ogalego.eu // ogalego.gal son Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados |
Ditos de Pilar Guerra de Trasar de Carballo. Listado alfabético con opcións para escoller
Unha das posibilidades é a correcta, premer para ver:
A bica o que a fai pícaa
O que fai a bica na cociña será quen lle faga os buracos para que coza ben |
A cabra co vicio dá co corno no cu
As cabras tenden a rañarse cos cornos |
Coidado, que se pode estragar algo |
As cabras de cornos grandes son moi viciosas |
A cara é o reflexo do corazón
Na face reflíctense os sentimentos |
Na cara vense as doenzas coronarias |
A xente con moita cara ten pouco corazón |
A carne carne cría, e o peixe auga fría
A carne hai que comela quente e o peixe frío |
A carne alimenta moito e o peixe pouco |
A boa carne a de animal que se alimenta de carne e o bo peixe o que se cría en augas frías |
A carne en calceta que a coma o que a meta
Os calceteiros son bos comedores |
Quen fai a calceta é o primeiro en comer a carne |
Quen fai os embutidos é quen mellor sabe como están para os comer |
A carne no sal un mes e no fume tres
A cartos vai a vaca, o que non a ten non a papa
Aínda que haxa poucos cartos, algo é algo |
Nos tratos de vacas só se paga con cartos |
Quen queira comer vaca que a pague |
A casa nunca andou a pedir
Nesta casa non entran esmoleiros |
A casa nunca estivo embargada |
Nesta casa sempre houbo o necesario para a familia |
A confianza mata o galego
Os galegos ata poden desconfiar dun morto |
Os galegos son desconfiados ata a morte |
Non se pode confiar en calquera, hai que ser precavido |
A corda sempre creba polo máis delgado
Os máis delgados sempre perden nas pelexas |
Sempre é o máis feble o que leva as de perder |
Os máis delgados sempre xogan mellor á corda |
A falta de pan cómese bica
Cando non hai pan centeo cómese o pan de millo cocido na lareira |
Cando non hai pan cómese biscoito |
Cando non hai pan de trigo cómese o de avea |
Á galiña e á vaca polo bico se cata
Antes de comer vaca ou galiña mirarlles o bico e saberase como están de sabor |
As vacas e as galiñas mostran no bico como están de saúde |
As vacas e galiñas cando están ben alimentadas producen moito |
A gata co apuro trouxo os fillos cegos
Moitos gatos nacen cegos |
Hai que ter coidado que coa moita présa pódense estragar as cousas |
As gatas precisan parir amodiño para que os gatiños non sufran |
A letra con sangue entra
Só fai boa letra quen castiga os dedos |
Para aprender hai que esforzarse e ás veces recibir castigos |
A letra máis bonita é a de cor sanguíneo |
A lingua ten o seu curral
A lingua galega non debe saír do seu ámbito |
É moi feo botar a lingua fóra a modo de burla |
Cómpre falar con xeito, sabendo o que se di |
A mera de San Xoán leva o viño e non deixa o pan
Á muller e á mula, cada día súa tunda
Como as mulleres e as mulas son moi teimudas hai que educalas con violencia |
As mulas e as mulleres sempre andan a pedir que lles batan |
A mula e a muller onde mellor están é no campo |
A muller e a sardiña pola máis pequeniña, mentres a grande se baixa a pequena varre a cociña
A muller e a sardiña onde mellor están é nunha cociña pequena |
A muller e a sardiña pequenas son máis limpas |
Dito de eloxio das mulleres pequenas e miúdas |
A muller que non come canda o home, ou xa o comeu ou aínda o come
A muller viúva, ata as silvas se prenden nela
As viúvas son moi buscadas, todos as procuran |
Para as viúvas todos son desgrazas, todo vai contra elas |
A viúva sempre trae os fillos presos ás súas saias |
A pataca e a muller, ao primeiro mercader
As familias deben entregar as patacas e as fillas ao primeiro que dea algo por elas |
Patacas e mulleres deben darse ao primeiro descoñecido |
Patacas e mulleres deben darse sempre moi novas |
A perdiz, que entre o cheiro polo nariz
A perdiz sempre ben cociñada e que dea cheiro o mollo |
A perdiz é máis saborosa despois duns días morta cando empeza a dar cheiro |
A boa pediz é a que cheira moito morta |
A porca de maio ou no principio ou no cabo, e han parar os bois quince días antes ou despois
En maio sempre hai quince días de mal tempo |
En maio hai que parar os traballos e matar as porcas de cría |
Pararanse os traballos se fai falta, mais hai que atender os partos das porcas de cría |
A porca de maio vale máis no principio ca no cabo
A matanza das porcas de cría mellor ao principio do mes para conservar a carne |
É mellor que as porcas de cría pairan no inicio do mes |
A choiva de maio é máis beneficiosa no comezo do mes |
Á porta do rezador non poñas o trigo ó sol e do que non reza nada, nin trigo nin cebada
A raíz do toxo verde é moi mala de arrincar e os amores primeiros son malos de olvidar
Toxos verdes e primeiros amores pican moito |
A lembranza dos primeiros amores é moi difícil de borrar |
Primeiros amores e toxos verdes, mellor arrincalos |
A roupa lavada polo sol agarda
Traballo xa feito non corre présa |
A roupa ben lavada non precisa sol para secar |
Sempre é mellor lavar coa luz do sol |
A sombra a da pena, e o abrigo o da leña
A sombra máis fresca, a das pedras; o abrigo mellor, o das árbores |
Cando un ten penas, nada mellor que arrimarse a unha árbore |
Cando un ten unha pena, botarlle leña ao lume |
A xente quere pingar antes de asar
Aplícase a quen quere comer cedo, antes de que estea ben feita a comida |
Aplícase a quen quere obter beneficios antes de tempo ou sen esforzo |
Aplícase a quen quere estragarlle un negocio a outro |
Acongrear a alguén
Adeus dise aos mortos e aos que teñen os pés tortos
Frase feita para dicir á familia nos enterros |
Frase feita para aplicar en calquera situación dependendo o significado do contexto |
Frase feita de ánimo para unha persoa cunha doenza grave |
Agosto nubrado, nabo furado
Cando en agosto hai días con moitas nubes os nabos collen peste na folla |
Frase para aplicar a un negocio que saíu mal |
Coas nubes de agosto os nabos podrecen na terra |
Aínda a sogra levanta ben a tapa da artesa
Nun matrimonio cando a sogra é moi valente e forzuda |
Nun matrimonio cando é a sogra a que manda na casa |
Nun casamento cando a sogra é aínda unha muller nova |
Aínda andaba de refaixo
Aínda tiña moito frío |
Cando os nenos aínda levaban refaixo noutrora, que era pequeno o rapaz |
Aínda levaba o traxe tradicional |
Alarga os pés máis cá manta
Aplícase a alguén que gasta máis do que logo pode pagar |
Aplícase a alguén que é moi alto e non colle ben na cama |
Aplícase a alguén que sempre ten algo de frío |
Anda algo trousado
Está moi canso |
Está vomitando |
Estalle saíndo unha doenza |
Anda ás dúas mans coma a vaca do pobre
Anda coa cabeza polo aire
Está medio mareado |
Está a pensar noutra cousa, despistado |
É moi listo e espelido |
Anda coma un farrapeiro
Anda moi devagar coma os que vendían farrapos |
Anda mal vestido, coma os que mercaban farrapos |
Anda de aquí para alá coma os vendedores ambulantes |
Anda con pés de plomo
Anda devagariño, amodo |
Anda cun calzado moi pesado |
Anda sempre mirando moito por onde vai |
Anda da outra maneira
Aplícase a unha persoa que se comporta de xeito diferente |
Aplícase a unha persoa que está mal da cabeza |
Aplícase a unha muller embarazada |
Anda darredor coma can do señor
Non para de dar voltas |
Sempre está eloxiando aos xefes |
Está medio mareado |
Anda na punta do pé
É moi bo/a bailarín/a |
É moi presumido/a |
É moi botado para a adiante |
Anda tino con tino
Anda sempre moi estirado |
Anda con moito coidado |
Anda de xeito raro |
Anda todo encarrafuzado
Anda moi limpiño |
Anda moi fachendoso |
Anda moi porco, cheo de merda |
Andan os ladrós atrás dos que rouban
Todos son da mesma condición |
Fillo de ladrón, ladrón será |
Todos os políticos acaban sendo algo ladróns |
Aníñase en calquera lado
Despectivo cara á muller que ten amores con calquera home |
Dise dos paxaros que fan o niño en calquera sitio |
Fai as súas necesidades en calquera sitio |
Ano de herba, ano de merda
Anque botes e rebotes garavanzos nunha criba, anque botes e rebotes, a miña ha de quedar por riba
Anaco dun desafío ou regueifa entre dous |
Anaco dun coñecido poema de Rosalía de Castro |
Fragmento do Himno de Galicia |
Antes de beber faille a cama primeiro
Se ves que se vai embebedar déixalle a cama feita, virá en malas condicións |
É bo sempre beber algo antes de ir durmir |
É bo comer algo antes de tomar bebidas alcohólicas, sentan mellor |
Ao caer as follas é cando se ven os niños
Os vellos/as sempre din a verdade |
Para ver os niños o mellor tempo é o outono |
Ao pasar o tempo sempre vai quedando a verdade |
Ao home desafortunado párelle a muller e a burra no mes de maio
Ao lado da roca nada lle toca, ao lado do fuso es escuso
Ao que lle doe o dente, que o leve a dentuza
O que precisa algo é o que se ten que mover e procuralo |
O que sente dor de dentes é quen debe ir ao dentista |
O que ten fame que procure a comida |
Ao que porcos lle faltan, á porta lle roncan
Cando escapan os porcos axiña aparecen roncando na porta |
O que non ten porcos sempre lle parece que andan cerca, por alí |
