ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Probas de graduado en educación secundaria
Maio de 2019


Histórico de probas desde 2011 en ogalego.eu


1. Proba de lingua galega
1.1 Formato da proba
Formato
-A proba consta de 20 cuestións tipo test e unha redacción.
-As cuestións teñen catro posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
- Un punto por cuestión correctamente contestada.
- Cada resposta incorrecta resta 0,25 puntos.
- As respostas en branco non descontan puntuación.
- A redacción supón o 50% da cualificación final da proba.
Duración
- Este exercicio terá unha duración máxima de 70 minutos.


Anotar o número de respostas correctas, erradas ou sen responder para calcularr a puntuación (de 0 a 20)

Para comprobar as respostas (Correcto?) debe estar activado no navegador JavaScript (ordenador, móbil, tableta...)


TEXTO 1

A comunicación do alumnado a través de WhatsApps. Un novo reto da pedagoxía

As novas tecnoloxías, entre as que se inclúen os teléfonos móbiles intelixentes (smartphones), evolucionan a ritmos vertixinosos, expanden as posibilidades de comunicación, posibilitan o desenvolvemento doutras habilidades e formas de construción do coñecemento e xeran novas culturas. Todo isto fainos pensar nun repensamento continuo, coa finalidade de favorecer a construción dunha verdadeira cultura dixital. Pouco a pouco, case sen darnos de conta, ímonos esquecendo dos xa tradicionais SMS e dáse paso a unha das operacións preferidas pola xuventude usuaria do móbil: os WhatsApps. [...]

Desta maneira, no medio da partida de xogo en liña a través da aplicación de mensaxería multiplataforma, atopámonos con voraces consumidores dos citados e populares WhatsApps que ás veces fan saltar as alarmas. Por iso cómpre educar para a utilización destes recursos tecnolóxicos, para evitar ser vítimas de delitos telemáticos, para a prevención de posibles riscos: ameazas, ciberacoso, envío de contidos eróticos ou pornográficos, falsos perfís na rede, vidas virtuais, estrés, perda de control con moito tempo de chateo (usuarios compulsivos) ou ter moitos “amigos” sen coñecer ningún. Aínda nos seguimos preguntando cal será o prezo de todo isto. En calquera caso, vivir de costas á realidade que hoxe se nos está presentando non favorecería para nada os novos procesos educomunicativos e sociais xa que, neste caso, estariamos abocados a un analfabetismo tecnolóxico ou a un sen/convivir no mundo actual. Se xa somos moitos os adultos que case nos sentimos incapaces de entender a nosa vida sen o uso das TIC, nin que dicir ten do que lle pode pasar á xuventude que naceu e medrou nunha sociedade na que a experiencia virtual tamén forma parte da súa existencia, estendendo as súas características e consecuencias a diversos aspectos da vida real.

José Raposeiras Correa. Eduga. Revista Galega do Ensino. (Adapt.).

1. Sinale o enunciado que resuma a tese do texto 1:

A O emprego das novas tecnoloxías é imprescindible para a construción do coñecemento. Correcto?

B O emprego das novas tecnoloxías supón unha ameaza constante para a mocidade. Correcto?

C Os recursos tecnolóxicos e a información sobre os seus perigos deben estar presentes no proceso educativo. Correcto?

D As novas tecnoloxías non son utilizadas só pola xente nova, senón que tamén están presentes na vida das persoas adultas. Correcto?

2. O texto 1 é:

A Argumentativo. Correcto?

B Narrativo. Correcto?

C Expositivo. Correcto?

D Descritivo. Correcto?

3. A expresión “voraces consumidores dos citados e populares WhatsApps” (subliñada no texto) significa:

A Que a única modalidade de mensaxería que utilizan é o WhatsApp. Correcto?

B Que son expertos coñecedores do WhatsApp. Correcto?

C Que esporadicamente empregan o WhatsApp. Correcto?

D Que utilizan o WhatsApp constantemente. Correcto?

4. Cal é o recurso existente na expresión “teléfonos móbiles intelixentes” (primeira liña)?

A Metáfora. Correcto?

B Metonimia. Correcto?

C Personificación. Correcto?

D Hipérbole. Correcto?

5. Escolla a serie de conectores presentes no texto (marcados en vermello) 1:

A Pouco a pouco, desta maneira, ás veces. Correcto?

B Desta maneira, por iso, en calquera caso. Correcto?

C Por iso, aínda, para nada. Correcto?

D En calquera caso, ás veces, nin que dicir. Correcto?

6. “Seguimos” (azul no texto) é unha forma do presente de indicativo do verbo “seguir”. Escolla a conxugación correcta dese tempo verbal:

A Sigo, sigues, sigue, seguimos, seguides, siguen. Correcto?

B Sigo, segues, segue, seguimos, seguides, seguen. Correcto?

C Sego, segues, segue, seguimos, seguides, seguen. Correcto?

D Sigo, sigues, segue, seguimos, seguides, siguen. Correcto?

7. Na expresión “estendendo as súas características” (verde no texto), é posible utilizar o posesivo sen a presenza do artigo: estendendo súas características?

A Non, o posesivo debe ir precedido do artigo. Correcto?

B Si, neste caso pódese utilizar o posesivo sen o artigo. Correcto?

C Pódese utilizar sen o artigo na lingua oral pero non na lingua escrita. Correcto?

