ROUBO NO INCIO.

O venres l3 produciuse un curioso roubo no Incio, preto de Samos.

Aconteceu que os ladróns desmontaron e levaron as vidreiras das paredes da igrexa, que representan as estacións do Vía Crucis, segundo nos informou o crego do Incio. Tamén nos dixo que el ese día se atopaba realizando unhas xestións para mellorar a iluminación da igrexa románica do Hospital e foron os veciños quen o avisaron á mañá seguinte por teléfono.

Estes, a pesar de que viven nas casas próximas, non se decataron de nada xa que estivo unha noite de invernía con forte vento e moita choiva.

Segundo o Cabo da Garda Civil do Incio tiveron que usar instrumental sofisticado para desmontar e acondicionar os vidros sen que se estragasen e perdesen valor. Ademais as investigacións apuntan a que deberon usar dous automóbiles para fuxiren pola estrada da Ferrería e logo perdérense por pistas secundarias da serra do Caurel. Con este, son xa sete os roubos de obxectos artísticos levados a cabo no interior de Galicia esta semana.

Segundo fontes da Consellería de Cultura, detrás destas desaparicións podería estar unha mafia internacional que fornece de material cultural a certos millonarios chineses.

 

Sarria, Luís Cervela, correspondente.