Nunca faltan amigos pedindo favores |
Ao que porcos lle faltan, róncanlle as silveiras

Se lle escapan os porcos sempre lle parece que andan cerca, por alí |
Nunca faltan amigos pedindo favores |
Ao que serve a señores non lle faltan dolores
A quen serve a outros nunca lle han faltar traballos e penurias |
Servir a comida a ricos é moi doloroso |
Aínda que se comporten como señores non lles faltan dores |
Ao rico mórrenlle os fillos e ao pobre os porcos
Os pobres coidan moi pouco os porcos |
Para o pobre o porco ten moito valor, é a base da súa mantenza, cóidao coma un fillo |
Os pobres e os ricos coidan igual os fillos |
Aos cinco faime un circo que aos seis eu meterei
Arrímase moito ao trasfugueiro
Aplícase a unha persoa moi traballadora |
Aplícase a unha persoa moi mimosa |
Aplícase a unha persoa que ten moito frío |
As aves de bico non poñen ao home rico
Cantan pouco |
Andan pouco |
Producen pouco |
As cousa claras e o chocolate espeso
Hai que ser claro no que se di |
Contraste, coma o negro e o branco |
O chocolate espeso non é moi bo |
As mozas de..-o nome do lugar- todas presas nun cordón, pasa o cura polo medio e estas burras de onde son
Todas teñen ganas de casaren cedo |
Así como van de postas xa nin o cura recoñecen |
Son todas algo curtas de entendemento |
Ás nove déitate home, ás dez muller se a tes, e se te deitas canda o home para ben pouco muller es
As perdas non son ganancias
Cando un perde algo outro o atopará |
Unha perda ben aproveitada convértese en ganancia |
Dise cando hai unha perda ou desgraza na casa |
As pernas do criado non cansan
Os bos criados nunca cansan |
O amo manda e manda e non cansa porque quen traballa é o criado |
Os bos amos mandan pouco |
Ás veces teñen oídos as silveiras
O vento canta nas silveiras |
Sempre hai ruídos detrás das silveiras |
Hai que andar con xeito no que se di, pode oír calquera |
Ás veces un porco ruín topa unha castaña boa
Ás veces ten sorte quen non a merece |
Os porcos son os mellores buscadores de castañas |
Quen non busca non atopa |
Auga que non é de beber, déixaa correr
Se unha moza/o non che fai caso, déixaa/o ir |
Non se debe beber nos charcos |
Non é bo desviar a corrente dun regato |
Benia a mai que te pariu e o pai que te fixo
Que mala sorte tiveches coa familia que che tocou |
Facerlle a benia a un neno era dicirlle esta frase cando se atopaba para dicirlle que era guapo e simpático |
Non mereces a teus pais |
Boa roca fía o que a seu fillo cría
Boca pechada non colle mosquitos
É mellor estar calados que meter a zoca |
No verán quen abre a boca papa mosquitos |
Hai que ser precavidos e non lle abrir a porta a descoñecidos |
Bos ollos te vexan
Dise a primeira vez que se ve un descoñecido |
Dise a primeira vez que se ve un emigrante retornado |
Dise a primeira vez que se ve un pequeno |
Bótalle un can ao rastro
Cando se perde algo non hai como un can para o buscar |
Aplícase a algo que xa pasou e se perdeu |
Mételle présa, apúrao |
Búscaa que traia o dote na mao
Procura unha muller que traia unha dote que se vexa ben antes de casardes |
Procura unha muller que traia unha boa dote dos pais |
Procura unha muller traballadora aínda que non sexa rica |
Buscarlle os pés ó gato
Dar a lata, enfastiar |
Procurar saber algo, buscar as raíces |
Recolocar unha cousa, poñela no seu sitio |
Cabra coxa non quere sesta, se lla dan mal lle presta
As persoas con coxeira despois de se erguer sempre camiñan mal |
As persoas doentes non deben durmir a senta, préstalles mal |
Se se quere facer algo ben ten que ser axiña, logo de descansar custa máis |
Cada cousa é pró que é e o zapato pró pé
Cada santo chégalle o seu día
Está para un tempo longo |
Hai que facelo un día festivo |
Hai que facelo o día do Patrón |
Cambiarás de muiñeiro e non de ladrón
Vas seguir igual porque os novos vante seguir enganando ou estafando |
Todos os muiñeiros son algo ladróns |
É moi difícil cambiar de muiñeiro, róubanse os clientes |
Cando a galiña canta coma o capón, matala que trae mala sorte
É de mala sorte que as femias fagan os traballos dos machos |
Cando a muller canta como o home trae mala sorte |
Cando as galiñas cantan á mañá cedo coma se foran galos dan mala sorte |
Cando a silva bota a flor, pon a canada ao sol
Cando as formigas pisen forte e os carballos dean uvas, han ser bos homes os das barbas rubias
Dito para burlarse dos homes louros |
Aplícase a algo imposible de facer |
Aplícase a algo que non se cre |
Cando canta a cobra en marzo, neve en maio
Algo imposible porque as cobras non cantan |
Se cantan as cobras no marzo, frío no maio |
Felicidades agora e desgrazas despois |
Cando canta o galo a medio día, néboa pró outro día
O que hoxe se fai mañá se cobrará |
Cando as cousas se fan a destempo empeora a situación |
Os galos cantan á mañanciña, se o fan ao mediodía sinal de brétema |
Cando falaba a auga: quérome ver cos que non saben nadar, que os outros xa son meus
Aplícase a algo que todos sufrirán, tarde ou cedo |
Dise na costa para que todos aprendan a nadar |
Dito absurdo e sen significado |
Cando o neto ao avó lle desquita na comida, non lle fai mal que lle alonga a vida
Cando o vello incha a sepultura rincha
Canta como flauta
Canta con voz moi fina |
Canta moi ben |
Canta moi alto |
Canta coma un carro vello
Canta con moita experiencia |
Canta moi mal |
Canta ao xeito tradicional |
Cántalle á túa tía para que che día
Dille as cousas claras á túa tía para que che deixe algo |
Cántalle ben pero de día |
Faille festas para que che regale algo |
Cantan os capós en Ferreira: fame no millo; contéstanlles os de Pantón: sempre cha acordo
Canto máis amigos, as contas máis claras
Canto máis amigos máis lles hai que axustar as contas e reñerlles |
Nos negocios non se pode un fiar dos amigos |
Ás veces os amigos non saben sumar |
Casamento e mortalla, do ceu baixa
O casamento é como a morte |
O casamento e a morte veñen de súpeto |
O amor para casamento e a morte son cousa de Deus, veñen dados |
Chámalle antes que che chame
Pénsao ben antes de chamar a alguén |
É mellor sempre chamar por teléfono antes de que che dean malas novas |
Nos insultos sempre é mellor adiantarse ao outro insultando |
Chamoulle as de San Quintín
Reñeron e díxolle de todo o peor |
Chamouno e púxoo coma un santo |
Chamouno para as festas do lugar |
Cheira coma un ovo podre
Cheira moi mal |
Cheira a comida |
Cheira que arrecende |
Cheiras coma unha bubela
Cheiras a natureza salvaxe |
Cheiras moi mal, como a bubela que fai o niño con merda da xente |
Cheiras a primavera |
Co roubado ninguén medra
Coa comida roubada pouco medra o corpo |
Co que se rouba pouco se pode progresar |
Para medrar, mellor roubar |
Cocemos catro pas (pans) e sete debemos
Hai que mirar a capacidade do forno antes de meter o pan |
Sempre traemos menos comida da que debiamos |
Aplícase a alguén de debe máis do que ten |
Colleu garampallo
Colleu unhas trapalladas |
Colleu unha catarreira |
Colleu moito proído nos pés |
Come coma un sabañón
Come pouco |
Come moi amodiño |
Come moito |
Comer calado como os curas
É de boa educación comer calado como os curas |
É de mala educación comer calados como os curas, sen conversar cos demais |
Comer calado coma os curas axuda a facer a dixestión |
Compra barato e compra diario, e se compras caro levas comprado
Hai comprar con xeito, a diario e barato, non unha vez e caro |
É mellor compara algo caro e bo unha vez que algo barato moitas veces |
Que cadaquén compre como queira, barato ou caro |
Con pan e viño ándase camiño
Con algo de pan e de viño xa se vai tirando e pode un ir andando |
Para camiñar ben o mellor é o pan e o viño |
Para facer o Camiño de Santiago hai que levar sempre pan e viño |
Cóntaas tan grandes coma rodas de muíños
Conta unhas mentiras moi esaxeradas |
Conta unha historias moi longas |
Conta unhas verdades que ninguén llas pode rexeitar |
Contra brancura non hai fermosura
Se todo é branco non hai fermosura |
A branca é sempre a cor máis fermosa |
Vestir de branco non é moi correcto |
Corta o pan en tarougos
Corta o pan en anaquiños pequenos |
Corta o pan en toros moi iguais |
Corta o pan en anacos grandes para o botar ao leite, caldo... |
Cosía algo para fóra
Vivía moi pendente dos demais |
A roupa que cosía sempre quedaba longa |
Ironía para desprezar a muller que era amiga dos homes |
Costureira sen dedal cose pouco e apreta mal
Sen dedal non se pode coser ben, apértase pouco |
A muller sen xeito non vale nada |
Muller que non se axuda a si mesma non vai progresar |
Curuxa papou!
Acabouse a comida |
Iso xa non ten remedio |
Desapareceu xa |
Da noita prá mañá o carneiro perde a la
Da panza sae a danza
O baile hai que sentilo, ten que saír de dentro |
Despois de comer ben é cando mellor se pode bailar e farrear nas festas |
Cando un colle barriga logo ten que moverse moito para a baixar |
Da que me caguen pouco importa que me limpen
Coidado co esterco na terra, logo non se pode sacar |
Hai que ter coidado coas cagadas de paxaros na roupa |
Cando o mal xa está feito, non hai remedio |
Dálle aire á saia!
