ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra (catedráticos de Lingue Galega e Lit. xubilados


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Xuño 2014 opción azul (a opción amarelo é o mesmo coa orde das preguntas cambiadas)


Tomar nota das respostas acertadas á primeira ou erradas para saber a puntuación final


LINGUA GALEGA

1. Formato da proba
Formato
* A proba consta de vinte cuestións tipo test.
* As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
* No caso de marcar máis dunha resposta por pregunta considerarase como unha resposta en branco.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 40 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador



Texto 1

Desde a casa que Gonzalo Alonso Hernández construíu no cume dun bucólico outeiro a 850 metros de altura divísase unha vista que corta o alento. O miradoiro é unha das cotas máis altas que rodean un val crebado polo río das Pedras. Desde o precioso refuxio construído con madeira de eucalipto, cantos rodados e grandes cristaleiras, Gonzalo pasaba longas horas contemplando o pico do Papagaio e, máis á dereita, a pedra Chata, unha cima de 1.380 metros á que esporadicamente subía nos seus paseos polo parque natural de Cunhambebe. O biólogo cántabro, de 49 anos, calzaba unhas botas de auga e lanzábase diariamente a percorrer xunto aos seus tres cans os carreiros deste lugar idílico onde só un anacoreta ou un tolo podería vivir en case total illamento. El conseguiuno ata que alguén acabou coa súa vida. O proxectil foi atopado preto do corpo. O seu ordenador portátil e o seu teléfono móbil desapareceran. Para o comisario da Policía Civil de Río Claro, Marco Antonio Alves, a primeira hipótese para esclarecer o crime é “que sexa unha vinganza, xa que se trataba dunha persoa comprometida coa causa ambiental, un individuo que protestaba e que se enfrontaba a algunhas persoas”. Oficialmente só se lle coñece unha denuncia contra un grupo de extractores de area do río das Pedras.
O biólogo chegou ao Brasil en 1997. Durante os primeiros anos residiu no Río de Janeiro e co paso do tempo foi alimentando a ilusión de se facer cun anaco de terra nalgún lugar illado onde non chegase a ruxida da cidade. Comprou 3,6 hectáreas nunha zona de montaña paradisíaca, a 40 quilómetros da localidade costeira de Angra dos Reis, coa sorte de que anos máis tarde sería declarada parque natural. A primeira vez que subiu á cota máis alta do seu pequeno dominio prometeuse, fronte ao pico do Papagaio, pasar alí o resto dos seus días. Foi nese momento cando Gonzalo pechou para sempre o seu apartamento do Río, subiu ao monte e nunca máis baixou.
O biólogo español estaba fisicamente en forma. Medía 1,80 e pesaba 86 quilos no momento da súa morte. De luns a venres vivía só, coa única compaña dos seus cans e dalgunha visita esporádica. Case todas as fins de semana, a súa compañeira, María de Lourdes Pena Campos, de 48 anos, percorría os 160 quilómetros de estradas que unen o Río de Janeiro e a Leira do Montañés (como Gonzalo chamaba á súa propiedade na intimidade) para estar con el e descansar do seu traballo de consultora técnica nun concesionario de coches de luxo.
Segundo Lourdes, Gonzalo adoitaba espertar ás 7:30 e dedicáballe dúas longas horas ao almorzo mentres escoitaba un dos seus programas de radio preferidos. Despois saía pasear cos cans polos carreiros próximos e observaba o estado do campo, medía a altura das augas do río das Pedras, facía fotos e tomaba notas. Cando se cruzaba con cazadores furtivos ou extractores de palmito salvaxe non dubidaba en plantarlles cara e esixirlles a súa saída inmediata da zona. Gonzalo era coñecido por ser o flaxelo de todo aquel que atentase contra a exuberante natureza do parque de Cunhambebe, que integra 38.000 hectáreas de montañas e bosque atlántico. Así, non era estraño atopalo inmerso nunha rifa con algún adicto á motoserra ou facendo fotos e vídeos de extractores de area de río en plena faena.

http://www.elpais.com

1. O texto trata sobre:
A A investigación dun crime na Leira do Montañés levada a cabo polo comisario da Policía Civil de Río Claro, Marco Antonio Alves. Correcto?

B A vida dun biólogo cántabro no Brasil e a súa morte debido aos seus enfrontamentos con cazadores furtivos e extractores de area e palmito. Correcto?

C A estadía de María de Lourdes Pena Campos e do seu home Gonzalo Alonso Hernández no Río de Janeiro e na Angra dos Reis. Correcto?

2. Cal destas afirmacións é falsa?
A Na intimidade Gonzalo chamaba Leira do Montañés á súa propiedade. Correcto?

B Case todas as fins de semana Lourdes percorría cento sesenta quilómetros de estradas. Correcto?

