- Procuramos o complemento circunstacial (cando? onde? como? canto?; adverbios, sintagmas preposicionais...): tempo, lugar, modo, cantidade...
--2.5.- Se nos quedan pronomes persoais átonos que non son complemento directo nin indirecto, poderán ser de solidariedade ou interese (propios da lingua falada). O pícaro non che me come nada estes días.
--2.6.- Se a oración está en pasiva (ser+participio), podemos encontrar o axente de pasiva (encabezado pola preposición por): Aldán non foi educado polos avós.
2.7.- Valores de SE (me,te,se,nos,vos,se). Resume.
- Reflexivo: é complemento directo. A acción que realiza o suxeito recae sobre el mesmo. O can lámbese. Pode ser nalgún caso complemento indirecto: preguntouse a razón diso.
- Recíproco: con suxeito múltiple. A acción que realiza cada un recae sobre os demais. Antón e Helena quérense. Maia e Aldán mándanse correos.
- Compoñente verbal: en verbos que esixen o pronome, forma parte do verbo. Raquel queixouse da cabeza.
- Na pasiva reflexa, impersoal. Aínda non se recolleu o millo.
Modalidades de oracións
0.- Modalidades de oracións polo significado.
0.1. Aseverativas (enunciativas ou declarativas): expresan ou informan dun feito ou pensamento obxectivo. Poden ser afirmativas ou negativas. Ex: onte vin o partido // non atopei o móbil na cociña // é un vídeo interesante // a min non me gusta a pizza.
0.2. Exclamativas: expresan emocións ou sentimentos como dor, ledicia, sorpresa... Ex: canto o sinto! // eu non quero vivir así! // este ano vou aprobar si ou si!
0.3. Moi similares ás anteriores son as desiderativas ou optativas: expresan un desexo en ton exclamativo. Ex: ogallá mellore a túa nai! // quen me dera convosco voar! // que che vaia ben na vida, meu!
0.4. Interrogativas: úsanse para facer preguntas e acostuman empezar por un pronome interrogativo. Ex: onde deixaches o móbil? // cantas horas lle dedicas a diario ás redes sociais?// ti como preparas os exames de Educación Física?
0.5. Imperativas ou exhortativas: expresan unha orde, un mandado, unha prohibición. Tamén similares ás exclamativas. Ex: non me volvas coller o móbil sen permiso! // deixa xa de fuchicar na tableta! // facedes os deberes agora mesmo!
1. Modalidades de oracións polo verbo.
1.1- Atributiva (copulativa): o sintagma verbal é un verbo copulativo -ser, estar, parecer, semellar- e os seus atributos. Ex: o Aldán é traballador // o Aldán está canso // o Aldán semella divertido hoxe.
1.2- Predicativa: o núcleo do predicado é un verbo predicativo -non atributivo, todos menos ser, estar, parecer, semellar-. Ex: onte o Aldán comeu caldo // mañá o Aldán irá a Burgos.
Nas oracións predicativas podemos diferenciar:
1.2.1- Activa: un suxeito axente que realiza, preside, controla a acción. Ex: o neno comeu legumes // o can caeu no río.
1.2.1.1- Transitiva: leva un CD porque o verbo (transitivo) o precisa para completar o seu significado. Ex: o Aldán deume unha galleta // escribinlle un correo ao Aldán.
1.2.1.2- Intransitiva: non leva CD porque o verbo (intransitivo) non o admite. Ex: o Aldán dorme moito // o cativo saíu cedo do colexio.
1.2.1.3- Reflexiva: leva un verbo reflexivo -a acción do verbo recae sobre o mesmo suxeito-. Ex: o Aldán bañouse no Ebro // o Aldán non se mira ao espello moito.
1.2.1.4- Recíproca: leva un verbo recíproco no que as accións do verbo son mutuas entre dous suxeitos. Ex: o Roi e o Aldán abrazáronse coma primos // a Maia e o Aldán non se enfadaron nunca.
1.2.2- Pasiva: ten o verbo en voz pasiva (ser+participio ou pasiva reflexa) e un suxeito paciente -recibe, padece, recae nel, a acción do verbo en lugar de realizala-. Ex: ese exercicio xa lle foi recomendado ao Aldán polo adestrador // nunca algo similar fora visto na nosa casa.
2. Modalidades de oracións polo suxeito:
2.1- Persoal: teñen un suxeito. Pode ser un suxeito explícito -presente- Ex: o Aldán xoga co camión; ou un suxeito implícito (non explícito). Ex: non xogou co tren.
2.2- Impersoal: levan un verbo impersoal -sen suxeito ou que non pode determinarse o suxeito- en terceira persoa. Ex: en Medina de Pomar neva ás veces // hoxe hai algo de néboa.
