ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 12. Verbo 1. Poñer en presente


  1. O que nós dicimos vai á misa.

  2. Estou agardando a que me poñas a inxección e comezo a cansarme.

  3. Xa que non fago falta aquí, voume.

  4. Cando ti me vés ver, algo raro acontece.

  5. Como ves, xa cho teño todo en orde.

  6. Ides todo recto e despois colledes á esquerda.

  7. Eu poño do bolso a metade do orzamento da sociedade.

  8. Cando el pon cara de ferreiro, hai que liscar.

  9. Se ti pos outro tanto, acepto.

  10. Iso non é conveniente para vostede.

  11. Tes que decidirte dunha vez.

  12. Martiño ten un xenio condenado.

  13. Nós temos os mellores exemplares porcinos da zona.

  14. Sempre sodes os mesmos os que trepades a herba do xardín.

  15. Eles teñen moito que contar das súas viaxes.

  16. Pero non vedes que vos estades a pasar co rapaz?

  17. Os pais sempre ven as cousas desde outra perspectiva.

  18. Cando vén o teu curmán que está en Irlanda?

  19. Vós vides/vindes algo cedo de máis.

  20. Non fai falta que te poñas tan serio.

 

  1. O que nós (DICIR)... vai á misa.

  2. (ESTAR)... agardando a que me poñas a inxección e comezo a cansarme.

  3. Xa que non (FACER)... falta aquí, voume.

  4. Cando ti me (VIR)... ver, algo raro acontece.

  5. Como (VER)..., xa cho teño todo en orde.

  6. (IR)... todo recto e despois colledes á esquerda.

  7. Eu (PÓR)... do bolso a metade do orzamento da sociedade.

  8. Cando el (PÓR)... cara de ferreiro, hai que liscar.

  9. Se ti (PÓR)... outro tanto, acepto.

  10. Iso non (SER)... conveniente para vostede.

  11. (TER)... que decidirte dunha vez.

  12. Martiño (TER)... un xenio condenado.

  13. Nós (TER)... os mellores exemplares porcinos da zona.

  14. Sempre (SER)... os mesmos os que trepades a herba do xardín.

  15. Eles (TER)...moito que contar das súas viaxes.

  16. Pero non (VER)... que vos estades a pasar co rapaz?

  17. Os pais sempre (VER)... as cousas desde outra perspectiva.

  18. Cando (VIR)... o teu curmán que está en Irlanda?

  19. Vós (VIR)... algo cedo de máis.

  20. Non (FACER)... falta que te poñas tan serio.

»Verbo 1
»Exercicio 1


ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com