C Desde que se mudara ao Brasil Gonzalo vivira sempre no parque de Cunhambebe. Correcto?

3. Cal destas series de afirmacións é verdadeira?
A Marco Antonio percorreu cento sesenta quilómetros desde o Río de Janeiro ata a Leira do Montañés, usaba botas de auga e atopou un proxectil lonxe do corpo. Correcto?

B Lourdes posuía un concesionario de coches de luxo, tiña unha propiedade no parque de Cunhambebe e construíra un refuxio con madeira de eucalipto. Correcto?

C Gonzalo estaba fisicamente en forma, dedicaba dúas horas ao almorzo, facía fotos, tomaba notas e comprara unha finca nunha área montañosa do Brasil. Correcto?

4. No sentido en que aparece no texto, a palabra “ f u r t iv o s ” (subliñada no texto) significa:
A Que fan a súa actividade en segredo nunha época ou nun lugar en que está prohibida. Correcto?

B Que obteñen trofeos como recoñecemento do mérito ou valor de algo ou alguén. Correcto?

C Que percorren feiras e festas vendendo ou mendigando para obter un beneficio. Correcto?

5. As palabras “ p o r t á t il” e “ m ó b il” (subliñada no texto) levan til como:
A Alférez e carácter, por seren palabras graves acabadas en consoante distinta de –n ou –s. Correcto?

B Bíceps e gánsters, por seren palabras esdrúxulas acabadas en grupo consonántico distinto de –ns. Correcto?

C Dátil e níquel, por seren palabras agudas polisílabas acabadas en consoante distinta de –n ou –s. Correcto?

6. No sentido en que aparece no texto, a palabra “ b u c ó lic o ” (subliñada no texto) significa ‘que fai referencia a’:
A O que se desenvolve na atmosfera fóra da terra. Correcto?

B A vida do campo e ao contacto coa natureza. Correcto?

C O oficio de traballar no mar a bordo dun barco. Correcto?

7. No sentido en que aparece no texto, a palabra “ e s p o r á d ic a ” (subliñada no texto) significa:
A Que serve para obter un beneficio material ou inmaterial. Correcto?

B Que se produce dun xeito descontinuo, irregular e ocasional. Correcto?

C Que ocorre de maneira imprevista, porque non se espera que teña lugar. Correcto?

Texto 2
Palma de Mallorca é a segunda cidade con maior calidade de vida do mundo


Os habitantes de Palma de Mallorca están entre os cidadáns do mundo que gozan de maior calidade de vida, por diante dos madrileños.
España é o único país do mundo que consegue situar dúas cidades no top ten de urbes cunha maior calidade de vida elaborado pola inmobiliaria internacional Knight Frank. Palma de Mallorca faise co top dous, por detrás de Dubai, e Madrid alcanza a décima posición.
Entre as variables tidas en conta pola consultora atópanse o clima, os días de sol ao ano, o baixo custo de vida, a posibilidade de gozar dun lecer de alto standing, o número de bos restaurantes da cidade, o risco de sufrir unha crise política ou contar cun nivel de fiscalidade baixo.
Palma destaca como sétima cidade con días de sol (300 ao ano fronte aos 120 de Madrid), entanto que a capital puntúa como a quinta cidade do mundo con mellores restaurantes cunha estrela Michelín (14 fronte aos cinco de Palma). Ademais, Madrid destaca por ter unha maior oferta de luxo, mentres que Palma conta cun gran abano de colexios estranxeiros.
A consultora tamén ten en conta as necesidades concretas de cada persoa. Obviamente non ten as mesmas necesidades unha familia que unha parella de anciáns retirados ou un mozo emprendedor. Nese sentido, Palma de Mallorca é a terceira mellor cidade do mundo para vivir, se eses residentes son unha parella de xubilados, por detrás de Auckland e Ottawa, entanto que Madrid non aparece en ningunha destas candidaturas. Auckland, a cidade máis poboada de Nova Zelandia e centro económico do país, é a opción preferible para un mozo emprendedor, mentres que Xenebra é o mellor lugar para vivir unha familia.
Dúas variables repítense nesta lista de lugares de soño. Moitas desas cidades teñen unha alta porcentaxe de poboación estranxeira e ademais contan con condicións económicas vantaxosas que as achegan á categoría de paraíso fiscal.
De tamaño medio, con preto de 400.000 habitantes, Palma de Mallorca é a capital das Illas Baleares e vive dedicada ao turismo. Un de cada cinco habitantes é estranxeiro. Fiel reflexo do tópico, os alemáns son os máis numerosos, seguidos de búlgaros, italianos e marroquís.
Tamén Dubai, un dos sete Emiratos Árabes Unidos, atraeu moita poboación de orixe estranxeira. Só o 17% da poboación é emiratí. A cidade con máis calidade de vida do mundo é tamén unha das que conta cun tren de vida máis alto, con 12.000 euros per cápita e un produto interior bruto de 65 billóns de euros.
Tras Palma de Mallorca aparecen numerosas cidades susceptibles de apareceren nun ranking de paraísos fiscais: a antiga colonia británica das Illas Caimán; a segunda cidade máis importante de Suíza, Xenebra; Chipre, tamén coñecido pola súa dubidosa fiscalidade; ou Londres, berce da City.

www.abc.es

8. Segundo o texto, Palma de Mallorca é:
A A quinta cidade do mundo con mellores restaurantes cunha estrela Michelín. Correcto?

