ogalego.eu 
Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de galego xubilados

Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Probas de graduado en educación secundaria
Maio 2021


Histórico de probas desde 2011 en ogalego.eu


1. Proba de lingua galega
1.1 Formato da proba
Formato
-A proba consta de 20 cuestións tipo test e unha redacción.
-As cuestións teñen catro posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
- Un punto por cuestión correctamente contestada.
- Cada resposta incorrecta restará 0,25 puntos.
- As respostas en branco non descontarán puntuación.
- A redacción supón o 50% da cualificación final da proba.
Duración
- Este exercicio terá unha duración máxima de 70 minutos.


Anotar o número de respostas correctas, erradas ou sen responder para calcular a puntuación (de 0 a 20)

Para comprobar as respostas (Correcto?) debe estar activado no navegador JavaScript (ordenador, móbil, tableta...)


TEXTO 1

Nace en Oia o primeiro criadeiro de cabalos galegos de pura raza da serra da Groba.

A asociación Finca Moreiras pretende contribuír a salvar as "burras" do perigo de extinción.

Unha das maiores mandas de cabalos salvaxes de Europa rolda os mil exemplares e está na Serra da Groba. Eran o dobre hai pouco máis dunha década. Todos de pura raza galega, os chamados garranos. O progresivo abandono do rural e ameazas de efecto rápido como o microchip obrigatorio condénanos a desaparecer. Protexelos do perigo de extinción é o cometido da asociación Finca Moreiras, unha entidade sen ánimo de lucro que naceu en Oia como criadeiro, o primeiro do sur da provincia de Pontevedra, para preservar o seu singular pedigree. É o soño do seu promotor, Adrián Martins, un baionés namorado da especie equina empeñado en divulgar a riqueza cultural e etnográfica que os cabalos achegan á sociedade miñorana desde hai máis de 4.000 anos, presente en tradicións tan arraigadas como os curros. Os petróglifos do Outeiro dos Lameiros, situados nos montes de Santa Cristina da Ramallosa, xa dan fe da súa existencia e a súa interacción cos humanos na Idade de Bronce.

"Nacín entre cabalos e non podo pasar un día sen eles", asegura este mozo nutricionista que converteu a cría de garranos nunha apaixonada afección. Dispón de oito exemplares e púxolles nomes galegos porque "forman parte da nosa identidade". Sabela, Burela, Celtia, Galo, Grelo, Toxo, Buxo e Córdido crecen en semiliberdade, en recintos que suman dez hectáreas, onde "saltan, corren e, en definitiva, compórtanse como cabalos e manteñen o seu carácter gregario, de grea", recalca o criador.

O seu obxectivo é achegalos á poboación, por aquilo de que se ama e se respecta o que se coñece. Para iso, é preciso domalos. Tarefa fácil, segundo explica, porque o cabalo de pura raza galega é "dócil e tranquilo, aínda que non o pareza". As súas condicións de sociabilidade, asegura, convérteno nunha raza idónea para os paseos ou as actividades lúdicas e para a equinoterapia. Así que Adrián rodeouse dun equipo multidisciplinar con dous fisioterapeutas e unha educadora para explorar ese camiño.

De momento, o predio está aberto as fins de semana para as visitas de familias, que poden dar paseos camiñando cos cabalos, tocalos e observalos. A asociación espera iniciar no verán as sesións terapéuticas dirixidas a persoas con diversidade funcional.

Neli Pillado, Faro de Vigo, 12/02/2020

1. A ameaza de desaparición que pesa sobre os cabalos salvaxes da serra da Groba débese:

A Ao feito de seren animais moi dóciles e viviren afastados dos humanos. Correcto?

B Á falta de fixación ata hai pouco do estándar do seu pedigree. Correcto?

C Á circunstancia de non teren as condicións axeitadas para a vida en semiliberdade. Correcto?

D Ao despoboamento do agro e ás novas esixencias normativas. Correcto?

2. Sabemos da presenza milenaria desta especie na comarca por:

AO empeño do promotor da asociación. Correcto?

B A súa conservación ata o día de hoxe. Correcto?

C Os vestixios etnográficos e arqueolóxicos. Correcto?

