ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 5. O verbo 2. Vir, ver, ter, ser


  1. Bótame unha man, non ves que veño moi cargado.

    Bótame unha man, non ... que ... moi cargado.

  2. Ti non es moi rápido, tes que practicar máis.

    Ti non ... moi rápido, ... que practicar máis.

  3. Iso é difícil de conseguir, hai que o ter moi en conta.

    Iso ... difícil de conseguir, hai que o ... moi en conta.

  4. Onte vin a carreira de coches, que para iso vin a esta cidade.

    Onte ... a carreira de coches, que para iso ... a esta cidade.

  5. Dille que veña por aquí aínda que sexa tarde.

    Dille que ... por aquí aínda que ... tarde.

  6. Cando o vexas dille que teña moito coidado, porque está todo acabado de pintar.

    Cando o ... dille que ... moito coidado, porque está todo acabado de pintar.

  7. Daquela viña todos os días á miña casa e contábame uns contos que tiñan moita graza.

    Daquela ... todos os días á miña casa e contábame uns contos que ... moita graza.

  8. Aínda que o vise/vexa diante, non o recoñecería, a non ser que veña/viñese contigo.

    Aínda que o ... diante, non o recoñecería, a non ser que ... contigo.

  9. Se non o vise con estes ollos, non o crería, por moi certo que fose.

    Se non o ... con estes ollos, non o crería, por moi certo que ...

  10. Cando cheguei, xa el viñera aquí dúas veces e antes tivera que pasar pola túa casa.

    Cando cheguei, xa el ... aquí dúas veces e antes ... que pasar pola túa casa.

  11. Xa virei cando poida, hoxe teño moito que facer.

    Xa ... cando poida, hoxe ... moito que facer.

  12. Onte non tiven sorte, outra vez será.

    Onte non ... sorte, outra vez ...

  13. Esta mañá viñemos escoitar a banda todos nós e tamén vimos a sesión de foguetes.

    Esta mañá ... escoitar a banda todos nós e tamén ... a sesión de foguetes.

  14. Vide/vinde aquí, rapaces! Sede valentes!

    ... aquí, rapaces! ... valentes!

  15. Encina e mais Carme viñeron á praza mercar verduras e viron a Helena.

    Encina e mais Carme ... á praza mercar verduras e ... a Helena.

»Verbo 2
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com