1.- Significado da frase. |
1. Indicar cal das tres solucións significa o mesmo que a resaltada
1. Por levar esa vida anda á miñoca o Pedro.
SOLUCIÓN |
2. Se o vexo, vou ter unhas palabras con el.
SOLUCIÓN |
3. Agarda, que vou facer de corpo e xa volvo.
SOLUCIÓN |
4. Paréceme que a ese lla van armar con queixo se non se move.
SOLUCIÓN |
5. Hoxe o André está que non lle colle un grao de millo no cu.
SOLUCIÓN |
6. A D. Afonso, desta vez saíulle a burra capada.
SOLUCIÓN |
7. Cando escoitei iso, dixen coa miña lingua pequena: vai haber barullo.
SOLUCIÓN |
8. Sabedes o que me contestou? Pois: xa se meteu o demo a predicador.
SOLUCIÓN |
9. Parece que o seu avogado está decidido a tirar da manta.
SOLUCIÓN |
10. Que fai? Pois, ultimamente, anda aos grilos.
SOLUCIÓN |
11. Amigo, penso que con eses métodos vas mallar en ferro frío.
SOLUCIÓN |
12. Non hai que lle facer, é un Xan debaixo da cama.
SOLUCIÓN |
13. A Andrea pretende meterme os dedos polos ollos.
SOLUCIÓN |
14. Se fallas, vaiche caer o pelo.
SOLUCIÓN |
15. Sempre anda a lavarlle a cara a D. Rosendo.
SOLUCIÓN |
16. O mellor vai ser dar sebo aos pés.
SOLUCIÓN |
17. Esquece ese asunto, que sería botarlle aceite ao lume.
SOLUCIÓN |
18. Púxose coma un pito ao saír da escola.
SOLUCIÓN |
19. A ese vanlle calcar as costelas un día destes.
SOLUCIÓN |
20. Veña, que xa me comeza a ladrar o estómago.
SOLUCIÓN |
21. Parece mentira, déitase coas galiñas e anda cheo de sono.
SOLUCIÓN |
22. Vaia, xa botaches a lingua a pacer!
SOLUCIÓN |
23. Se queres conseguir algo del, has de lle untar o carro.
SOLUCIÓN |
24. Pronto me decatei de que María lle enchía o ollo a Martiño.
SOLUCIÓN |
25. Meu avó estaba sempre coas esporas postas mentres viviu alí.
SOLUCIÓN |
2. Cada locución da primeira columna corresponde á explicación da segunda. Ordenalas
1. Saír a fume de carozo. 2. Non ter unha fala máis alta que outra. 3. Escoller como en peras. 4. Polos bois antes do carro. 5. Asar a manteiga na punta dun guizo. 6. Dar coa porta nos fociños. 7. Dar couces contra o aguillón. 8. Esas son fabas contadas. 9. Ser un cu de mal asento. 10. Entre o coiro e a carne. 11. Botar os fígados. 12. Verlle as orellas ao lobo. 13. Andar coa mosca tras da orella. 14. Dar unha no cravo e outra na ferradura. 15. Facerlle a cama a alguén.
|
1. Tentar facer algo imposíbel. 2. Elixir o que se queira e como se queira. 3. Despedir de má maneira. 4. Non acougar en ningures. 5. Saír o máis rápido que se pode. 6. No máis vivo, no que máis doe. 7. Ver os perigos, os males de algo. 8. Facer algo moi á présa, antes do debido. 9. Preparar todo para que algo lle saia mal. 10. Non alterarse por nada, ser comedido. 11. Ir mesturando o bo e o mao. 12. Estar desconfiado, temendo algo. 13. Obstinarse con algo imposíbel. 14. Tratarse de algo que escasea moito. 15. Traballar ou esforzarse demasiado.
|
3. Indicar o significado das locucións
4. Indicar o significado da locución remarcada
5.-Completar os seguintes proverbios coa palabra correspondente da columna dereita
|
Que é unha cousiña cousa que está se hai sol e, se non hai sol non está?
SOLUCIÓN |
Verde por fóra e rubia por dentro, e moitas negriñas no doce centro
SOLUCIÓN |
Unha vella cun só dente, chama a toda a súa xente.
SOLUCIÓN |
Teño catro pés e non son animal; bríllanme os ollos na noite e sen beber non podo andar
SOLUCIÓN |
Que cousiña será para adiviñar, que ten orellas coma o gato, pés coma o cato, rabo coma o gato, ollos coma o gato e gato non é?
SOLUCIÓN |
Ten lombo e non anda, follas ten e non é planta, sabe moito e nada fala
SOLUCIÓN |
Ten barbas e home non é, ten dentes e non pode comer
SOLUCIÓN |
Son moi fermoso por diante e moi feo por detrás; cambio a cada instante e arremedo aos demais
SOLUCIÓN |
Que cousiña é que se pon na mesa, córtase, repártese e non se come?
SOLUCIÓN |
Unha saba branca, sen algodón, que cobre o mundo e o río non
SOLUCIÓN |
Que cousiña é que nunca se pode tocar coa man esquerda?
SOLUCIÓN |
Por un carreiriño moi mal empedrado, ando e non me mollo e sempre vou mollado
SOLUCIÓN |
Que cousiña será que por moito que lle dea o sol nunca enxoita a verás.
SOLUCIÓN |
Que será unha cousiña cousa que pasa polo río e non se molla e pasa polo lume e non se queima?
SOLUCIÓN |
Longo como un camiño, torto coma un fouciño e corre coma un canciño
SOLUCIÓN |
Do tamaño dunha cazola e ten ás e non voa
SOLUCIÓN |
De que hai que encher un pucheiro para que pese menos que baleiro?
SOLUCIÓN |
Cen e cen fillos ten e todos a leite os mantén
SOLUCIÓN |
Que cousiña é que canto máis lle poñen máis pequena é e canto máis lle sacan, máis grande é
SOLUCIÓN |
Anda e non ten pés, come e non ten boca, canta comida lle dan toda lle parece pouca
SOLUCIÓN |
A miña amiga e mais eu andamos a un compás, coas pernas para adiante e os pés para atrás.
SOLUCIÓN |
En débeda con: ¿Que cousa é cousa?..., Paco Martín, Ed. Galaxia.
2005-2012 |