LECER (Manuel Antonio, De catro a catro) tempo de descanso

16º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, o cartafol do vento, a canción, a estrela, a calma, a descuberta, vén agora o lecer.

...Gaivotas que levan no peteiro a imaxe do paxaro que porta no bico unha carta
as cartas dos mariñeiros namorados aprovéitase para escribir as cartas de amor (tópico)
...Vapores burgueses vapor: barco a vapor que deixa un ronsel de fume; burgueses: con valor económico, fronte aos veleiros tradicionais
que nos ofrecen o remborque do seu fume e pasa rápido; remborque: ronsel de fume que deixa o barco ou axuda que un barco lle presta ao que vén detrás facilitándo manobras
...Pero as nosas velas encalmadas mais as velas do veleiro están en calma
espantan a bandazos personificación das velas
as horas como moscas pesadas, insistentes, non pasa o tempo

...Vigo está tan lonxe o único topónimo no libro, estamos lonxe da terra, da casa
que se desorientaron as cartas mariñas sensación de desorientación (as cartas do inicio, literatura, estas, xeografía)

....Unha pipa máis o fumar en pipa é propio do mariñeiro cando descansa; xa houbo outras, repetición
........................de vagar tempo lento
...deica ver a hora que dá o reloxo tempo que non pasa

...Entra unha fría de vento? un refacho de vento é o único suceso
.................................-Moi ben! ironía

...Enrolarase a pausa tempo detido (futuro)
nas súas espirais repetición, círculo, abismo

...E non sabemos
...(abonda xa de paréntesis) humorismo e paradoxo: o mesmo verso vai entre parénteses
...engadirnos outra volta non hai retorno ao antes da pausa
a todo eso que se nos esqueceu. o que se perdeu no mar, irrecuperábel

Estatismo e quietude total. O lecer é unha pausa da que non se dá saído

Trazos da poética máis tradicional:
-Imaxes ligadas á realidade: gaivotas, vapores.
-Suxeito poético nós: nos ofrecen.

Trazos máis vangardistas:
-As imaxes: as horas como moscas .
-Ausencia de puntuación.
-Ausencia de ritmo.
-Disposición tipográfica: de vagar.
-Humor: parénteses.

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema na súa versión orixinal:

Lecer

...Gavotas que levan n-o peteiro
as cartas d'os mariñeiros namorados
...Vapores burgueses
que nos ofrecen o remborque d'o seu fume
...Pero as nosas velas encalmadas
espantan a bandazos
as horas como moscas
...Vigo está tan lonxe
que se desourentaron as cartas mariñas
....Unha pipa mais
........................de vagar
...deica ver a hora que da o reloxe

...Entra unha fría de vento?
.....................................-Moi ben!
...Enrolará-se a pausa
n'as suas espirais
...E non sabemos
...(abonda xa de paréntesis)
...engadir-nos outra volta
a todo eso que se nos esqueceu.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010