Exercicio 16.b Ortografía.
De cando vin o lobo (para 4 anos)
Mira, Aldán, cando eu tiña catro anos vivía nas montañas de Lugo, nunha aldea que se chama Trasar. Sabes a que animal lle tiña eu máis medo?, pois ao lobo, porque alí había lobos de verdade e os maiores contábannos aos nenos moitos contos de lobos malos. Ti viches o lobo algunha vez?
Sabes como fai o lobo, como berra? Pois ouvean así: uauauu! Sabes a que animal se parece o lobo? Si, a un can moi grande, moi grande.E sabes como ladran os cans moi grandes? Si, gau, gau e si, algúns cans tamén poden ouvear.
Mira, na miña casa tiñamos un cabalo grande, que lle chamabamos “a Besta”.
—Anxiño, vai mirar á finca dos carballos se a Besta está comendo herba e volve pronto —díxome a miña mamá.
E alá marchei, axiña vin un can grande subido encima dunha pedra mirando para min. Eu non o coñecía, non me parecía o can de ningún veciño. Empecei a berrarlle.
—Eeerrrr, urrrrruuur, marcha, can peludo! Mira que che tiro unha pedra e che rompo o rabo!
Como era un can descoñecido eu non me acheguei, só lle berraba desde lonxe, porque ben sabes que aos cans que non se coñecen non se pode un achegar. Pois o can non me facía moito caso, mirou para min con cara feroz e marchou.
Nada máis marchar o can vexo que vén correndo cara a min unha veciña, a señora Rosa.
—Ai Anxiño, que fas aí ti só, mira que anda por aquí o lobo que acaba de atacar a unha ovella —a señora Rosa estaba moi nerviosa—. Agora mesmo acabo de ver que pasaba por aquí ese lobo, que susto!
—Ai, señora Rosa, eu non vin o lobo, o que eu vin foi un can moi grande, con moito rabo e a cabeza forte e unha mirada feroz —contestei eu.
—Ai, Anxiño, ti non viches ningún can, ti o que viches foi o lobo, mira que es valente que non lle tiveches medo.
—Claro que lle teño moitísimo medo ao lobo, señora Rosa, pero como pensei que era un can... se soubera que era un lobo igual ata me facía pis co susto —foi a miña resposta.
Xa ves Aldán, eu fun valente porque non sabía o que tiña diante, pensaba que o lobo era un can. Aínda así, ao saber que vira o lobo collín tanto medo que se me puxeron os pelos de punta.
Os contos do avó Anxo
De cando vin o lobo (para 4 anos)
mira, aldan, cando eu tiña catro anos vivia nas montañas de lugo, nunha aldea que se chama trasar. sabes a que animal lle tiña eu mais medo?, pois ao lobo, porque ali habia lobos de verdade e os maiores contabannos aos nenos moitos contos de lobos malos. ti viches o lobo algunha vez?
sabes como fai o lobo, como berra? Pois ouvean asi: uauauu! sabes a que animal se parece o lobo? si, a un can moi grande, moi grande. e sabes como ladran os cans moi grandes? si, gau, gau e si, alguns cans tamen poden ouvear.
mira, na miña casa tiñamos un cabalo grande, que lle chamabamos “a besta”.
—anxiño, vai mirar a finca dos carballos se a besta esta comendo herba e volve pronto —dixome a miña mama.
e ala marchei, axiña vin un can grande subido encima dunha pedra mirando para min. eu non o coñecia, non me parecia o can de ningun veciño. empecei a berrarlle.
—eerrrr, urrrrruuur, marcha, can peludo! mira que che tiro unha pedra e che rompo o rabo!
como era un can descoñecido eu non me acheguei, so lle berraba desde lonxe, porque ben sabes que aos cans que non se coñecen non se pode un achegar. pois o can non me facia moito caso, mirou para min con cara feroz e marchou.
nada mais marchar o can vexo que ven correndo cara a min unha veciña, a señora rosa.
—ai anxiño, que fas aí ti só, mira que anda por aquí o lobo que acaba de atacar a unha ovella —a señora rosa estaba moi nerviosa—. agora mesmo acabo de ver que pasaba por aquí ese lobo, que susto!
—ai, señora rosa, eu non vin o lobo, o que eu vin foi un can moi grande, con moito rabo e a cabeza forte e unha mirada feroz —contestei eu.
—ai, anxiño, ti non viches ningun can, ti o que viches foi o lobo, mira que es valente que non lle tiveches medo.
—claro que lle teño moitisimo medo ao lobo, señora rosa, pero como pensei que era un can... se soubera que era un lobo igual ata me facia pis co susto —foi a miña resposta.
xa ves aldan, eu fun valente porque non sabia o que tiña diante, pensaba que o lobo era un can. ainda asi, ao saber que vira o lobo collin tanto medo que se me puxeron os pelos de punta.
2005-2024 |