Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Probas de graduado en educación secundaria
Setembro de 2015
Histórico de probas desde 2011 en ogalego.eu
1. Proba de lingua galega
1.1 Formato da proba
Formato
-A proba consta de 20 cuestións tipo test e unha redacción.
-As cuestións teñen catro posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
- Un punto por cuestión correctamente contestada.
- Cada resposta incorrecta resta 0,25 puntos.
- As respostas en branco non descontan puntuación.
- A redacción supón o 50% da cualificación final da proba.
Duración
- Este exercicio terá unha duración máxima de 70 minutos.
Anotar o número de respostas correctas, erradas ou sen responder para calcularr a puntuación (de 0 a 20)
Para comprobar as respostas (Correcto?) debe estar activado no navegador JavaScript (ordenador, móbil, tableta...)
Cando espertou, o pensamento seguía alí, por primeira e última vez aceptou facerlle caso. Unha mestura de terror e alivio sorprendeuna no almorzo. Non había volta, tiña esa certeza e, curiosamente, non sentía medo ningún.
O coído de Ardeleiro volveu engulir os seus anunciados pasos. Aquela xornada, Alba limpou chapapote con máis entrega ca nunca. Como se fose a derradeira vez. Apañaba fuel cos seus brazos xelatinosos e depositábao nos capachos. Mecanicamente. Sen pensalo. Con tanto odio. Con tanta paixón. Esqueceu o chover das horas enriba do lombo. Caían minutos como pingas de auga no dioivo e Alba continuou impertérrita, allea aos dous tempos.
Empezou a sentir saudade da ribeira mesmo antes de marchar.
Empardecía a tarde e xa o resto dos voluntarios regresara ao polideportivo de Carnota. Alba foi consciente de que era o fin daquilo. Daquilo polo que tanto loitara, tanto amara, tanto rabeara, tanto chorara, tanto suplicara. Hora de poñer punto e final a unha relación incestuosa cun océano máis que posesivo. Non obstante, e inexplicablemente, doíalle.
Espiu o traxe anticontaminación devagariño. Arrancou o celo dos pulsos que o mantiña unido coas luvas; quitou o pantalón e a chaqueta de augas e descalzou as botas de plástico. Depositou a máscara, os lentes e as luvas no contedor. Limpou lentamente as manchas das mans, dos brazos e da cara e quedou co cheiro do aceite infantil impregnado debaixo do fociño, pelexando arduamente co omnipotente olor do fuel. Así, cos calcetíns como única protección ante a friaxe sucia da area e unha camiseta empapada en suor para se defender do vento salgado, Alba chorou. Apenas foron nove bágoas, como nove ondas, corrosivas e melancólicas.
Rosa Aneiros, Veu visitarme o mar.
1. Temporalmente, o texto 1 transcorre:
A Nunha mañá. Correcto?
B Ao longo do día. Correcto?
C Nunha tarde. Correcto?
D Ao longo da noite. v
2. Segundo o texto 1, Alba séntese:
A Leda. Correcto?
B Melancólica. Correcto?
C Medorenta. Correcto?
D Abraiada. Correcto?
3. A través do texto 1, sabemos sobre Alba que é…
A A primeira vez que vai á praia. Correcto?
B O último día que limpará chapapote. Correcto?
C O segundo día que está en Carnota. Correcto?
D A primeira vez que limpa chapapote. Correcto?
4. O texto 1 está narrado en:
A Primeira persoa. Correcto?
B Primeira e terceira persoa. Correcto?
C Terceira persoa. Correcto?
D Segunda e terceira persoa. Correcto?
5. Segundo o contido do texto 1, os feitos sitúanse:
A Na Idade Media. Correcto?
B A principios do século XXI. Correcto?
C A principios do século XX. Correcto?
D Na Idade Moderna. Correcto?
6. Un sinónimo de impertérrita (en vermello no texto) é:
A Arrefriada. Correcto?
B Incansable. Correcto?
C Esgotada. Correcto?
D Inconmovible. Correcto?
7. Brazos xelatinosos (en vermello no texto) é unha:
A Anáfora. Correcto?
B Metonimia. Correcto?
C Metáfora. Correcto?
D Comparación. Correcto?
8. Luvas, pantalón, chaqueta e botas pertencen:
A Ao mesmo campo semántico. Correcto?
B Á mesma conxugación. Correcto?
C Ao mesmo xénero. Correcto?
D Á mesma familia léxica. Correcto?
9. Máis (en vermello no texto) e mecanicamente (en vermello no texto) son:
A Adxectivos. Correcto?
B Substantivos. Correcto?
C Adverbios. Correcto?
D Determinantes. Correcto?
10. Escolla a opción ortograficamente correcta:
A Tradución, construcción, víctima, dictado. Correcto?
B Traducción, construción, víctima, dictado. Correcto?
C Traducción, construción, víctima, ditado. Correcto?
D Tradución, construción, vítima, ditado. Correcto?