Ventila ben o sitio! |
Seca ben a roupa! |
Apura, axiña! |
Dálle unhas fregas a repelo
Hai que lle levar a contraria para contentalo |
Remedio que se lle fai ás veces aos doentes. Tamén se utiliza a frase ironicamente para burlarse |
Cómpre fregar ben a repelo os capóns antes de os asar |
Danlle por onde lle doe
Máncano moi a miúdo |
Acertaron ben co seu punto débil |
Déronlle moi ben coa doenza no Sanatorio |
Dar punto
Coller vacacións |
Bailar correctamente |
Coser ben unha prenda |
Das flores a máis fea é a do viño
Porque cando se acaba o viño da pipa saen as flores brancas |
Porque trae consigo as bebedelas e liortas |
Porque é unha flor pequena e de pouca duración |
De burro a baixo non hai máis pra onde ir
De todos os animais de carga o peor é o burro |
Os burros son os animais que peor vida levaron sempre |
Non hai nada peor que a ignorancia |
De caste lle vén ao can pra non ser coelleiro
Aplícase ao home que é moi amigo de andar con mulleres |
Aplícase aos cans que son malos cazadores |
Aplícase aos homes que son malos cazadores |
De marco a marco non hai arco
Frase irónica para lle dicir a alguén que é carpinteiro |
Entre os marcos das portas sempre hai unha recta, non un arco |
As estremas dos eidos son rectas entre os marcos, non hai curvas |
De muiñeiro a ladrón solo vai un escalón
De paus fanse achas
Dunha cousa sae outra, todo ten a súa orixe |
As achas son o mellor combustible para a barbacoa |
Hai que mirar onde un se mete, pode levar uns paus |
De pequeno rei, de mozo galán, de casado burro, e de vello can
Os xogos preferidos en cada etapa da vida |
As etapas da vida dunha persoa |
Texto dunha cousa de Castelao |
De tres porcos seis touciños, doce patas, tres fuciños, seis orellas e tres rabos, trinta anacos ben contados
Dito para axudar a aprender a sumar os meniños |
Debíalle unha débeda ao demo e veuna pagar aquí
Mira que tivo mala sorte, a onde veu dar |
Cometeu un pecado moi gordo |
Anda en moi malas compañías |
Defecto é roer a roupa
Dise cando unha persoa pasa moita fame |
Dise cando non debe ser considerado defecto |
Dise cando alguén anda esfarrapado |
Desconfiarás e acertarás
Canto ao tempo, desconfía do que ves e acertarás |
Hai que confiar máis na xente |
É mellor sempre ser algo desconfiado |
Deus che dea paciencia e no cu ocurrencia
Deus dá o frío segundo é a manta
Deus vai repartindo os males e desgrazas segundo as necesidades |
Segundo se comporte a persoa así Deus llo premiará |
A fe é o mellor acobillo para os pobres |
Deus lle dea o que lle cómpre
Que teña o que lle gusta |
Que teña unha boa morte |
Que lle toque a lotaría |
Deus nos dea moito e nos conforme con pouco
Díselle a alguén que come moito |
Díselle a alguén que fala moito |
Díselle a alguén que ten moitos cartos |
Di a curuxa: "anda de día que la noche es mía"
A noite e o día |
As curuxas falan castelán |
As curuxas andan de día |
Din as campás de Xeral: quen ten, val
Din as campás de Xeral (Ourense): quen ten vale |
Din as campás que xeralmente quen ten vale |
Din as campás de Xeral (Ourense): quen ten un val? |
Din que somos tres, eu digo que somos cinco, eu hei de ser o mellorante no terzo e no quinto
Aplicado aos dedos dunha man |
É o que di un perito cando fai as partillas dunha herdanza porque el vai cobrar moito |
Aplicado ás dedas do pé |
Diñeiro e santidade, metade por metade
Un bo cristián sempre debe aportar a metade dos seus cartos para a Igrexa |
A santidade axuda a recoller diñeiro |
O mellor é non pasarse tanto nos cartos coma na relixiosidade |
Dixo o demo que non estaba ben
Ironicamente, para as cosas moi ben feitas |
Dise cando se fai unha cousa e algo lle falta |
Hai que desconfiar, non é o que parece |
Do San Antonio ao San Xoán once días van
Si, porque son o 15 e o 26 de agosto |
Si, porque son o 13 e o 24 de xullo |
Si, porque son o 13 e o 24 de xuño |
Do San Xoán ao San Pedro bota conta polo dedo
Son 5 días o 24 e 29 xullo |
Son 5 días, o 24 e o 29 de xuño |
Son dez días, o 24 de xuño e o 4 de xullo |
Dous é un e un é ningún
Duras coma nabos
Dise das barras de pan duran ao mordelas |
Dise das zocas duras ao poñelas |
Dise das mazás duras ao mordelas |
É bo mozo, ten a cabeza por riba do pescozo
Dito humorístico aplicable en moitos contextos |
É bravo coma un teixo
É moi bravo, coma un porco teixo |
Irónico, é bastante manso |
É moi natural e aberto como o teixo árbore |
É coma folla de olmo
É moi suave e dondo como as follas do olmo |
Ten dúas caras (como a folla do olmo), dúas maneiras de se comportar |
É moi áspero e desgradable como as follas do olmo |
É coma un bandallón
É un larpeiro e bo comedor |
É moi alto e forte |
É un trapalleiro, informal |
É coma un toxo bravo
Persoa de carácter serio, nada garimoso |
É unha persoa moi guapa coma o toxo en flor |
É unha persoa moi apegada ás tradicións |
É como a rapina
Colle todo o que pilla |
Cheira moi ben, como a rapina |
Non para quieto un momento |
É delgado coma unha espadela
É delgado coma a espadela do liño |
É delgado coma a espada de Santiago |
É delgado como a herba espadela |
É filla de mai / de pai
Sempre foi moi mimada pola nai/pai |
É de boa familia |
Herda as maneiras da nai/pai |
É fino coma a la de gato
Moi fino e suave |
Dise dun imposible, o gato non ten la |
Eléctrico como o pelo do gato |
É máis vello que andar a pé
Algo moi, moi antigo |
É malo coma a esterlina
Nada malo |
Pouco malo |
Moi malo |
É moi farrista
Amigo das festas, divertido |
Axiña se pon de mal xenio |
Persoa de pouco sentido |
É moi guicho
Moi fino, moi agudo |
Moi divertido |
Moi traste |
É moi mazada
Moi divertida |
Moi descansada |
Moi cariñosa |
É moi taludo
Mentireiro, falso, enganoso |
Aberto, tratable e falangueiro |
Mao de entrar, maniático e de ideas fixas |
É pequeno coma un cágado
Nada pequeno |
Pouco pequeno |
Moi pequeno |
É tan feo coma os meus pecados
Algo feo |
Nada feo |
Moi feo |
É tan grande coma un día sen pan
Inmenso, coma un día sen comer |
Normal, se non se come pan cómese outra cousa |
Pequeno, o pan pouco aporta na comida do día |
É un baila na criba
É moi divertido e festeiro |
Non ten formalidade ningunha |
Está moi delgado e sen forzas |
É un carrafuzas
Amigo de andar atrás das mulleres |
Persoa con moi mal xenio |
Un parvo, un xan debaixo da cama |
É un chapón
É moi amigo de insultar |
É un larpeiro, moi comedor |
É un boca aberta escoitando o que os demais din |
É un falsario
Non é de fiar, é moi falso |
É un gulumión
Un maleducado, respondón |
Non sabe conterse na comida, come demasiado do que lle gusta |
Unha persoa moi educada e afable |
É un noveleiro
Unha persoa moi amiga de enredar todo |
Unha persoa moi amiga de contar historias |
Un mentireiro, xorde e inventa cousas |
É unha mestra de cu colorado
Aplicábase ás mestras que facían substitucións sen teren a carreira |
Aplicábase ás mestras que sempre estaban sentadas sen atenderen os rapaces |
Aplicábase ás mestras que ían sempre de señoritas |
Ela come as castañas, a eles dálles os picos
Ela come o bo, aos outros dálles o ruín |
Ela come as castañas e deixa os xeados para os demais |
Ela sempre quere ir por diante en todo |
Empezar con zocos e acabar con zapatos
As cosas non son como empezan, son como acaban |
Empezar a discutir moi forte e acabar suave |
Ir mellorando de situación aos poucos e sobre seguro |
En boa hora vaia dito
Nunca tal me pasou |
Creo que me pasei falando |
Que haxa moita sorte |
Entra pola porta grande
Fala directo, sen rodeos |
Mellora a situación económica |
Trunfa nun espectáculo |
Entra se podes á casa, míralle ben os cornellos, pra ben pouco muller é se non varre máis cós medios
A que é muller da súa casa debe varrer ben todo, o que se ve e o que non se ve |
Entre marzo e abril ou o cuco ou a fin
Sempre chega o cuco neses meses, de non vir acabaríase o mundo |
Entre santo e santa, parede de calicanta
Hai que afastar os mozos das mozas para que non haxa amoríos |
Non se deben amorear os santos nas igrexas |
Enxamea moito
Xoga moi ben |
É moi mal falado |
Dá moitas voltas, non para |
Es mala coma a peste
Moi mala |
Es un rabo/cu aberto
Díselle a quen non garda un segredo |
Díselle a quen deixa as portas abertas |
Díselle a quen fala sen pensar o que di |
Está acedo coma o rabo dun can
Unha comida moi aceda, máis ben para o caldo de nabizas |
Está arrancado
Está moi canso |
Non vai para arriba, arruínase |
Non se afai nun lugar |
Está ben aleitoado
Moi ben recomendado |
Ben lavado e limpo |
Ben coidado, lustroso e fino |
Está como ha de ir
Moi namorado, listo para casar |
Acabadiño, moi canso |
Limpiño e axeitado |
Está no cerno
Moi preocupado |
Moi duro e forte ou moi maniático e de ideas fixas |
Moi contento e disposto a afrontar unha nova vida |
Está tras da retorta
Está nun camiño cheo de curvas ou dificultades |
No camiño incorrecto |
Ben pechado, alguén ten a chave e non a deixa |
Está un pouco tenente
Non oe ben |
Non fala ben |
Non ve ben |
Estar de torradas
Almorzar moi cedo |
Queimarse a comida |
A punto de dar a luz: despois de parir as mulleren merendaban torradas |
Estás cego como unha tiopa
Non ves nada |
Este mundo é unha trampa e eu de trampas vivo, se se acaban as trampas, queda o mundo perdido
Dito humorístico para aplicar en calquera situación |
Esto cheira a torrado
Alguén está moi despistado |
Creo que se pode queimar a comida |
Creo que non vai saír ben o asunto |
Estoupou coma unha castaña
Falou por fin |
Rebentou |
Calou |
Eu en carnes de can¡
Facer as rollas
Quitarlle as cueiras aos calzóns para facer rollas que se usarán para a limpeza |
Facer as beiras, namorar |
