ma

anterior

índice

seguinte

DESCUBERTA (Manuel Antonio, De catro a catro) descuberta é a exploración do horizonte que fan os gavieiros ao nacer e ao poñerse o sol

15º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, o cartafol do vento, a canción, a estrela, a calma, vén agora a descuberta.

Poema descritivo no que predominan os termos referentes a sensacións visuais.

...Quen fechou esta noite o mar (sempre en maiúsculas) pechado, ambiente nocturo
a fiestra azul do Mar? pregunta retórica, sen resposta = desacougo e dúbida
...Este Mar fuxitivo
de tódalas ribeiras Mar incomunicado, afastado da terra
...Náufrago do neboeiro náufrago, desaparecido
que desviou o rumbo desorientado, perdido, á deriva
dos puntos cardinais desorientación, afastamento do ser, que é un náufrago nocturno na travesía da vida

...Ficaron as gaivotas de novo a sensación afastamento e perda como as gaivotas desparecidas, non acompañan o barco
tres singraduras a sotavento singradura: a travesía do barco ou período de navegación de 24 h; sotavento: lado contrario a onde sopra o vento (palabra repetida nos poemas do libro pola falta de vento)
...Desorientáronse os arroaces arroaz: mamífero cetáceo mariño, golfiño, coñecido pola súa faciliade de orientación
...intrusos e impunes impune: que queda sen castigo; que aparecen e desaparecen
Desorientación completa, soidade total

...Hoxe ninguén dá coa relinga relinga: cabo que contorna as velas para aferrar os panos ou as redes de pesca
para aferrar panos do horizonte aferrar os panos: amarrar as velas. Ninguén recollerá as velos do horizonte para que non collan vento
Hoxe non hai ilusións

...E este serán tampouco acción repetida
engaiolaremos o Sol atraparemos o Sol
Imposibilidade total de reacción, de vitalidade (a luz, o Sol)

...O Sol era un paxaro triste metáfora do sol como unha gaivota
que se pousaba no penol. penol: punta da verga do navío
O sol é un simple e afastado espectador, non se pode coller.

Todo o poema é sombrizo, cunha atmosfera de frustración e saudade, sen capacidade de loitar contra a adversidade. O Mar está fechado como a vida individual: soidade. O destino é irremediábel, o Sol ( a vida) foxe.

Trazos da poética máis tradicional:
-Imaxes ligadas á realidade: gaivotas, arroaces.
-Suxeito poético nós: engaiolaremos.

Trazos máis vangardistas:
-As imaxes: tres singraduras a.
-Ausencia de puntuación.
-Ausencia de ritmo.
-Léxico mariñeiro: singradura, sotavento, relinga.

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema na súa versión orixinal:

Descoberta

...Quen fechou esta noite
a fenestra azul d'o Mar?
...Este Mar fuxitivo
de todal-as riveiras
...Náufrago d'o neboeiro
que desviou o rumbo
d'os puntos cardinaes

...Ficaron as gavotas
tres singladuras a sotavento
...Desourentaron-se os arroaces
...intrusos e impunes

...Hoxe ninguén da c'a relinga
pra aferrar panos d'o horizonte

...E este serán tampouco
engayolaremo-lo Sol

...O Sol era un paxaro triste
que se pousaba n-o penol.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010