ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

3. Indicar o significado das locucións

Dáse unha posíbel explicación, pode haber outras.

  1. Implicarse todo o posíbel.

  2. Perder moito sangue.

  3. Atopar unha excelente oportunidade.

  4. Ser moi aberto e franco.

  5. Deixar no mellor do asunto.

  6. Comer ben, de todo.

  7. Entrar sen pagar.

  8. Mudar facilmente de opinión.

  9. Marchar sen se atrever a retrucar.

  10. Marchar sen se atrever a retrucar.

  11. Vivir sen facer nada.

  12. Desconfiar.

  13. Falar moito e facer pouco.

  14. Andar con moito coidado.

  15. Estar embarazada.

  16. Namorar.

  17. Burlarse.

  18. Estar moi cómodo.

  19. Ser moi listo.

  20. Aínda que non se diga, séntese moito.

 

  1. Pór toda a carne no espeto.

  2. Sangrar como un carneiro.

  3. Ver o ceo aberto.

  4. Levar o corazón na man.

  5. Deixar co mel nos beizos.

  6. Ter bo dente.

  7. Entrar de gorra nun sitio.

  8. Ir cos da feira e volver cos do mercado.

  9. Saír coas orellas gachas.

  10. Marchar co rabo entre as pernas.

  11. Vivir de moca.

  12. Andar coa area no zoco.

  13. Cacarexar e non pór o ovo.

  14. Andar con pés de la.

  15. Estar en estado interesante.

  16. Facerlle as beiras a alguén.

  17. Facerlle a figa a alguén.

  18. Estar como peixe na auga.

  19. Ser agudo como un allo.

  20. A procesión vai por dentro.

 

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com