Limpar as plumas ás aves |
Facía moitas sabas de tomento
De mala calidade, o tomento é a parte mala que se saca do liño |
Fai ben e non mires a quen
Hai que facer o ben sempre, comportarse correctamente |
Fai mal e vélate
Facer mal é pecado |
Fai mal as cousas, total tanto ten |
Se obras mal ten coidado coas consecuencias |
Fai o que o cura diga, non o que o cura faga
É moi complicado poder seguir as boas obras dos curas |
Non se lles pode facer caso aos curas |
Os curas predican ben, as súas obras son outra cousa |
Fai trampas, trampón, que para ti che son
O que pon trampas aos animais para cazalos será quen aproveite a carne |
A corrupción dá moito proveito |
Se fas trampas apañarás as consecuencias |
Faille bon bico
Ponlle cara bonita, agradable |
Ponlle as cousas doadas, fáciles |
Dálle un bo bico |
Febreiriño curto cos seus 28, se duraras dous máis non deixarías cornas ó carneiro nin orellas ó pegureiro
O mes de febreiro é un mes moi frío |
Febreiro quente leva o diaño no ventre
O febreiro quente é malo para os campos, mellor que faga frío |
Ferve como pote de papas
Aplícase a un rapaz/a con moita alegría no corpo |
Ferve moi suave, como as papas |
Ferve moi rápido como as papas |
Fía delgado
Sempre mira moito o que di |
É moi boa custureira |
Persoa delgada, fraca |
Fíate en Deus e non corras
Pouco importa avanzar, correr se non se cre en Deus |
Non te apures, Deus proveerá |
Hai que se fiar máis da providencia divina |
Fillos criados, pesares dobrados
Os fillos xa maiores dan o dobre de problemas que ao crialos |
Cando os fillos fan de criados os problemas son maiores |
Os fillos xa criados fanse moi pesados cos pais |
Fillos, tantos coma ollos
Os fillos son os nosos ollos |
Nunca vemos os que fan os nosos fillos |
O ideal é ter dous fillos |
Foi en pelo coma as bestas en Monterroso
Foi á feira vender todo o que tiña |
Foi moi lixeiro de roupa ese día |
Non aportou bens nin cartos ao casamento |
Fúmalle as tripas a un can
Fuma moito |
Marcha de aí, xa! |
Iso é imposible! |
Fun á casa do veciño e avergonceime, volvín á miña e amañeime
Pasei vergoña pedindo algo ao veciño e logo xa me amañei eu na casa |
Goberna mentres tes que
Se podes dedícate á política |
Aproveita mentres hai, logo igual xa non hai |
Hai que ser severos cos inferiores |
Gústalle augallar
Bañarse e xogar na auga |
Botarlle auga ao viño, ao leite... |
Regar as plantas e os eidos |
Ha de ir coma os meus zocos
Vai saír o asunto moi xusto |
Marchará cando queira |
Parece que nunca vai suceder |
Ha de levar tanto como cabe na meniña dos ollos
Coida levar moito nas partillas da herdanza mais ha quedar con ben pouco |
Vai levar, roubar o mellorciño de todo |
Ten pouca forza, pode pouco |
Hache chegar a terra por riba dos ollos
Deberías limpar a cara |
Ao morreres quedarás cuberto de terra |
Deberías enterrar o teu pasado |
Hai que lle poñer un corcho no cu
Bota moitos aires por detrás |
Hai que lle tapar a boca para que non conte o que sabe |
Hai que deixarlle facer o que queira |
Hai que pedir a quen ten
Porque quen non ten non pode dar |
Hai quen di o que sabe e non sabe o que di
Non sabe gardar un segredo |
Fala moito pero sen tino |
Fala un galego moi correcto |
Hai quen nace de pé coma o gato
Con moita sorte na vida |
Imposible, os gatos non nacen así |
Con moita saúde e vida |
Hai xente que perde ata a faca
Perde as cousas facilmente |
Perde todo no xogo |
Deixa os animais fóra e pérdense |
Heite apuntar na libreta
Home casado muller é
O home casado deberá ser fiel como se fose unha muller |
Ao casar, o home fai de muller, manda ela na casa |
O home casado xa fai de pai e de nai |
Home pequeno en hasta pon
Anda sempre moi erguido |
Ten moi mal xenio |
Ten o membro viril grande |
Home pequeno, fol de veneno
Anda sempre moi erguido |
Ten moi mal xenio |
Ten o membro viril grande |
Inda non perdeu os fumes
Non consegue apagar o lume |
Non conseguiu deixar de fumar |
Aínda pensa que é pero xa non é |
Ir e vir chámase carrear
As cousas vanse facendo aos poucos |
Non parar quieto |
Andar moito mundo |
Iso son contos podres
Unha cousa que xa se sabe de vello e véndencha coma nova |
É unha historia moi enganosa |
Hai que desconfiar do que che din |
Labrador pescador e cazador, arañas no fumeiro e fame no comedor
O labrador que abandona as obrigas do campo para cazar e pescar non é de fiar: fame na casa |
Labradores novos, mal polas silveiras
Os novos labradores non fan máis ca limpar as silvas |
Os novos labradores andan por aí, sentados nas silveiras |
Os novos labradores non limpan as silvas das estremas, son descoidados |
Lebres arriba, coellos abaixo, mulleres prás festas e prás romerías
Dito popular aplicable en moitos contextos |
Leite con viño fai do vello un mociño
Fai máis efecto o alcohol e alegra a vellez |
Mala mestura, acaba cun vello |
É tan bo que transforma a un vello en novo |
Leite mazado, peido no rabo
O leite moi pasado provoca gases |
O leite mazado (para lle tirar a manteiga) provoca moitos gases |
O leite moi pesado e forte provoca gases |
Leva o inferno en vida
Aplícase a alguén que pasou moitos traballiños |
Aplícase a alguén moi pouco relixioso |
Aplícase a alguén que ten un carácter moi desagradable |
Lonxe da vista, lonxe do corazón
O que non se ve non se ama |
O que non se ve non fai mal |
Cando un marcha axiña esquece as cousas queridas |
Máis vale dar ca pedir
Mellor poder emprestar do que ter que pedir emprestado |
Vale máis pegar antes de recibir |
Vale máis acertar na lotaría do que pedir cartos |
Mal arransallado, morte no cabo
Doenza da pel, morte segura |
Mal escollido, desastre final |
Doenza da que non se dá saído acabará moi mal |
Mal de mulleres e coxea de cas, nunca caso lles farás
As mulleres tenden a queixarse por calquera cousa coma os cans que fixen moito e logo lles pasa |
Malia o ben que polo trono vén
A treboada sempre fai moito mal |
A treboada é unha bendición para as terras |
A treboada é sinal de boa sorte |
Mama polas tetas de diante
Está ben alimentado, coma o porquiño que mama polas tetas dianteiras da porca |
É un obseso sexual |
Sempre é o primeiro namorando |
Mama por unha teta seca
Vai quedar moi fraquiño |
É un obseso sexual |
Non consegue nada, non lle dan nada |
Manda chover na Habana!
Imposible, alí non chove case nada |
Vello dito de admiración |
Ten moito poder |
Mar revolta, sorte prós pescadores
Co mar revolto, máis fácil a pesca |
Co mar revolto os pescadores poden quedar a durmir na casa |
Co mar alterado os pescadores sempre teñen sorte nos xogos de azar |
Martes día dos amantes
Martes, día de sorte para os que aman |
O martes é festivo para os amantes |
Día apropiado para visitarse os namorados |
Marzo iguarzo
En marzo tan grande é o día coma a noite |
Marzo é un mes moi desigual |
Marzo é un mes moi desagradable |
Marzo ventoso e abril chuvioso
O habitual é moito vento en marzo e moita choiva en abril |
Maos (mans) que non dades, que esperades
Quen non é severo e esixente non será respectado |
Quen non é amoroso non pode esixir agarimos |
Quen non traballa non recolle froitos |
Medra coma sebo na vela
Non medra nada |
Medra moito |
Medra pero con mal cheiro |
Menos dá un toxo
Hai que aproveitar o que haxa |
O toxos non dan nada nunca |
Coidado, que pican |
Mentres non hai morte non hai mala sorte
É o que din os curas cando ventan enterro |
Mentres non se comete un crime non está todo perdido |
Menos a morte todo se arranxa |
Mentras un é zafra non é martelo
Mentres un está debaixo de outro non manda, xa mandará cando dea a volta a situación |
Mentres alguén está canso non é violento |
Mentres alguén esta acovardada non fai ruído |
Mercar sen ter, vender sen querer
Cando se merca o que non se ten non fai falta logo vender o sobrante |
O que fai unha compra sen ter con que, vende do del sen se dar de conta |
Non se pode mercar o que non está á venda |
Miña mai, miña maiciña, coma ela non hai ningunha, arréglame a camisa coas mangas dentro da súa
Nada hai coma o amor da nai |
Moitas veces vai a ola á fonte e dunha rompe
Os mozos que se ven moito na fonte acaban tendo relacións |
Cando se repite moito algo perigoso, acaba por suceder o que non debía |
Os recipientes que moito se usan acaban rompendo |
Moito te matas por ver Madrid
Sofres moitas penalidades para poder sentirte español |
Moito viaxas |
Dise cando se esgotan todas as posiblilidades para conseguir algo |
Morde e non ladra
Alguén que fai dano sen avisar |
Dise do can de raza loitadora |
Persoa calada pero incisiva |
Morreu por falta de sustento
Morreu con falta de |
Muller con bigote escusa dote
Porque xa é rica |
Porque non vai casar |
Porque é moi moderna e non quere dote |
Muller morta sete á porta
Todas as viciñas queren ver o que hai dentro da casa |
Pronto chegan as viciñas a choraren |
Os viúvos axiña atopan muller |
Muller sularmeira, puta ou meiga
Mala muller |
Na cadea e na sepultura todos temos unha herdanza
En calquera momento podemos morrer ou ir á cadea |
Sempre nos pode caer unha herdanza por morte ou ir á cadea |
Todos estamos encadeados á nosa sepultura |
Na casa do carpinteiro sentarse no chao e na do ferreiro coitelo de pao
Facemos cousas para fóra mentres temos abandonada a propia casa |
Carpinteiros e ferreiros son xente pobre |
Hai que saberse comportar segundo na casa de quen esteamos |
Nariz nacha, boa muchacha
Dito aplicado en moitos contextos a unha moza |
Neno de teta é como pan de porreta
O pan con porros non é bo |
Tenro, que aparenta, que engana |
Os netos pequenos son bos coma o pan |
Nin de risas nin de veras, non xogues co pai ás peras
