Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

ANÁLISE SINTÁCTICA segundo a OPCIÓN B


1.- O home mallaba nela, deixouna moi mal. Ver solución

2.- A aquelas amigas miñas non lles saíron ben as frases. Ver solución

3.- Os mozos presenciaron entusiasmados a victoria do Dépor. Ver solución

4.- Alguén comía no queixo mentres eu vía o Luar na Galega. Ver solución

5.- Meu pai contemplou absorto a derrota do Celta. Ver solución

6.- Non lle me gustan as teleseries. Ver solución

7.- Ao chover, énchense de lama as corredoiras. Ver solución

8.- Ultimamente a miña cadela non che me come nada. Ver solución

9.- Saíu con María pola Ferrería cara ao Campiño, púxose moi contento. Ver solución

10.- O Teucro foi aplaudido polo público. Ver solución

11.- Hai moito listiño nesta aula. Ver solución

12.- O meu instituto éche branco e está moi pintadiño. Ver solución

13.- Ese premio foille entregado a Luís polo mesmísimo director. Ver solución

14.- Antón está canso, deitouse tarde, ergueuse cedo e saíu a fume de carozo. Ver solución


ANÁLISE DAS PALABRAS

1.- O artigo home substantivo mallaba verbo n preposición ela pronome persoal tónico, deixou verbo na pronome persoal átono moi adverbio mal adverbio

2.- A preposición aquelas demostrativo amigas substantivo miñas posesivo non negación lles pronome persoal átono saíron verbo ben adverbio as artigo frases substantivo

3.- Os artigo mozos substantivo presenciaron verbo entusiasmados adxectivo a artigo victoria substantivo d preposición o artigo Dépor susbtantivo

4.- Alguén indefinido comía verbo n preposición o artigo queixo substantivo mentres conxunción temporal eu pronome persoal tónico vía verbo o artigo Luar substantivo n preposición a artigo Galega adxectivo substantivado

5.- Meu posesivo pai substantivo contemplou verbo absorto adxectivo a artigo derrota substantivo d preposición o artigo Celta substantivo

6.- Non negación lle pronome persoal átono me pronome persoal átono gustan verbo as artigo teleseries substantivo

7.- A preposición o artigo chover verbo, énchen verbo se pronome persoal átono de preposición lama substantivo as artigo corredoiras substantivo

8.- Ultimamente adverbio de tempo a artigo miña posesivo cadela substantivo non negación che pronome persoal átono me pronome persoal átono come verbo nada indefinido

9.- Saíu verbo con preposición María substantivo po preposición la artigo Ferrería substantivo cara preposición a preposición o artigo Campiño substantivo, púxo verbo se pronome persoal átono moi adverbio de cantidade contento adxectivo

10.- O artigo Teucro substantivo foi aplaudido verbo (forma persoal + participio) po preposición lo artigo público substantivo

11.- Hai verbo moito adxectivo listiño adxectivo n preposición esta demostrativo aula substantivo

12.- O artigo meu posesivo instituto substantivo é verbo che pronome persoal átono branco adxectivo e conxunción copulativa está verbo moi adverbio de cantidade pintadiño adxectivo

13.- Ese demostrativo premio substantivo foi entregado verbo (forma persoal + participio) lle pronome persoal átono a preposición Luís substantivo po preposición lo artigo mesmísimo indefinido director substantivo

14.- Antón substantivo está verbo canso adxectivo, deitou verbo se pronome persoal átono tarde adverbio de tempo, ergueu verbo se pronome persaol átono, cedo adverbio de tempo e conxunción copulativa saíu verbo a preposición fume substantivo de preposición carozo substantivo.

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com