ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Conxunción. Exercicio 2: nexos completivos ou condicionais


Sinálase só unha posibilidade, pero poden existir máis.

  1. Se pos ese pixama vas ter calor.

  2. Iría convosco se me deixasen.

  3. Como chegue tarde, non o deixo pasar.

  4. Preguntoume se quería ir con el de acampada.

  5. De non vires ti, mándamo por correo.

  6. Seica coidas que eu non me decato, que son parvo.

  7. Díxome que me regalaba o can se o trataba ben.

  8. Como o deixes fóra decote, vaiche coller ferruxe.

  9. Se me tivese avisado, non pasaría o que pasou.

  10. Propuxo que se levantase a sesión de non chegarmos a un acordo.

  1. ... pos ese pixama vas ter calor.

  2. Iría convosco ...me deixasen.

  3. ... chegue tarde, non o deixo pasar.

  4. Preguntoume ... quería ir con el de acampada.

  5. ... non vires ti, mándamo por correo.

  6. Seica coidas ... eu non me decato, ... son parvo.

  7. Díxome ... me regalaba o can ... o trataba ben.

  8. ... o deixes fóra decote, vaiche coller ferruxe.

  9. ... me tivese avisado, non pasaría o que pasou.

  10. Propuxo ... se levantase a sesión ... non chegarmos a un acordo.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com