Non de broma se debe ir co pai roubar froita |
Non se lle debe perder o respecto ao pai, non se pode xogar con el ao mesmo nivel |
Nin de broma nin de veras se debe xogar coa paciencia dun pai |
Nin que fora fillo dun cura
Non fai máis ca dar consellos |
Gústalle almorzar chocolate |
Non se sabe quen é seu pai |
No mes de abril cear sen candil
Cear antes de que chegue a medianoite |
Cear sen luz, á luz dunha vela |
Xa son os días longos |
No mes de abril vai a vella onde quere ir
No mes de abril os camiños xa están limpos de lama |
Como o día é grande sempre chegará aínda que vaia de vagar |
Xa comezan ás reunións no serán |
No mes de xaneiro sube ao outeiro, se ves verdegar bota a chorar, se ves negrear bota a cantar
En xaneiro debe estar todo seco polo frío, se está todo verde mal sinal |
No tempo e na morte non hai fundanza
Non hai firmeza, cambiante |
Non hai fundamento para a morte ou o tempo que pasa |
O tempo da morte é infundado |
Non asenta cabeza
Nunca senta na cabeceira |
Non se acomoda ben nun sitio |
Non ten paradura, non se fai serio |
Non dá sarna a gato
Non se pode esperar nada de alguén |
Os gatos non acostuman ter doenzas da pel |
É coma un gato que non se deixa tocar |
Non deixes o seguro polo dubidoso
Hai que amarrarse ao seguro |
Non fai falta preguntar de quen é
Prefire manter o anonimato |
Todos o coñecen |
Seméllase á familia |
Non fai onza de ben
É moi mala persoa |
Non axuda aos demais, non fai favores |
Non fai nada ben as onzas |
Non garda a mexa
Ten incontinencia |
Non sabe gardar segredos |
Non sabe conterse nunha situación complicada |
Non hai casamento pobre nin enterro rico
Os pobre casan e os ricos morren |
Ao casar ninguén é pobre, ao morrer ninguén é rico |
Na morte e no casamento iguálanse pobres e ricos |
Non hai mel sen aguillóns
Non hai rosas sen espiñas |
Non hai abellas sen aguillón |
Para coller o mel hai que sufrir algunha picadela de abella |
Non hai pan sen afán
Non se pode recoller o pan sen antes segalo |
Non hai resultados sen traballo e esforzo |
Non se pode comer o pan se non hai fame |
Non hai sábado sen sol
O sábado é o día máis brillante da semana |
Despois do sábado sempre vén o domingo |
Cando chove moito un sábado dise esta frase |
Non lle aprenderon a cartilla da boa crianza
É un maleducado |
Non estudou o catecismo católico |
É moi mal estudante |
Non lle partas a mexa
Non lle cortes o traballo |
Non o poñas nervioso |
Non o asustes mentre mexa |
Non lle quedou a lingua presa ao cu da mai
É moi infantil, moi neno/a |
Fala demasiado, ten a lingua moi solta |
Non respecta a nai |
Non sae da borralla
Non é capaz de apagar o lume |
Non mellora nada na vida |
Anda en malas compañías |
Non se allanan
Non son nada condescendentes |
Non son capaces de se deitar no chan |
Non hai acordo nun preito ou contenda |
Non se fai cousa de noite que non se saiba de día
Tras a noite sempre vén o día |
A noite é máis perigosa có día |
Todo se acaba sabendo |
Non te gabes ta que acabes
Non se sabe como quedará o traballo ata que se acabe |
Coidado cos falsos eloxios |
Non te vistas ata acabares |
Non te cases cun viúvo por moitos cartos que teña, porque sempre che dirá "mullerciña a primeira"
Sempre te comparará coa primeira muller |
Non te cases por facenda que son bens sen fortuna, cásate con boa xente a mala sempre dura
Consello para que se busque no matrimonio unha boa persoa, non unha persoa rica |
Non todos van á misa por rezar
Por exemplo nas romarías e santuarios moitos van roubar carteiras |
Hai xente que vai á misa par lucirse |
Por exemplo os curas que van por cobrar polos oficios |
Non van comer xuntos a arroba de sal
Eses lévanse moi mal, coma se comesen sal |
Imposible, ninguén come tanto sal. |
Aplícase a unha parella que comeza a convivir e semella que pouco van durar |
Non ves un burro a tres pasos
Non ves nada |
Vas caer pronto |
Estás algo lento nos razoamentos |
Nunca pidas a quen pediu nin nunca sirvas a quen serviu
O mellor é que nunca teñas que pedir nin servir a ninguén |
Son os peores porque xa non lembran cando estaban mal |
O boi na súa corte de seu se delambe
Ben está, onde mellor se está e no que é dun mesmo |
Os bois cando están ben non fan máis que lamberse |
Os bos só se lamben cando están na súa corte habitual |
O bon pagador é dono da bolsa alllea
Empréstanlle cartos porque paga ben e seguro |
O que ben paga compra o que quere |
Tendo cartos todo se compra |
O borracho di o que ten no papo
O bébedo é sempre moi divertido |
O bébedo non sabe gardar segredos |
O bébedo fala moi lentamente |
O can ladrador nunca foi o máis mordedor
Ás persoas que insultan moito non se lles tomar a mal |
Canto máis ladra un can máis perigoso é |
Quen moito fala e ameaza logo pouco fai do que dixo |
O casado casa quere
Cada parella debe ter a súa vivenda, non vivir con outros |
Ao casaren todos se volven máis amigos de estar no fogar |
O chocolate do amigo, mal cocido e ben batido
Os amigos son como o chocolate |
Así se fai o bo chocolate |
Así se fai o mal chocolate |
O cortizo das malas abellas mide as súas polas alleas
Cando alguén obra mal, considera que os demais tamén obraron mal |
Todas as abellas son iguais, non importa o cortizo |
As malas abellas están nos cortizos, non nas colmeas |
O cura onde canta, alí xanta
Hai cregos que comen na igrexa |
Os cregos que cantan ben son bos comedores |
Na casa onde alguén traballa é onde lle deben dar de comer |
O de marras
O demo que as fai deixa o rabo fóra
Iso é cousa do demo, moi mala |
Cando alguén fai unha trampa ou falcatrúa sempre se acaba sabendo por algún detalle |
Cando se fai algo mal sempre se lle bota a culpa ao demo |
O dito, dito
Iso xa queda dito, non hai discusión |
Estaste a repetir |
Ironicamente, dise cando se dubida de algo |
O froito raro no eido e basto na arca
Os froitos hai sementalos raros para que produzan moito |
O froito nos eidos parece pouco e nas arcas moito |
O que se gasta en sementes recupérase logo nas arcas |
O galego se tivera o acordo coma o trasacordo, non había quen o fastidiara
Se os galegos tiveramos tan boa memoria como temos o se desconfiados, mellor nos iría |
O gardar sempre foi ben
O ser calado sempre deu bo resultado |
Aforrar é unha boa cousa |
O gato escaldado á auga fría ten medo
Quen pasou por unha situación má ten medo a que se repita, desconfía sempre |
Os gatos sempre foxen da auga fría, téñenlle medo |
Quen se queimou con auga quente ata lle ten medo á auga fría |
O hábito non fai o monxe
Non chega coas formas, coas maneiras exteriores |
Para chegar a ser algo hai que meterse a fondo |
Pode haber relixiosos vestidos normalmente |
O home e o oso, canto máis feo máis fermoso
Os home son feos coma os osos |
Os homes peludos son máis barís |
O home non ten que ser guapo para ser apreciado |
O home onde nace, o boi onde pace
Os homes casan onde nacen, os bois emparéllanse onde pacen |
As persoas sempre tiran para o lugar onde naceron |
O martes non te cases nin te embarques nin a túa ceba mates
Dise ironicamente cando alguén marcha fóra de Galicia |
O martes é un mal día, non dá sorte |
O mexarrán de Oleiros
O viño de Oleiros (Carballedo, Lugo) é moi frouxo, de poucos graos |
O mundo durará mil, non miles
No mil acabarase |
O ollo do gato mira por catro
O gato todo o ve |
Dise para rirse do que ve pouco |
Cando alguén está adurmiñado e fai que non ve |
O pai de escaravello e o fillo de espello
O pao de pino, se rompe rompino
O que pase ten que pasar, xa non hai remedio |
A madeira de piñeiro racha facilmente, ten pouco valor |
O paxaro habilideiro fai o niño no xaneiro
A primeiros de ano xa hai que ir namorando |
Os paxaros listos e previsores xa fan o niño en xaneiro |
O pichón cando empeza a voar é cando lle hai que cortar as alas
Os pichóns en cautividade deben ter as ás cortadas para que non escapen |
Non se pode deixar que algúen colla o mando pronto, logo xa é tarde para poder educalo (aplicado a cativos) |
O que becerros non vende e vacas non ten, a ver donde lle vén ou O que becerros non vende e vacas non ten, dalgures lle vén
Dise de alguén que adultera o leite con auga |
Dise de alguén que ten moitos cartos pero de dubidosa procedencia |
O que cedo adenta, cedo aparenta
Quen bota os dentes cedo pronto se fará mozo |
Quen bota os dentes cedo será máis amigo de figurar |
Quen bota os dentes cedo pronto terá fillos de maior |
O que co vello queira acabar, que lle dea vacas a gardar
Porque ter vacas é un traballo moi canso |
Porque andar coas vacas a diario era un traballo mal considerado |
O que con auga se cura pouco dura
A auga é mal remedio |
Mal que se cura non auga non é mal |
O que con rapaces se deita, mexado se levanta
Hai que conseguir que os rapaces se afagan a durmir sos |
As trasnadas son propias dos mozos, non pode un fiarse deles |
O que contas non bota, contas non lle saen
Quen non sabe de números vai ter problemas |
Hai que ser precavido e mirar o que se ten antes de gastar |
O que di o que entende e non entende o que di
Sabe ben do que fala |
Non sabe do que fala |
O que escoita, de si oe
Cómpre saber escoitar cando se fala |
Escoitará falar ben ou mal, porque de todos se fala |
O que garda sempre ten
Cómpre aforrar |
Non é bo ser moi aforrador |
O que ha de levar xa o ten alá
Non vai poder levar máis da herdanza |
Levou demasiado adiante as cousas |
Este ano vai quedar sen agasallos |
O que lonxe vai casar, ou chata leva ou vai buscar
Cando a familia está en contra hai que ir casar lonxe |
Está mal visto casar lonxe, pode aotopar unha parella con algún defecto escondido ou levar el/ela mesmo tamén algún defecto oculto |