3. Modalidades de oracións pola estrutura:
3.1- Unimembre: non pode dividirse en suxeito e predicado. Poden ser frases sen verbo. Ex: bo día! // ata mañá! // moi ben! Ou poden ser oración impersoais. Ex: choveu pouco // vai frío.
3.2- Bimembre: ten dous membros, suxeito e predicado. Ex: as vacas teñen cornos // as cabras tiran ao monte.
As oracións compostas
1.- Xustapostas: non hai nexo, están separadas por unha pausa ou coma. Ex: chegaron as nubes, mañá chove // hoxe vou sobrada, non preciso axudas // chegaron as vacacións, esquezamos os libros .
2.- Coordinadas. Están unidas por conxuncións coordinantes, cada unha das oracións ten sentido completo e é sintacticamente independente.
2.1. Coordinadas copulativas: oracións independentes unidas polos nexos e, mais, nin, que que suman, enlazan. Ex: nin o dixen nin o direi // hegou e xa marchou // fíxoo e non se arrepentiu.
2.2. Coordinadas adversativas: unha das oracións corrixe a outra; unidas polos nexos: mais, pero, porén... Ex: tirou el a falta pero fallou // ten que facer moita máis recuperación, porén non perde a ilusión // saíu cedo mais non chegou a tempo.
2.3. Coordinadas disxuntivas: presentan dúas opcións mediante os nexos: ou, ben... Ex: Aldán, recolles ou levas o lixo // ti estudas ou traballas?
2.4. Coordinadas distributivas: distribúen as accións mediante os nexos ben... ben, xa... xa, ... Ex: esa xa ri xa chora.
2.5. Coordinadas explicativas: unha explica a outra mediante os nexos é dicir, ou sexa... Ex: perdeu o tempo, é dicir, non aproveitou nada.
3.- Subordinadas. Nestas oracións compostas unha é a oración principal e outra a oración subordinada que depende estruturalmente da primeira.
A oración subordinada desempeña unha función sintactica dentro da principal. Dependendo desa función poden ser:
3.1. Subordinadas substantivas. Desempeñan as funcións sintácticas propias do substantivo:
3.2. Subordinadas adxectivas ou relativas (nexo relativo: que, cal, quen, cuxo...). Desempeñan a función dun adxectivo:
*2.1. Subordinadas adxectivas especificativas: especifican, restrinxen o significado. Ex: os nenos que non trouxeron a merenda que se poñan a este lado (restrinxe: só os que non trouxeron a merenda se teñen que poñer).
*2.2. Subordinadas adxectivas explicativas: non restrinxen o significado, explican e normalmente van entre comas. Ex: os nenos, que estaban cansos, pediron a merenda (explica que estaban cansos e pediron a merenda todos, non restrinxe)
3.3. Subordinadas adverbiais. Desempeñan as funcións sintácticas propias dun adverbio.
3.3.1.Subordinadas adverbiais en función de complemento circunstancial:
*3.3.1.1. Subordinada adverbial de tempo. Indican unha circunstancia temporal. Nexos: cando, antes de que, asemade, despois de que, mentres... Ex: pecha a porta cando saias // mentres quentas o caldo frega a louza.
*3.3.1.2. Subordinada adverbial de lugar. Indican unha circunstancia espacial. Nexos: onde... Ex: o Aldán puxo as chaves onde lle dixen.
*3.3.1.3. Subordinada adverbial de modo. Indican como se executa a acción. Nexos: como, segundo, consonte... Ex: fai os problemas como mellor che pareza.
*3.3.1.4. Subordinada adverbial de cantidade. Indican unha circunstancia de cantidade. Nexos: canto? Ex: pregunta canto custou iso.
3.3.2. Subordinadas adverbiais que non son complemento circunstancial:
*3.3.2.1. Subordinada adverbial comparativa. Nexos: ca, que, coma, como... Indica comparación de inferioridade, superioridade ou igualdade coa principal. Ex: o Aldán come mellor do eu pensaba.
*3.3.2.2. Subordinada adverbial causal. Nexos: porque, dado que, posto que, xa que ... Indica a causa, a orixe lóxica da principal. Ex: marchei porque estaba cansa.
*3.3.2.3. Subordinada adverbial condicional. Nexos: se, con tal que ... Indica unha condición con respecto á principal. Ex: se bebes non conduzas // irei eu se che parece ben.
*3.3.2.4. Subordinada adverbial consecutiva. Nexos: conque, de maneira que, de xeito que... Indica a consecuencia da principal. Ex: teño fame, así que comerei unha mazá.
*3.3.2.5. Subordinada adverbial concesiva. Nexos: aínda que, a pesar de que ... Indica un feito que non impide que se cumpra a principal. Ex: vouno facer aínda que te enfades.
*3.3.2.6. Subordinada adverbial final. Nexos: para que, a fin de que ... Indica a consecuencia última. Ex: sae xa para chegar con tempo.
2005-2024 |
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional. |