VERBAS

Por Espiñeira

CATIVO

Do latín captivus ‘prisioneiro, escravo, conquistado’, o termo cativo esténdese hoxe nunha larga banda semántica. Dende aquel senso de ‘prisioneiro’ cara a nocións como a de ‘baixo’ e cara a moi popular acepción de ‘neniño’.

Co senso de cativerio, lémbrase decote o parte de guerra que foi dado en Burgos o 1 de abril do ano 1939: “En el día de hoy, cautivo y desarmado el ejército rojo, han alcanzado las tropas nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado.” Esta cativa expresión precisaría dunha longa explicación para os cativos.

Cativo

Dúas cativas de pedra nunha praza pontevedresa


Verba seguinte: CELA // Verba anterior: CAPELA // TODAS AS VERBAS


ogalego.eu
Preparación ABAU
Léxico (exercicios)
2005-2024
Letras de cantigas galegas
Suxestións: ogalego@galicia.com