O que lle desexa mal ó veciño, vénlle a súa polo camiño
Pronto lle pasará o mesmo a el |
O que lle teña medo ao trono, que se meta debaixo da cama da sogra, que esa non hai raio que a parta
Dito humorístico contra as sogras |
O que mal empeza mal acaba
Os malos principios sempre traen malos finais |
O que merca sen ter, vende sen querer
Quen merca sen ter cartos ten logo que vender o mercado |
O que merca se necesidade é mellor que o venda pronto |
O que moito aperta pouco agarra
Vale máis maña ca forza |
Non se pode abusar, pretender ter todo |
O que non quere unha taza de caldo darlle tres
Di que non quere comer mais ten fame |
Cando alguén non quere algo, darlle máis do mesmo |
Ó que non ten chámanlle ninguén
Para ser alguén, ser respectado, hai que ter posesións |
Todas as cousas son de alguén |
O que non ten cruz ten cruceiro
Toda igrexa ha de ter cruz ou cruceiro |
Todos temos traballos nesta vida |
O que o pille ten que madrugar, que cedo levántase el
É unha persoa moi lista, moi aguda, non hai quen a pille desprevenida |
É unha persoa moi traballadora, moi madrugadora |
Sempre chega primeiro a calquera sitio |
O que o seu cede en vida, que colla o fol e pida
Quen xa lles pasa os seus bens aos descendentes en vida corre o risco de quedar sen nada e ter que andar a pedir |
O que pon o lume ao pé das estopas, vén o demo e sópralles
Moitos dos incendios en Galicia son cousa do demo |
O demo axuda sempre a expoñerse a pecar |
Cando un se expón aos perigos ten moitas posibilidades de non poder evitalos |
O que queira do porco o entrecostre que o faga no mes de agosto
O que se ha cocer é mellor asalo
O tradicional é cocer (cocido), o moderno asar (churrasco) |
As comidas son máis sas asadas, engordan menos |
Se hai que facer algo, canto antes mellor |
O que se usa non se escusa
As cousas que cómpren a diario hai que telas na casa |
O que se usa a diario non convén regalalo |
Cando se usa moito algo convén renovalo |
O que ten fillos na muller allea, perde fillo e feitura
Porque o fillo sempre quedará coa súa nai e non poderá exercer de pai |
Porque non lle pode deixar nada de herdanza |
Dise cando se adopta un fillo |
O que ten fillos que non bote por ela
Quen ten fillos nunca se vai sentir só |
Os fillos sempre causan moitas penalidades |
Quen ten fillos todo lle pode pasar, que non se ría dos demais que lle pode pasar a el |
O que ten padriño bautízase
O que é rico vive ben sempre |
O que ten unha familia relixiosa salvarase |
Facer algo con recomendación dá moi bo resultado |
O que ten rabo non se senta
Quen fai unha trasnada sempre deixa rastro |
Non senta porque lle poden pisar o rabo |
Quen ten algo pendente non pode pararse |
O que teña apuro que vaia andando
Quen teña algo pendente que vaia xa |
Dise ironicamente cando unha persoa é moi pousada |
O que un pendango queira ver, que lle dea unha luz a acender
Nos tempos en que se utilizaba a luz a gas había xente que non era capaz de acender o candil |
Porque axiña se verá a si mesmo |
Porque axiña atopará a alguén así |
O que vai á voda, que leve que coma
Nas vodas hai pouco que comer ás veces |
Nas vodas hai que levar un presente |
O que vai adiante sempre leva vantaxe
Ir de primeiro sempre é boa cousa, axuda a triunfar |
Irónico, para os que sempre están de primeiros |
Irónico, para os que sempre están sentados |
O que xoga e perde, paga e cala
Dise nos xogos de cartos cando alguén perde |
O qué, co ollo do cu que non ve
Resposta que se lle dá alguén moi curioso, que non para de preguntar |
Dise cando non se lle ve saída a unha situación |
O rei onde non está non parece
Por moitas voltas que se lle dea, se non hai non pode aparecer |
Dise para un lugar moi afastado, con difícil acceso |
O río cando roxe, sinal que auga leva
Cando se escoita moito un río é porque choveu moito |
Cando se escoita falar de algo é porque algo houbo |
O saber non ocupa lugar
O estudar é traballo moi doado |
Dise para valorar moito o coñecemento, o saber, o estudar |
O sol de marzo queima a dama no palacio
As señoritas xa se poñen ao sol en marzo |
En marzo non é san estar ao sol |
O temperao nunca lle pediu nada ao serodio
Sempre é mellor sementar os froitos cedo ca tarde |
Non se debe sementar nin cedo nin tarde, no seu tempo |
O temperao ou en palla ou en grao
O cereal sementado cedo sempre ha dar máis, sexa en palla, sexa en gran |
O cereal sementado cedo sempre ha de perder en algo, sexa en gran, sexa en palla |
O teu segredo non llo contes ao amigo hoxe, o amigo é mañá testigo
Coidado, ese mesmo amigo pode mañá ser testemuña contra ti. |
A xustiza non é xustiza, obriga a declarar ata os amigos |
O tolo pola pena é cordo
Os castigos nos tolos non valen para nada |
Os castigos son eficaces, conseguen que cambie a persoa |
O traballo dos rapaces é pouco, o que o perde é un louco
É de loucos facer traballar os nenos que pouco poden facer |
Os nenos non saben traballar a xeito |
Na Galicia tradicional aproveitábase moito os traballo dos nenos nas aldeas |
O vello onde non sabe usma
Os vellos cando non saben de algo inventan, xorden |
Coa vellez pérdense os coñecementos |
Na vellez é difícil aprender algo novo |
Onde hai galo non canta galiña
Sempre se valora máis o cantar dos homes có das mulleres |
Onde está un home non manda unha muller |
Onde non te chaman, que che quererán?
Hai que desconfiar cando non che digan algo |
Mellor non ir a onde non te chamen, non meterse onde non cho pidan |
Os bens do sacristán por onde veñen van
Veñen do que xunta no seu traballo e non os valora, desprézaos |
Os sacristáns son sempre xente pobre |
Os cans grandes non se morden uns aos outros
Porque se temen e teñen medo |
Os poderosos e os ricos sempre se entenden e non se atacan |
Os lobos tiran ao monte
Os lobos non se poden domesticar |
A xente que é mala sempre obra mal |
O hábitat dos lobos é o monte |
Os rapaces son fillos de Deus e testigos do demo
Canto oen, canto din, non saben gardar segredos |
Os rapaces nacen bos mais logo se fan malos |
Hai rapaces bos e rapaces malos |
Ovella que berra, bocado que perde
As ovellas que berran moito son pouco comedoras |
O que perde o tempo falando non traballa |
Págallas a pel
Ponse moi colorado |
Págallas o corpo |
Pais porcos, fillos marraos
Son todos uns animais |
Dise cando na familia andan mal vestidos |
Todo se herda, tamén o mao |
Pan con pan, comida de bobos
Non se debe comer o pan só, debe ter compango |
O pan é comida de parvos |
Comer sempre igual é cousa de parvos |
Pan de millo, pan de Deus, dun pedazo fanse dous
Pan sen graxa, pan sen tasa
Pódese comer moito porque non mantén |
Hai que tasalo, non se pode comer moito |
Dise cando se ve a un gordo |
Pano ruín non ten man dos mendos
As teas ruíns son as mellores para os mendos |
Non vale para nada, ata os mendos lle caen |
Papas e casamento en quente
Comer papas e casar debe ser sempre en tempo quente |
Canto antes mellor, tanto para casar como para comer papas |
Para aprender a capar hai que cortar moitos collós
A experiencia vale moito |
Para baixo todos os santos axudan
Cando un vai vello faise máis santo |
Andar cara abaixo non supón esforzo |
Para botar o millo ten que quecer o cu na pedra
Para sementar o millo ten que quecer o tempo |
Para cobrar todo o mundo anda agudo
Hai que moverse moito para cobrar |
Toda a xente quere cobrar, iso non é esforzo |
Para na ponte dos burros
Ten que parar no mesmo sitio ca todos, non pode seguir el adiante |
Persoa non moi lista |
Non sabe moi ben onde está |
Para o aforrador nunca faltou un desprezador
As persoas aforradoras son despreciados polo resto |
As persoas aforradoras sempre atopan alguén que lles gaste todo |
Para o pan espendoar ten que o cabalo tremar
Para que o pan se conserve deben os cabalos ter fame |
Para que o pan bote o pendón ten que arrefriar o tempo |
Para o pan graiar ten que o cabalo tremar
Para que o pan se conserve ten que o cabalo ter frío |
Para que o pan bote o gran ten que o tempo arrefriar |
Para o pillar hai que se descalzar
É moi difícil de enganar, de lle tomar o pelo |
Persoa moi rápida, corre ben |
Para onde vas muller ben casada? para onde non teñas sogra nin cuñada
Onde mellor vive unha casada é na casa propia, lonxe das mulleres da familia do marido |
Paragüeiro e caldeireiro, canto máis burro máis parrandeiro
Nestes dous oficios había moita xente de pouco siso |
Dito humorístico sobre estas dúas profesións |
Páranche ben as cabras
Es unha persoa moi dada cos animais |
Tes ben pechadas as leiras e non marchan os animais |
Díselle alguén cando se afai ben nun sitio e non ten ganas de marchar |
Parece que lle botaron ben sal cando o bautizaron
É unha persoa moi divertida, moi pándega |
É unha persoa moi seca, moi seria |
Non para de beber, decote anda bébedo |
Parece que mira/remira contra o goberno
É claramente da oposición |
Persoa que mira atravesado |
Parece que morreu un escribán
Frase que se di ironicamente cando morre un animal |
Hai moita tristura |
Frase que se dia cando vai moito aire, máis vento do normal |
Parece que ten a tiriz
Alguén con mala cara, amarelo, como se tivese a ictericia |
Semella que ten incontinencia |
Semella que está duro de ventre |
Parece que vai con misa
Vai moi ben vestido, como se estivese na misa |
Con moita présa, como se fose un cura que vai dicir a misa |
Vai moi calado como se estivese na misa |
Parece un can galgo
Non fai máis que berrar, como se ladrase |
Persoa alta que anda de aquí para alí |
Anda cheirando en todo, métese en todo, coma un can |
