Conxunción. Exercicio 4: nexos comparativos ou consecutivos
Sinálase só unha posibilidade, pero poden existir máis.
Cala, que sempre foi máis esperto ca ti.
O Parlamento Galego aprobou menos leis do que tiña previsto o Goberno da Xunta.
Tes que colocalo de xeito que non se vexa desde fóra.
Estudou tanto que acabou medio tolo.
Hai que dispor as tomadas eléctricas de forma que o aspirador poida andar por toda a casa.
Se cadra chegas a ter tantos libros coma min, e unha discoteca como a miña.
Púxose como unha fera ao sabelo.
Corría tanto que non había xeito de dalo seguido.
A ver quen fai o testamento de modo que todos os herdeiros queden contentos.
Este ano adiantou moito máis do que pensaba.
Cala, que sempre foi máis esperto ... ti.
O Parlamento Galego aprobou menos leis ... tiña previsto o Goberno da Xunta.
Tes que colocalo ... non se vexa desde fóra.
Estudou ... acabou medio tolo.
Hai que dispor as tomadas eléctricas ... o aspirador poida andar por toda a casa.
Se cadra chegas a ter tantos libros ... min, e unha discoteca ... a miña.
Púxose ... unha fera ao sabelo.
Corría ... non había xeito de dalo seguido.
A ver quen fai o testamento ... todos os herdeiros queden contentos.
Este ano adiantou moito máis ... pensaba.