Texto 2
¡Nunca máis! A ollada da infancia
A editorial Kalandraka acaba de sacar un álbum titulado “¡Nunca máis! A ollada da infancia” no que os nenos e o mar son o súnicos protagonistas. A colaboración dos alumnos de medio cento de centros de ensino do país permitiu a realización dun volume no que os máis cativos reflicten a súa percepción da catástrofe do Prestige. Non hai lugar para metáforas. Os propios editores definen a intención da obra: “este libro é unha esixencia, unha chamada ao sentido común feito coas mans e as palabras de quen adoitan ser espectadores pasivos da Historia, os nenos e as nenas, que viviron de forma intensa a catástrofe ecolóxica producida polo afundimento do Prestige, aquel triste 13 de novembro de 2002, e levantaron unha marea reivindicativa coas súas mans, coas súas voces”. Resulta moi difícil describir con letras a beleza e a calidade das ilustracións que se suceden en “¡Nunca máis! A ollada da infancia”. As cores negra e azul, símbolos dun movemento cívico que superou as fronteiras políticas para penetrar no mundo da conciencia, lévannos da man por un libro cheo de cores, de aves, crustáceos e peixes, de voluntarios e de bombas navieiras que afunden no cerúleo. Cada imaxe é un amocelo que se crava directamente nas paredes do corazón. Tamén o fan as palabras que non admiten dobres significados. “Miña amiga a centola quere bailar; pero o fuel negro non a deixa xirar”. “O petróleo mancha todo e o mar ponse furioso, e os peixes morren pouco a pouco”. Doen os animais tinguidos de negro. Doen os barcos que deixan ronseis de morte. Doen as máscaras e as luvas que desesperan ante mareas de fuel que parece non acabar nunca. Doen esas botas amoreadas por números que os “voluntarios” recollerán para tentar mitigar un chisco a traxedia do mar. Doe o amor dos nenos ao mar que lles matan. E eles denuncian, cos“plastidecor”, os “carioca”, os “jovi” e os “alpino” como únicas armas posibles.
Rosa Aneiros na sección Agardando as lagarteiras
11. O texto 2 trata sobre a publicación:
A Dunha novela de terror. Correcto?
B Dunha exposición. Correcto?
C Dun libro de poesía. Correcto?
D Dun libro de ilustracións. Correcto?
12. Elixa a idea que mellor resuma o texto 2:
A A catástrofe do Prestige na costa. Correcto?
B A visión infantil sobre a catástrofe do Prestige. Correcto?
C A desfeita ecolóxica que causou o Prestige. Correcto?
D O amor dos nenos ao mar e o odio ao Prestige. Correcto?
13. O libro está feito por:
A Nenos e nenas. Correcto?
B Profesores e profesoras. Correcto?
C Voluntarios e voluntarias. Correcto?
D Xente do mar. Correcto?
14. Por que a autora escribe entre comiñas as seguintes palabras: cos “plastidecor”, os “carioca”, os“jovi” e os “alpino” (en vermello no texto)?
A Porque son estranxeirismos. Correcto?
B Porque son títulos de obras. Correcto?
C Porque son marcas comerciais. Correcto?
D Porque son declaracións dos entrevistados. Correcto?
15. Que figura retórica se utiliza na expresión “fuel negro” (en vermello no texto)?
A Hipérbato. Correcto?
B Sinécdoque. Correcto?
C Epíteto. Correcto?
D Paralelismo. Correcto?
16. Rosalía de Castro é autora de:
A De catro a catro e Foulas. Correcto?
B Cantares gallegos e Foulas. Correcto?
C Follas Novas e Cantares gallegos. Correcto?
D Cousas e Follas Novas. Correcto?
17. Na oración Doe o amor dos nenos ao mar que lles matan, o pronome lles ten unha posición proclítica ao verbo porque:
A É a posición propia na lingua galega. Correcto?
B Está en plural concordando con nenos. Correcto?
C Pertence a unha oración subordinada. Correcto?
D O verbo está en modo indicativo. Correcto?
18. Na oración Doen os animais tinguidos de negro, “os animais tinguidos de negro” (en vermello no texto) ten a función de:
A Suxeito. Correcto?
B Atributo. Correcto?
C Complemento directo. Correcto?
D Complemento indirecto. Correcto?
19. Catástrofe, ecolóxica, petróleo , e cívico acentúanse porque son palabras…
A Esdrúxulas. Correcto?
B Agudas rematadas en vogal. Correcto?
C Graves rematadas en vogal. Correcto?
D Cun ditongo. Correcto?
20. Elixa a serie ortograficamente correcta:
A Espazo, servicio, doazón, xuízo, tercio. Correcto?
B Espacio, servicio, doación, xuízo, terzo. Correcto?
C Espazo, servizo, doación, xuício, terzo. Correcto?
D Espazo, servizo, doazón, xuízo, terzo. Correcto?
Exercicio de redacción en lingua galega (20 puntos)
Vostede é membro dunha asociación ecolóxica e pedíronlle que colabore na súa revista bimensual cunha crónica que reflicta a súa visión sobre a conservación das praias galegas. No seu texto, de 200 palabras aproximadamente, ten que:
Explicar, segundo o seu parecer, como se atopan os areais galegos.
Citar dous exemplos de contaminación.
Propoñer algunha medida ecolóxica para que as praias se manteñan limpas e en bo estado.
2005-2022 |