Pareces un pito cairo
Moi mollado, como un polo sen plumas |
Unha persoa fachendosa |
Unha persoa vencida, sen folgos |
Pásalle coma o rato cando lle vai a donicela enriba
Séntese forte, faille fronte |
Está feliz, nótase ben acompañado |
O que manda é o xefe, cando el chega sempre está por enriba |
Pecado encuberto é medio perdoado
Cando non se sabe é menos pecado |
Os católicos ao confesar os pecados xa teñen medio perdón |
Pedir é de homes, dar é de mulleres
Aplícase ás relacións sexuais, sempre debe pedilas o home e concedelas a muller |
Normalmente que pide esmola é un home, as que máis dan esmola son as mulleres |
Pensa que o birimbao é gaita
Pensa que toca moi ben |
Pensa que todos somos iguais |
Pensa que é así, mais é doutro xeito, non ten razón |
Perde a caneca
É homosexual |
Cáelle algo que trae na man |
Perde o sentido, non sabe o que fai |
Perde máis ca gana
Dise dun negocio ruín |
Dise dunha froita pouco madura |
Dise dun porco mal cebado |
Pés na cama e brazos na estribeira
Cando se manca alguén nun pé, descanso na cama; nun brazo, descanso na estribeira |
Pésalle a faltriqueira
Está moi gordo, pesa moito |
Ten moitos cartos, é rico |
Ten mala conciencia, ten remorsos |
Pesca os gaios vivos
Dise ironicamente cando alguén tenta algo imposible -os gaios non se pescan vivos coma os peixes- |
Moi listo, moi agudo e fino -os galos non se deixan pillar facilmente- |
Peso levantado é medio levado
Cando alguén axuda a erguer un feixe ou carga para levar ao lombo nótase moito esa axuda |
Os pesos son máis fáciles de levar cando a persoa é alta |
Pica coma un toxo
Pica moito |
Dise do viño algo pasado |
Dise da persoa que conta chistes picantes, relativos ao sexo |
Pica fino
Anda con pasos moi pequenos |
Leva unha roupa moi fina |
Gústalle presumir |
Pinta o San Lourenzo
É demasiado tranquilo |
É algo beato, moi relixioso |
Enfádase moito |
Pode andar coa cara destapada
Xa está totalmente curado |
Nunca fixo mal a ninguén, pode ir a calquera sitio |
É unha persoa moi guapa |
Pola merda comemos o pan
O esterco bótase na terra para que produza os cereais que logo comemos |
Para gañar o pan hai que facer de todo |
Polo San Brais tanto ten que chores coma que deixes de chorar, a metade do inverno está sen pasar
Polo San Brais -21 de febreiro- estamos na metade do inverno |
Polo San Brais -3 de febreiro- aínda falta moito mal tempo por vir |
Polos rapaces e polos cans sempre empezan os paos
Sempre son os que levan as culpas cando hai unha trasnada ou pasa algo |
Por tras chámanlle ao rei cournudo
Por detrás que digan o que queiran, non importa |
Hai xente que sempre anda a criticar |
Primeiro pídelle un bico e despois un abrazo e despois o que tes debaixo do refaixo
Dito referido ás relacións sexuais e amorosas |
Prós curas e prós cas nunca faltan boas mañás
Para os curas sempre hai algún morto (diñeiro do enterro) e para os cans algunha carniza (carne tirada) |
Os curas e os cans sempre se erguen con fame |
Que me miren por tras, que por diante mírome eu
Dise para provocar envexa |
Dise cando murmuran de un |
Que non dure máis a mala veciña que dura a neve na febreiriña
A neve en febreiro dura moi pouco, por iso o dito |
Que non lle mexen torto
Que non o critiquen |
Que non lle teñan envexa |
Que non o enganen |
Que non teñas que botar as mans á cabeza
Que non teñas que pedir cartos |
Mira ben o que fas, non teñas que te arrepentir |
Quedou descalzo
Non ten amigos |
Non lle fan caso ningún |
Quedou pobre, sen nada, sen recursos |
Queixo sen ollos e pan con ollos
O bo queixo galego sen ollos, o bo pan con ollos |
Quen ben empeza ben acaba
Hai que facer as cousas ben desde o inicio |
Os que nacen ricos, ricos son |
Quen é o meu herdeiro? O que me limpa o traseiro
O que me coide herdará os meus bens |
Quen fai rocas logo morre
Xa non pode traballar forte noutras cousas |
Quen mallou, mallou
Quen foi capaz de lle bater a outro xa o ten dominado |
Cando xorden dificultades nun traballo, o que xa o ten rematado di esta frase referida á malla dos cereais |
Retrato fino e barato
Dise dunha persoa moi guapa |
Dito popular para aplicar a alguén que leva a roupa rota e se lle ve o cu |
Rézalle a Santa Apolonia para que non che doa dente nin moa
Porque é unha santa moi avogosa para iso |
Rompe coma a merda
Rompe moi facilmente |
Ten moi pouco valor |
Rompe pouco a roupa nos cóbados
Ten pouca roupa, é pobre |
Estuda pouco, é vago nos estudos |
Rubio para Oseira, vellos á raxeira
Cando en Trasar se pon o sol (sobre Oseira) con moita claridade loura, ao día seguinte irá moita calor para se poñer á raxeira |
Sabe ben a cartilla
Sabe moi ben o que fai |
É moi relixioso, estuda o catecismo |
Sabe coma resolio
Dise do viño que sabe moi ben, coma de medicina |
Dise do viño que sabe mal, como a vinagre |
Sabe onde o manca o zapato
Coñece ben cal é problema, o que o preocupa |
Coñece moi ben as marcas de zapatos |
Salta coma un castrón
Salta moi pouco |
Salta moito |
Se neste mundo queres gozar, tes que oír, ver e calar
Non hai nada mellor que ser discreto, saber estar |
Se non lle fora ela había de comer en cunca de pao coma o gato
É moi nugallán, se non fose a muller mesmo pasaría fame |
Se non fose a muller non sabería comer |
Se non pagas en copas tes que pagar en bastos
No xogo de cartas, dise cando se perde |
Se non pagas, dun xeito ou doutro has de pagar |
Se queres baixar, dálle moito ao zapato e pouco ao prato
Se queres adelgazar fai exercicios e come pouco |
Se queres o criado ben mandando, ponlle a taza do caldo e mándao ao recado
Para que o criado faga pronto o recado poñerlle a comida e mandalo, así voltará axiña |
Se queres un criado ben mandado dálle pouco de comer |
Se queres que o carro cante, móllalle o eixe no río, despois, co eixe mollado, canta coma un asubío
Co eixe mollado os carros andan mellor |
Co eixe mollado os carros sempre cantan mellor |
Se se lava o gato venta hóspede
Cando o gato se lambe vai vir alguén de visita |
Cando vén alguén de visita hai que lavar ben o gato, que non cheire |
Se se ve no canto del, mexa por unha perna e caga pola outra
Tería moito medo |
Sería capaz de facer cousas que os demais non son quen |
Se se ve nos seus pantalóns
Ten andares de home |
O que el faría no seu caso |
É quen manda na casa |
Se soñas con dentes, morte nos parentes
Cando alguén soña cos seus dentes pode ser sinal de morte de parentes |
Non hai que facer caso dos presaxios e dos soños |
Se tes o pano e as liñas podes coser cando queiras
Os xastres sempre conseguen o que queren |
Calquera pode ser costureira |
Hai que estar sempre preparados |
Se vas quedar para amparo de miotos
Se vas quedar sen morrer, moitos bichos |
Seica che nacen os dentes
Seica te portas coma un cativo |
Cando fas algo mal, atolado, como se andases con dor de dentes |
Seica estás sempre empezando algo |
Seica tes as cataratas
Cando estás moi apurado |
Cando estás moi canso |
Cando queres ver algo e non o ves |
Sente a calor como unha vaca vella
As vacas vellas non aturan a moita calor |
As vacas vellas sempre teñen frío |
Sobe coma un gato
Sobe moi mal, caendo |
Agatuña moi ben |
Sobe polas paredes arriba
É moi áxil e lixeiro |
É moi valente |
Fai o imposible |
Somos de Albán, que canto teñen ó lombo tran
Dise da xente desta parroquia do Ourense |
Somos de Chouzán onde non hai viño nin pan e no tempo das cireixas dámo-las queixas
Dise dos desta parroquia ribeirá do Miño en Carballedo onde tradicionalmente non había moita riqueza |
Son eles algo fatiño
Son algo parvos |
Son moi pousóns, nugalláns |
Son moi riquiños |
Son os mesmos cans, pero con distintos colares
Son da mesma raza de can aínda que non o pareza |
Non enganan, son os mesmo de sempre, os que xa fixeron algo mao |
Tamén ten que pasar polo cribo
Tamén ten que mirar o que quere |
Ten que ser coma os demais |
Tan longo foi o día coma a romaría
Foi unha romaría moi aburrida |
Foi unha romaría moi boa |
Todo acabou xa |
Tapa masa tapa, mentres o zarralleiro non pasa
Dise porque os cerralleiros tapaban os buracos das potas con masa e axiña destapaban |
Treme coma vara verde
Ten frío (a vara verde non ten consistencia, abala co aire) |
Díselle a alguén que aínda é moi novo para algo |
Ten a cabeza quente
Está enfadado |
Está bébedo |
Ten febre |
Ten a cama coma un cubil
É moi porco, semella un animal |
Odia a súa cama coma un animal o seu niño |
Ten a lingua moi sucia, hai que lavarlla con sal e vinagre
É moi fantástico, inventa cousas |
Sempre anda a criticar aos demais |
Di moitas palabras feas ou malsoantes |
Ten a risa falsa
Ri sempre moi alto |
Non é de fiar |
Ten a súa pasada
Dise ao morrer alguén: todos temos que morrer, todos temos a nosa hora |
Ten ese costume, esa maneira de ser |
Ten as mans moi suaves
Algo amigo de coller cousas alleas |
Moi amigo de namorar mulleres |
De trato moi afable |
Ten as orellas grandes coma un burro
Dito para burlarse de alguén |
Ten problemas de oído |
Ten as uñas longas
Algo ladrón, que colle o que non é seu, raspuñeiro |
É algo descoidado no seu aseo |
Coda moito o aseo, as mans |
Ten bo verlo
Ten moito alimento (verlo: graxa do capón, ensulla) |
Ten grande dote para casar (verlo: la da ovella ao rapala) |
Ten boa colad
Persoa a quen unha cousa lle serve para todo, para o bo e para o malo |
É moi fácil de lavar, de limpar |
É moi fácil de cociñar |
Ten bon cu prós azoutes
Non hai problema con castigalo, ten un bo cu |
Díselle a un cativo cando nace no primeiro choro |
Ten cara de can
Dise dunha persoa moi xeitosa, axuda aos demais |
Dise dunha persoa moi agarimosa, agradábel |