D A súa boa interacción e adaptación ao medio. Correcto?

3. A doma destes cabalos é necesaria para:

A Facilitar a aproximación e o aprecio da xente. Correcto?

B Satisfacer a apaixonada afección do responsable. Correcto?

C Reforzar o carácter manso e sociable da raza. Correcto?

D Poder crialos en réxime de semiliberdade. Correcto?

4. Entre os obxectivos a curto prazo da asociación Finca Moreiras está:

A Cruzar esta raza con burras en perigo de extinción. Correcto?

B Desenvolver tratamentos curativos con persoas minusválidas. Correcto?

C Converterse no único criadeiro de cabalos de pura raza galega. Correcto?

D Crear unha raza idónea para os paseos e as actividades lúdicas. Correcto?

5. Cal é a definición que mellor acae a “entidade sen ánimo de lucro” (en vermello no texto)?

A Aquela na que os socios non responden persoalmente das débedas sociais. Correcto?

B Aquela que non depende de entidades integrantes da organización territorial do Estado. Correcto?

C Aquela que destina os ingresos para cubrir os gastos e fortalecer o patrimonio. Correcto?

D Aquela na que os membros responden solidaria e ilimitadamente das débedas sociais. Correcto?

6. Na secuencia “Dispón de oito exemplares” (verde no texto) o sintagma subliñado funciona sintacticamente como:

A Complemento circunstancial de cantidade. Correcto?

B Complemento de réxime preposicional ou suplemento. Correcto?

C Complemento de obxecto directo. Correcto?

D Complemento de obxecto indirecto. Correcto?

7. A palabra “cabalo” é:

A Unha palabra simple. Correcto?

B Unha palabra composta. Correcto?

C Unha palabra derivada. Correcto?

D Un adxectivo. Correcto?

8. Que relación semántica manteñen entre si as palabras “manda(s)” (liña 2) e “grea” (liña 17)?

A Son homónimas. Correcto?

B Son polisémicas. Correcto?

C Son sinónimas. Correcto?

D Son antónimas. Correcto?

9. En “Nacín entre cabalos” (subliñado no texto) o verbo subliñado está en:

A Presente. Correcto?

B Infinitivo. Correcto?

C Futuro. Correcto?

D Pretérito. Correcto?

10. A palabra “idónea” leva acento porque:

A É grave rematada en ditongo. Correcto?

B É esdrúxula. Correcto?

C É grave rematada en vogal. Correcto?

D É aguda remata en vogal. Correcto?

TEXTO 2

Medias azuis

Levabamos os cabalos co paso de andadura. El, o criado de Xixín, sabía o sitio. Era unha choupanatriste, co solpor dándolle pola parte de atrás. Posta a casa no medio dos piñeiros, semellaba un animal derrubado. No cumio, brillaba unha aguia de folla de lata. Relucía a aguia e, de lonxe, viña o fragordo Arnoia escachándose en caneiros e fervenzas indecisas. Ningún can latía. O camiño que nos trouxera pasaba a rentes da casopa. Era feito de pedras grandes e antigas, aquel camiño. Pouco antes de chegarmos, o camiño demorárase nun relanzo no que as pedrasamosaban carrís labrados por eternidades de carro, e calcamos unha ponte altísima na que os nosos cabalos facían soar ecoares secos, toscos, estreitos, de mil anos.

Nada –dixera días antes o criado de Xixín. Nada, que temos que ir ás mozas a onde eu sei. Que sondúas irmás, teño eu ouvido falar. Que son boas mozas, e roxas do pelo. Brancas, brancas –dicía ocriado de Xixín e ao pronuncia-la verba brancas abría a boca con vezo e gula, e lucíalle no dentro uncuspe pecadento, coma escuma de mar.

O criado de Xixín era arteiro. Puxera axóuxeres na canela do poldro que lle confiara o amo. Convenceume, e fomos.

Entón lucía un sol derradeiro, de setembro. Lateral e displicente, aquel soliño aloumiñaba a casopa e facíaa amigábel. E así chegamos, o criado de Xixín e mais eu, e puxemos pé a terra enleando el acorda e eu as rédeas nas pólas baixas dun piñeiro. Lembro que os cabalos, que eran amigos comoeramos o criado de Xixín e mais eu, deron en se cofear testa contra testa.

