Luz Beloso

Luz Beloso (foto Galipedia) ilustradora galega e amiga de ogalego.eu

 -ogalego.eu // ogalego.gal son:

 Vitoria Ogando Valcárcel // Anxo González Guerra (catedráticos de galego xubilados)

ANÁLISE SINTÁCTICA para probas da ABAU


1.- Indicar a clase de palabra das formas que subliñadas no texto

2.- Identificar a función sintáctica que desempeñan dentro da oración os fragmentos remarcados no texto. Non é necesario analizar os demais compoñentes.

3.- Indicar a clase de palabra das formas se subliñadas no texto

As respostas pinchando nas interrogacións

Novembro comeza coa celebración de Santos, que en Galicia é unha festividade das máis importantes. De pequenas, cando se nos ocorría protestar polo moito tempo que pasabamos ese día no camposanto, miña nai explicábanos que ese era o momento de estar cos nosos defuntos, que as familias tiñamos a obriga de facer aquela visita con flores e candeas. Outra tradición era a de cocer castañas con anís e fialas coma doas dun colar para que os nenos e as nenas os lucisen especialmente nesa festividade. Os zonchos eran unha sorte de amuleto, coma os calacús que se puñan nos cruceiros ou nas portas. Co tempo somos máis conscientes da importancia das tradicións, de como se estaba a construír un vínculo cos antepasados, e tamén a nosa propia identidade.

As lendas de ultratumba forman parte da rica literatura oral. No mítico monte Seixo atópase un conxunto pétreo, Portalén, a onde se debe ir especialmente neste mes de Santos se se quere falar co alén. Débese traspasar o lintel de norte a sur cunha candea e preguntar ao máis alá, iso si, as respostas deberán ser gardadas e pobre daquel que non o faga!

A convivencia do mundo dos mortos e o dos vivos en Galicia era moi natural e os avós e as avoas contaban diante nosa historias da Santa Compaña, da muller que podía ver quen ía morrer ou das ánimas que se aparecían porque non descansaban en paz. O mundo rural esmorece e con el trazos da nosa identidade como pobo. Nas cidades as tendas recordan festas estranxeiras, mentres a cativada se disfraza de personaxes alleos á nosa cultura.

Por sorte temos recollidas moitas desas historias e outras inspiraron clásicos da literatura, como varios dos contos das obras de Ánxel Fole. O escritor lugués contaba que a experiencia na aldea determinara a súa creación literaria. Na difícil posguerra tivera que refuxiarse no rural, onde nas noites de inverno a xente se reunía e escoitaba engaiolada aqueles relatos que lle serviron de inspiración a Fole para Á lus do candil ou Terra brava. Estes dous clásicos da literatura de noso naceron despois de moitas horas no laboratorio de contos, como lle gustaba chamar á lareira, e aínda que a maior parte dos seus relatos sexan orixinais, na base está esa cultura popular que o atrapou. Fole logra confundir o mundo real co máxico, envolver as escenas de misterio, utilizar a retranca para arrincar unha risa aínda que sexa nerviosa e facernos desfrutar en tensión ata o final.

Non foi o único que se ocupou dos relatos de medo. Como esquecer aquel de DiesteSobre a morte de Bieito, en que nos fai dubidar durante o traslado dun cadaleito se quen está dentro vai ser enterrado vivo. E máis recentemente escribiron contos de medo moitos autores, aínda que gardamos para sempre aqueles de Xabier P. Docampo incluídos en Cando petan na porta pola noite, dedicados a seus pais por terlle transmitido o poder na narración oral. No XXI non só hai relatos, tamén novelas, e incluso editoriais como Urco coas que seguir argallando no laboratorio de contos, aínda que xa non sexa pegados a unha cociña de ferro.

Malores Villanueva, La Voz de Galicia, 5/11/2020


1.- Indicar a clase de palabra das formas que subliñadas no texto

2.- Identificar a función sintáctica que desempeñan dentro da oración os fragmentos remarcados no texto. Non é necesario analizar os demais compoñentes.

3.- Indicar a clase de palabra das formas se subliñadas no texto

As respostas pinchando nas interrogacións

Se eu fose autor escribiría unha peza en dous lances. A obriña duraría dez minutos nada máis.

LANCE PRIMEIRO

Érguese o pano e aparece unha corte aldeá. Enriba do estrume hai unha vaca morta. Ao redor da vaca hai unha vella velliña, unha muller avellentada, unha moza garrida, dúas rapaciñas bonitas, un vello petrucio e tres nenos loiros. Todos choran a fío e enxoitan os ollos coas mans. Todos fan o pranto e din cousas tristes que fan rir, ditos paifocos de xentes labregas, angurentas e cobizosas, que pensan que a morte dunha vaca é unha gran desgraza. O pranto debe ter unha graza choqueira, para que estoupen de risa os do patio de butacas.
E cando se farten de rir os señoritos baixará o pano.

LANCE SEGUNDO

Érguese o pano e aparece un estrado elegante, adobiado con moito señorío. Enriba dunha mesa de pés ferrados de bronce, hai unha bandexa de prata, enriba da bandexa hai unha almofada de damasco, enriba da almofada hai unha cadeliña morta. A cadela morta semellará unha folerpa de neve. Ao seu redor chora unha fidalgona e dúas fidalguiñas novas. Todas elas fan o pranto e enxoitan as bágoas con paniños de encaixe. Todas van dicindo, unha a unha, as mesmas parvadas que dixeron os labregos diante da vaca morta, ditos tristes que fan rir, porque a morte dunha cadela non é para tanto.
E cando a xente do galiñeiro se farte de rir a cachón, baixará o pano moi a modiño.

Castelao, Cousas.


Identificar a función sintáctica que desempeñan dentro da oración os fragmentos remarcados nos textos. Non é necesario analizar os demais compoñentes.

-Onte lembreime de ti, cando lembrei a teu irmán, o alemán, como el che lembraba a ti os contos que vos contaba a avoa.

-Véxote tristeiro, será que estás canso, anda, senta aí comodamente, é cedo para marchares.

-Onte atopei a Aldán, atopeino contento porque antonte Aldara lle atopara o gato a súa nai, que o perdera na rúa.


Teórica e práctica de análise sintáctica e morfolóxica máis completa

2005-2024