Dise dunha persoa de mal xenio ou dun día de mal tempo |
Ten cara de ferreiro
De mal xenio, de enfado |
Cara sucia e negra |
Cara de faccións duras |
Ten cinestro
Ten teima por algo |
Ten un defecto |
Ten unha virtude |
Ten dentes de rato
Ten os dentes branquiños e mestos coma un rato |
Ten os dentes pequenos e raros |
Ten dentes grandes e duros |
Ten duás caras coma os de Buciños
Para facer a burla da xente de Buciños (parroquia de Carballedo, Lugo, na que se venera a San Peguerto), díselles que son falsos |
Ten lingua de vívora
Procura sempre escapar dos problema coa rapidez dunha víbora |
Fala moi rápido |
Moi ferinte, insultante, con veleno |
Ten máis que dicir o que caga a cama que o que a limpou
Cantas veces o culpable ten máis que dicir que o que sofre as consecuencias |
Díselle aos meniños cando hai que lles remudar o cueiro |
Ten mans de prata
É moi rica, todo o que toca o converte en prata |
É moi fría, non se para en nada |
É moi xeitosa, sabe facer ben as cousas |
Ten narices de can
Cheira moi ben, ten bo olfacto |
É moi barulleiro, coma can ladrador |
Ten o cascabel no cu
Está aínda moi serodio, ten que madurar |
Por onde vai sempre se sabe, é moi algareiro |
Ten o corazón negro coma a noite
Está con moita pena |
É moi mala persoa |
Ten o cu preso á casca do ovo
É coma un paxariño, moi lixeiro |

Ten o estómago cosido coma as costureiras
Era moda entre as costureiras estaren a dieta |
As costureiras eran todas de tipo fino |
As costureiras que andaban polas portas comían pouco |
Ten o ril quente
Ten o xenio moi pronto, logo salta |
Vai frío e anda en manga curta |
Ten o teo
Ten oído de porco
Oe moi mal |
Oe moi ben |
Fai que non oe |
Ten pel de sapo
Ten a pel asarabullada, coma de galiña |
Ten unha pen moi fina |
Ten refuego
Grans que lle quedan polo corpo despois dunha doenza |
Está moi acalorado logo dun esforzo |
Non para quieto nun sitio |
Ten sete folgos como os gatos
É moi habilidoso coma os gatos |
Ten sete vidas como os gatos, sempre sobrevive |
Ten un cu coma un cesto
Non hai xeito de que marche da casa cando está de visita |
Un cu moi grande |
Senta en calquera sitio |
Ten un peito coma un lobo
Persoa moi paleta |
Persoa moi falsa |
Persoa moi dura |
Ten unha boca coma unha alparagata
Boca moi grande |
Fala demasiado |
Sempre mete a pata, fala do que non sabe |
Ten unha lingua ben raspada
Fala moi ben o galego |
Atrévese a dicir calquera cousa |
Mírase moito sempre no que di |
Téñoa coma meniña do ollo
Moi pequeniña |
Moi delicada, moi ben tratada |
Moi clara, moi limpa |
Terceiro con quinto, casamento limpo
No casamento, o 3º grao de parentesco co 5º non esixía dispensa |
O terceiro matrimonio dun co 5º do outro non teñen ningún problema social |
Cando é o 3º ou o 5º noivo, para casar non hai problema |
Tintín por tintín
Ben aclarado e explicado, con detalle |
Sen nada que ver co asunto |
Moi fantástico e novelesco |
Tira para tras
Ten moita forza |
Non se deixa tocar |
Ten moi mal olor |
Tirarlle polo rabo á pega
Durmir |
Facer algo moi difícil |
Estar nos biosbardos, coa mente perdida |
Tivo callentura
Púxose moi enfadado |
Tivo febre |
Estivo bébedo |
Todo se di das mulleres, dos homes non se di nada, son borrachos, mullereiros, todo é unha trapallada
Todo o que son defectos ou vicios das mulleres son permitidos nos homes |
Non é certo que os homes sexan peores cás mulleres, son mentiras |
Todos queren meter a súa con día
Trae o pelo á gremensa
Dicíase antes cando unha muller facía a permanente no pelo |
Trae o pelo penteado cara atrás |
Trae o pelo moi enguedellado |
Un ano e un pan logo se van
Dise cando empeza o ano |
O tempo logo pasa |
Un día de sol no febreiro come por cantos cabalos hai no reino
Un día de sol no mes de febreiro reseca as plantas |
Un só día de sol en febreiro chega para facer medrar as plantas do reino de Galicia |
Un ovo sin sal sete anos fai mal
Hai que lles botar sal aos ovos |
Dito humorístico cando se comen ovos fritos |
Un xantar no entroido, unha cama en agosto
Dáselle a calquera porque custa pouco, no entroido hai sempre comida e no agosto dórmese en calquera sitio |
É moi custoso, no entroido cómese moito e no agosto hai que buscar un sitio fresco |
Unha vella de bagos xuntou cen canados
Dise nas vendimas para animar á xente a que traballe moito para acabar pronto |
Dise nas vendimas para animar á xente a que apañe as uvas soltas ou bagos |
Unha vella e un candil son dous demonios en casa, a vella roña que roña e o candil queimando a graxa
Dito irónico que se pode aplicar en moitos contextos |
Aplícase ás persoas máis vellas e gordas |
Vai á casa da tía e non cada día
Fai visitas á familia ou amigos mais sen cansalos, con xeito |
Tenlle moito cariño á tía |
Vai atagallando polo bulleiro
Polo medio e medio da lama nun camiño, poñéndose perdido |
Sorteando dificultades |
Parando cada pouco |
Vai co rabo entre as pernas
Moi fachendoso |
Con vergoña e coa cara baixa |
Coma un can cando ladra |
Vai contento como marrao da capa
Díselle a alguén cando vai casar |
Moi contento e disposto |
Moi descontento, forzado |
Vai cos da feira e vén cos do mercado
Non é de fiar, cambia de opinión segundo conveña |
É moi sociable, vai con calquera |
É moi viaxeiro e amigo de coñecer lugares |
Vai criado coma un porco
Criado moi sucio, sen aseo |
Mal criado, coma un animal |
Moi consentido e sobrealimentado |
Vai de mirras prás encollas
Apícase a unha persoa que se empobreceu |
Aplícase a unha persoa que vai para vella |
Aplícase a unha persoa que perdeu a influencia social |
Vai en pés de puta
Vai con présa, moi apurado |
Vai coma se fose bailando, con alegría |
Vai moi incómodo, coma na punta dos pés |
Vai o ouro pró tesouro
Non hai mellor tesouro que o ouro |
Ao rico todo lle sae ben, véñenlle todos os cartos |
Vai sen cabezadas
Vai seguro sen dar cabezadas a cada lado |
Vai sen alguén que dirixa o asunto |
Sen freo, louco, como unha besta coas cabezadas rotas |
Vai tan contento que non lle cabe un garavanzo no cu
Está feliz, moi contento |
Mellor lle fora non chegar a isto |
Contento si, mais algo pesararoso |
Vai tirar pedras a un río
Vai facer algo imposible |
Vai perder o tempo |
Anda, non deas a lata |
Vaiche quentar a pavana
Andar no lombo, bater |
Dar calor e agarimo |
Poñer moi nervioso e acelerado |
Vaille como o pez á bota
Cáelle moi ben |
Déixao todo negro, todo perdido |
Non lle cae nada ben, está fóra de sitio |
Vaise moito do pico
Axiña se pasa ao castelán |
Persoa que se solta moito da lingua, escápanselle as cousas |
Non para de falar, é un pesado |
Váiselle o tempo nos camiños
Párase con calquera que atope |
Ten os eidos lonxe da casa, ten que andar moito |
Non sabe calcular canto tempo lle levará chegar |
Vale máis dar a un pillo que pedir a un home de ben
Sempre é mellor dar aínda que se perda que ter que pedir aínda que sexa a alguén horando |
Vale máis o que o sol deixa que o que a auga cría
Sen sol as plantas non medran a xeito |
Nas praias mellor que haxa sol a que chova |
Vale máis onza de trato que arroba de traballo
Os tratos mellor rápidos, que non dean traballo |
Os tratantes (viven do trato) viven mellor ca os traballadores |
Vale máis que comera unha bica de rapas
Iso custa máis ca comer unha boa sobremesa (biscoito) |
Algo saíu mal, mellor fora non facer nada (bica de rapas: pan de farangullas que non se unen) |
Vale máis ser burra dun sardiñeiro ca muller dun zapateiro
Non é nada aconsellable casar cun zapateiro |
A burra pode comer as sobras, a muller non |
Vale máis un ruín arreglo ca un bon preito
Sempre se gastará menos chegando a un mal arreglo ca indo ao preito |
Vale máis unha labazada a tempo ca un anaco de pan
Educa máis un castigo a tempo que un agasallo |
É máis custoso pegarlle a alguén que axudarlle |
Vén á cantada do can
Vén moi cedo, cando ladran os cans antes de durmir |
Cando sae de noite e vén moi tarde |
Non vai vir (os cans non cantan) |
Vénche polo río abaixo
Dise cando alguén comenta algo moi axeitadamente |
Algo que se perdeu rapidamente |
Algo que vén moi ben, moi a xeito |
Veña con Deus¡ (di un) Que quedemos co mesmo santo¡ (responde outro)
Saúdo típico e contestación en xente maior |
Saúdo ao entrar na igrexa |
Saúdo ao pasar diante dun cemiterio |
Veulle coma á burra os peidos
Que lle cae ben, como os peidos á burra, que a alivian |
Que lle cae mal, como os peidos á burra que cheiran moito |
Púxoo nervioso, como os peidos á burra que non a deixan para quieta |
Vive para comer ou come para vivir
Hai que se manter co suficiente |
Vouche dar un correverás coas pernas para tras
Voute castigar se non cambias |
Frase que se lles di aos pequenos para que se entreteñan e non dean a lata |
Vouche facer un agasallo moi divertido |
Vouche poñer o cu onde non o vexas
Voute esconder onde non te atopen |
Voute mandar lonxe |
Vouche dar uns azoutes |
Xa é un home feito e dereito
É moi alto |
Xa se comporta coma un home |
Dise dun rapaz que non vimos hai tempo e xa medrou moito |
Xa é zorro vello
Corre moito |
É un pillabán |
Ten moita experiencia |
Xa estou no cabo das contas
Xa estou farto de algo |
Xa estou para dar a luz |
Xa estou de volta no asunto |
Xa lle cadra ben: cumpría que lle viñera e vén
Dito que se pode aplicar en moitos contextos |
Xa lle degola a cabeza
Xa empeza a dicir parvadas |
Xa está bastante calvo |
Xa vai indo cara abaixo, decaendo |
2005-2022 |
ogalego.gal

Quen fai a bica será quen a corte na mesa |
O que fai a bica botaralle o pemento picante |

Ten boa colada

![]() ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional. |