O caso é que teñen sona de meigas –dixérame o día antes o criado de Xixín. [...]

X. L. Méndez Ferrín, Arraianos, 1991 (adaptación)

11. En que momento do día chegan ao seu destino os personaxes deste relato?

A A mediodía. Correcto?

B Ao abrente. Correcto?

C Á tardiña. Correcto?

D Á noite. Correcto?

12. Que dous cualificativos definen mellor o carácter do criado de Xixín?

A Libidinoso e astuto. Correcto?

B Folgazán e argalleiro. Correcto?

C Bocalán e moinante. Correcto?

D Fachendoso e frívolo. Correcto?

13. Ao chegaren ao seu destino os protagonistas atopan:

A Unha casa en ruínas cun escudo heráldico. Correcto?

B Unha ponte milenaria de gran tamaño. Correcto?

C Un salto de auga no río Arnoia. Correcto?

D Unha construción nun estado lamentable. Correcto?

14.Cal dos seguintes enunciados sintetiza mellor o contido do fragmento?

A Unha cabalgada no Arnoia. Correcto?

B Unha tarde para mocear. Correcto?

C Un paseo por lugares remotos. Correcto?

D Un caso de meigaría. Correcto?

15. Méndez Ferrín, o escritor galego máis relevante da actualidade, comparte grupo xeracional con:

A Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro, R. Carballo Calero, X. Mª Díaz Castro. Correcto?

B Alfredo Conde, Xavier Alcalá, Carlos Casares, Lois Diéguez. Correcto?

C Marilar Aleixandre, Margarida Ledo, Victor Freixanes, Darío Xohán Cabana. Correcto?

D Camilo Gonsar, Xohana Torres, Mª Xosé Queizán, Uxío Novoneyra. Correcto?

16. Outros títulos de obras de Méndez Ferrín ademais de Arraianos son:

A Os escuros soños de Clío, Ilustrísima, Vento ferido, Os mortos daquel verán. Correcto?

B Con pólvora e magnolias, Crónica de Nós, Estirpe, O crepúsculo e as formigas. Correcto?

C Polaroid, Trece badaladas, Círculo, Non volvas.Correcto?

D O lapis do carpinteiro, Que me queres amor, Un millón de vacas, En salvaxe compaña. Correcto?

17. No segundo parágrafo (– Nada... coma escuma de mar.) a parte que vai en cursiva é unha mostra de:

A Estilo indirecto libre. Correcto?

B Estilo indirecto. Correcto?

C Estilo directo. Correcto?

D Monólogo interior. Correcto?

18. As formas “teño ouvido” e “deron en cofear” (vermello no texto) son:

A Unha forma verbal composta, a primeira, e unha perífrase verbal, a segunda. Correcto?

B Dúas perífrases verbais con valor modal. Correcto?

C Unha perífrase verbal, a primeira, e unha locución verbal, a segunda. Correcto?

D Dúas perífrases verbais con valor aspectual. Correcto?

19. A repetición do adxectivo “Brancas, brancas” (en verde no texto) dálle á expresión un valor de:

A Superlativo absoluto. Correcto?

B Superlativo relativo. Correcto?

C Comparativo de superioridade. Correcto?

D Comparativo de igualdade. Correcto?

20. Que significado ten a secuencia “Ningún can latía” (subliñado no texto)?

A Non se sentía respirar os cans. Correcto?

B Non se escoitaba ningún ladrido. Correcto?

C Os cans quedaron estáticos. Correcto?

D Os cans permanecían ao axexo. Correcto?

1.3 Exercicio de redacción en lingua galega (20 puntos)

O texto 2, Medias azuis, é o comezo dun conto. A partir da súa lectura, vostede debe inventar unha continuación do relato e chegar ata a súa fin.
•O obxectivo é crear un texto orixinal con intención literaria.
•Debe manter os elementos xa dados (narrador, punto de vista, espazo, tempo, personaxes...)
•Debe elaborar o nó do relato e darlle un desenlace final.
•O resultado debe ser un texto narrativo, coherente e ben construído.
Extensión máxima: 200 palabras.



ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com