D Son correctas as dúas opcións pero é aconsellable empregar o artigo. Correcto?

8. Cal das seguintes palabras pertence á familia léxica de móbil?:

A Teléfono. Correcto?

B Tecnoloxía. Correcto?

C Smartphone. Correcto?

D Inmóbil. Correcto?

9. Escolla a parella de sinónimos:

A Vertixinosos, lentos. Correcto?

B Xuventude, mocidade. Correcto?

C Mensaxería, mensaxe. Correcto?

D Abocados, avogados. Correcto?

10. Escolla a serie de palabras que levan acento diacrítico:

A Dáse, ás, móbil, envío. Correcto?

B Ás, cómpre, envío, súa. Correcto?

C Móbil, cómpre, á, súa. Correcto?

D Dáse, ás, cómpre, á. Correcto?



TEXTO 2

Historias antigas

Mar relatoulle a Anxo a relación da súa amiga con Xúpiter.
— E pasan os meses e ela vai colgándose máis e máis dun tío do que o único que ten é unha foto que podería ser de calquera.
A aquelas alturas da conversa Isla non só estaba enfadada. Tamén sentía unha profunda decepción.
— Se queredes a miña opinión, eu non me fío un pelo de Internet nin da xente que se pode coñecer a través da rede — dixo Anxo dándolle un bocado a un anaco de empanada —. Pero tamén é certo que Isla non é parva. Se está colgada dese rapaz será porque viu algo interesante nel. Non ten nada de malo darlle un voto de confianza.
— Levan meses falando e o único que ten é unha foto. Non me digas que a cousa non cheira mal.
— Xa vale, eh! — berrou Isla poñendo fin á conversa.
Mar calou de súpeto.
— Xúpiter é especial, digas o que digas. Non entendo con que dereito lle contas todo isto a Anxo. É a miña historia! Polo menos poderías terme pedido permiso — sentenciou poñéndose de pé.
A tarde rompeu en mil anacos nese mesmo instante.

Ledicia Costas. O corazón de Xúpiter.

11. Escolla o enunciado que mellor reflicta o tema do texto 2:

A A importancia da amizade. Correcto?

B Os perigos de Internet. Correcto?

C O amor a distancia. Correcto?

D Segredos entre amigas. Correcto?

12. Cando Anxo di: “Non ten nada de malo darlle un voto de confianza” (subliñada no texto), quere dicir:

A Que deben confiar plenamente en Xúpiter. Correcto?

B Que Mar debe confiar en Isla. Correcto?

C Que deben someter a votación se confían ou non en Xúpiter. Correcto?

D Que non deben dar por feito que Xúpiter sexa un perigo para Isla. Correcto?

13. O adxectivo que mellor define como se sente Mar é:

A Anoxada. Correcto?

B Preocupada. Correcto?

C Decepcionada. Correcto?

D Sorprendida. Correcto?

14. Os feitos relatados no texto 2 son narrados por:

A Mar. Correcto?

B Isla. Correcto?

C Mar, Anxo e Isla. Correcto?

D Alguén alleo aos feitos. Correcto?

15. No enunciado “Isla non é parva” (en azul no texto), o adxectivo parva é:

A Atributo. Correcto?

B Complemento directo. Correcto?

C Suxeito. Correcto?

D Complemento indirecto. Correcto?

16.Na expresión “e ela vai colgándose” (en verde no texto), poderíase colocar o pronome persoal se noutra posición?:

A Si, tamén é correcta a expresión ela vaise colgando. Correcto?

B Si, tamén é correcta a expresión ela se vai colgando. Correcto?

C Non, neste caso é preferible non empregar o pronome se: ela vai colgando. Correcto?

D A única opción correcta é a que aparece no texto: ela vai colgándose. Correcto?

17. Aquelas (en vermello no texto) e miña (en vermello no texto) son, respectivamente:

A Un indefinido e un posesivo. Correcto?

B Un indefinido e un demostrativo. Correcto?

C Un adverbio e un posesivo. Correcto?

D Un demostrativo e un posesivo. Correcto?

18. É a miña historia!” (vermello e subliñado no texto) é unha oración:

A Enunciativa. Correcto?

B Interrogativa. Correcto?

C Exclamativa. Correcto?

D Dubitativa. Correcto?

19. Cal das seguintes series constitúe un campo semántico?

A Empanada, pan, panadeira. Correcto?

B Empanada, chourizo, polbo. Correcto?

C Empanada, empanar, empanado. Correcto?

D Empanada, empapada, empatada. Correcto?

20. Falando (en azul subliñado) e pedido (en azul subliñado) son, respectivamente, formas verbais de:

A Xerundio e participio. Correcto?

B Xerundio e infinitivo. Correcto?

C Participio e imperativo. Correcto?

D Infinitivo e participio. Correcto?


3. Exercicio de redacción en lingua galega (20 puntos)

Imaxine que descobre que unha amiga súa está a manter unha relación sentimental con alguén a quen non coñece persoalmente e con quen unicamente mantén contacto por Internet. Ademais, coméntanlle que ela se está afastando progresivamente da súa familia e amizades e non atende chamadas telefónicas de ninguén. Ante esta situación, vostede decide poñerse en contacto con ela por correo electrónico.

Redacte un texto de 200 palabras no que debe:


ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com