Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Probas de graduado en educación secundaria
Maio de 2014


1. Proba de lingua galega
1.1 Formato da proba

Formato
 A proba consta de 20 cuestións tipo test e unha redacción.
 As cuestións teñen catro posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
 Un punto por cuestión correctamente contestada.
 Cada resposta incorrecta resta 0,25 puntos.
 As respostas en branco non descontan puntuación.
 A redacción supón o 66% da cualificación final da proba.
Duración
 Este exercicio terá unha duración máxima de 50 minutos.

Anotar o número de respostas correctas, erradas ou sen responder para poder calcular a puntuación (de 0 a 20)

Para comprobar as respostas (Correcto?) debe estar activado no navegador JavaScript (ordenador, móbil, tableta...)

maio141

Preguntas sobre o texto anterior:

1. Escolla o enunciado que mellor reflicte o tema do texto 1:
A O ben que se pasaba na época. Correcto?
B A unión familiar. Correcto?
C A inocencia dos cativos. Correcto?
D A educación escolar. Correcto?

2. A expresión chea de alifafes (liña 1) significa que tiña…
A Moita comida caseira. Correcto?
B Moitos animais domésticos. Correcto?
C Moitos achaques de saúde. Correcto?
D Moitas xoias antigas. Correcto?

3. A expresión os seus ollos de acibeche (liña 18) é:
A Un símil. Correcto?
B Unha metáfora. Correcto?
C Unha anáfora. Correcto?
D Unha metonimia. Correcto?

4. O sufixo -iña da palabra cariña (liña 7) ten un valor:
A Pexorativo. Correcto?
B Afectivo. Correcto?
C Despectivo. Correcto?
D Caracterizador. Correcto?

5. Cal é o estado de ánimo de Farruco no texto 1?
A Estaba preocupado por ter que alimentar a un neno máis. Correcto?
B Estaba concentrado no traballo. Correcto?
C Estaba canso, pois erguíase moi cedo para traballar. Correcto?
D Estaba magoado e cunha sorte cativa. Correcto?

6. Acababa de recibir (liña 13) é:
A Unha perífrase verbal. Correcto?
B Unha forma verbal composta. Correcto?
C Unha forma verbal simple. Correcto?
D Un infinitivo conxugado. Correcto?

7. Rolada (liña 6) é un substantivo:
A Común e colectivo. Correcto?
B Común e abstracto. Correcto?
C Propio e colectivo. Correcto?
D Propio e individual. Correcto?

8. O substantivo Farruco (liña 6) é un:
A Alcume. Correcto?
B Hipocorístico. Correcto?
C Topónimo. Correcto?
D Hidrónimo. Correcto?

9. Degoiro (liña 7) é sinónimo de:
A Anhelo. Correcto?
B Dor. Correcto?
C Tristeza. Correcto?
D Esperanza. Correcto?

10. A palabra fóra (liña 1) acentúase porque…
A É grave rematada en vogal. Correcto?
B É un caso de til diacrítico. Correcto?
C É aguda rematada en vogal. Correcto?
D É un ditongo. Correcto?

Texto 2:

maio142

Continuación, preguntas sobre o texto 2:

11. Escolla o enunciado que mellor reflicte o tema do texto 2:
A Os nenos non comen. Correcto?
B Comer ben é cuestión de aprender. Correcto?
C A obesidade non é un problema. Correcto?
D A unión familiar á hora de comer. Correcto?

12. Segundo o texto 2, a causa da obesidade infantil é:
A O aumento do índice da pobreza. Correcto?
B O sedentarismo. Correcto?
C A desaxeitada formación alimentaria. Correcto?
D A comida precociñada. Correcto?

13. Para que os avós do neno asturiano tivesen a súa custodia, debían comprometerse a:
A Educalo o mellor que puidesen. Correcto?
B Garantirlle unha alimentación saudable. Correcto?
C Darlle diariamente tres pezas de froita. Correcto?
D Velar polo benestar físico e emocional do seu neto. Correcto?

14. Unha noticia debe ser:
A Subxectiva. Correcto?
B Obxectiva. Correcto?
C Imaxinaria. Correcto?
D Metafórica. Correcto?

15. O Goberno de Asturias fíxose cargo do neno porque:
A Tiña problemas na escola. Correcto?
B Tiña problemas endócrinos e metabólicos. Correcto?
C Tiña un peso pouco saudable. Correcto?
D Tiña familiares obesos. Correcto?

16. A que fai referencia a expresión o dedo acusador (liña 4)?
A A custodia. Correcto?
B O interese. Correcto?
C O motor. Correcto?
D O causante. Correcto?

17. Un sinónimo de anómalo (liña 11) é:
A Recente. Correcto?
B Terrible. Correcto?
C Importante. Correcto?
D Irregular. Correcto?

18. Elixa a opción gramaticalmente correcta:
A Me vin nun apuro porque non lle había comprado os legumes e o mel. Correcto?
B Me vin nun apuro porque non lle había comprado as legumes e a mel. Correcto?
C Vinme nun apuro porque non lle comprara as legumes e a mel. Correcto?
D Vinme nun apuro porque non lle comprara os legumes e o mel. Correcto?

19. Obesidade (liña 3) e alimentación (liña 18) son palabras:
A Simples. Correcto?
B Derivadas. Correcto?
C Parasintéticas. Correcto?
D Compostas. Correcto?

20. No texto 2, as palabras principalmente (liña 5) e logo (liña 20) son:
A Substantivos. Correcto?
B Adverbios. Correcto?
C Adxectivos. Correcto?
D Determinantes. Correcto?


1.3 Exercicio de redacción en lingua galega (10 puntos)
Imaxine que forma parte do equipo directivo dun centro educativo interesado en solicitar unha charla-conferencia sobre bos
hábitos alimentarios que oferta a Consellería de Sanidade. Escriba unha carta solicitando a charla-conferencia na cal debe:
Explicar e argumentar por que están interesados como centro educativo.
Describir o local onde se levará a cabo a actividade, os medios dos que dispoñedes (ordenador, canón, cociña...) e o
número de persoas que acudirán aproximadamente.
Argumentar o beneficioso que é para o alumnado acceder a unha boa educación alimentaria.
Propoñer algunha medida para que cambien os hábitos alimentarios da comunidade educativa.


ogalego.eu // ogalego.gal

ogalego@galicia.com