B A segunda mellor cidade do mundo para vivir unha parella de xubilados. Correcto?

C Unha cidade que ten un 20 % de habitantes procedentes doutro país. Correcto?

9. Cal destas afirmacións é falsa segundo o texto?
A Palma ten moitos colexios estranxeiros e Madrid destaca pola maior oferta de luxo. Correcto?

B Palma de Mallorca é a capital das Illas Baleares e ten cerca de 400.000 habitantes. Correcto?

C No «top ten» de cidades con maior calidade de vida figuran Madrid e Chipre. Correcto?

10. Cal destas afirmacións é verdadeira segundo o texto?
A Auckland é a mellor cidade para vivir unha familia en Nova Zelandia. Correcto?

B Dubai ocupa o nº 1 no ranking de cidades con maior calidade de vida do mundo. Correcto?

C A maior parte da poboación de Dubai é nativa dos Emiratos Árabes Unidos. Correcto?

11. Cal é a serie de emparellamentos correcta?
A redimir → conseguir; abominable → desexable; encetar → rematar; limiar → rodeo. Correcto?

B compasivo → piadoso; porfiar → negar; dispendio → aforro; glosar → recitar. Correcto?

C acollida → recepción; clase → categoría; hábil → mañoso; rancor → aversión. Correcto?

12. Cal destas oracións contén un pronome de solidariedade?
A Vouche pasear a ver se me relaxo. Correcto?

B Estes rapaces non nos axudan nada. Correcto?

C Coido que mo mandarán agora. Correcto?

13. Non se acentúan:
A Os polisílabos que conteñen “i” ou “u” en hiato: ainda, miudo, xuizo. Correcto?

B Os adverbios rematados en –mente: comunmente, dificilmente, friamente. Correcto?

C Os verbos con pronome enclítico: fixeronllo, meteseche, contaronvolo. Correcto?

14. Cal é a serie de palabras correcta?
A Lavavaixelas, alcantarillado, antoxo, almohada, peto. Correcto?

B Lavavaixelas, sumidoiro, antoxo, cabezal, bolsillo. Correcto?

C Lavalouza, antollo, sumidoiro, almofada, peto. Correcto?

15. Cal é o tempo verbal correctamente conxugado?
A Cubro, cobres, cobre, cubrimos, cubrides, cobren. Correcto?

B Agradezca, agradezcas, agradezca, agradezcamos, agradezcades, agradezcan. Correcto?

C Andiven, andiveches, andivo, andivemos, andivestes, andiveron. Correcto?

16. Cal é a serie de palabras correcta?
A Anceiar, chao, millor, peirán, unhos. Correcto?

B Anceiar, chan, millor, peirao, unhos. Correcto?

C Anhelar, chan, mellor, peirao, uns. Correcto?

17. A palabra “b e r c e ” (subliñada no texto), referida á cidade de Londres, significa:
A Lugar de orixe. Correcto?

B Área administrativa ou parte dunha cidade. Correcto?

C Poboación onde reside o goberno. Correcto?

18. A palabra “le c e r ” (subliñada no texto) significa:
A Conxunto de actos de carácter alegre organizados co fin de celebrar un feito. Correcto?

B Tempo dispoñible para facer algo ou para descansar. Correcto?

C Grao de desenvolvemento ou de calidade respecto dun punto de referencia. Correcto?

19. No sentido en que aparece no texto, a palabra “f is c a lid a d e ” (subliñada no texto) significa:
A Cantidade que o cidadán recibe do Estado para contribuír ao seu orzamento. Correcto?

B Axuda económica que recibe unha persoa para estudar ou investigar. Correcto?

C Sistema de recadación ou conxunto de leis relativas aos impostos. Correcto?

20. As palabras t o p (subliñada no texto), s t a n d in g ( subliñada no texto) e r a n k in g (subliñada no texto) son:
A Estranxeirismos que conservan a forma da lingua de orixe. Correcto?

B Calcos de palabras estranxeiras. Correcto?

C Tecnicismos específicos dun determinado ámbito. Correcto?



N.º de respostas correctas (C)
N.º de respostas incorrectas (Z)
Puntuación do test= C×0,5-Z×0,125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0,125

2005-2024