ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 9. O verbo 2. Infinitivo persoal


  1. Para chegarmos a tempo, cómpre bulirmos.

    Para chegar (nós)... a tempo, cómpre bulir...

  2. Despois de saírdes, fechade a porta.

    Despois de saír (vós)..., fechade a porta.

  3. Ao pendurares o xamón, rompiches a cadeira.

    Ao pendurar (ti)... o xamón, rompiches a cadeira.

  4. Comprou coche para chegar antes ao traballo.

    Comprou coche para chegar (el)... antes ao traballo.

  5. Enfadeime con eles por falaren mal de min.

    Enfadeime con eles por falar (eles)... mal de min.

  6. Tireille unha foto para ter unha lembranza del.

    Tireille unha foto para ter (eu)... unha lembranza del.

  7. Non pode haber dificultades para usarmos o galego sempre.

    Non pode haber dificultades para usar (nós)... o galego sempre.

  8. Non poñas tantas dificultades para me emprestares o libro.

    Non poñas tantas dificultades para me emprestar (ti)... o libro.

  9. Non é tan difícil gañaren a partida.

    Non é tan difícil gañar (eles)... a partida.

  10. Sen comprardes fariña, non poderedes facer o pan.

    Sen comprar (vós)... fariña, non poderedes facer o pan.

  11. Ao recoller os cinceiros, rompeu un.

    Ao recoller (ela)... os cinceiros, rompeu un.

  12. Rebaixáronlles o soldo por faltaren moito ao traballo.

    Rebaixáronlles o soldo por faltar (eles)... moito ao traballo.

  13. Non se dan posto de acordo para faceren unha folga polo convenio.

    Non se dan posto de acordo para facer (elas)... unha folga polo convenio.

  14. Xa vai sendo hora de rematardes os exercicios.

    Xa vai sendo hora de rematar (vós)... os exercicios.

  15. Non paga a pena ires andando ata o centro.

    Non paga a pena ir (ti)... andando ata o centro.

  16. Sería máis custoso poñerdes a banda ancha.

    Sería máis custoso poñer (vós)... a banda ancha.

  17. De sabérmolo xa non estariamos alí.

    De sabelo (nós)... xa non estariamos alí.

  18. Por andar de esmorga decote, estraguei o fígado.

    Por andar (eu)... de esmorga decote, estraguei o fígado.

  19. Sen dárdeslle propina, non conseguiredes un bo asunto.

    Sen darlle (vós)... propina, non conseguiredes un bo asunto.

  20. Tiveron que viaxar dous días con motivo de entregárenche o premio do concurso.

    Tiveron que viaxar dous días con motivo de entregarche (eles)... o premio do concurso.

  21. Con andares a facer subornos, pouca sona vas coller.

    Con andar (ti)... a facer subornos, pouca sona vas coller.

  22. Para arranxármoscho hoxe, terás que deixalo aquí.

    Para arranxarcho (nós)... hoxe, terás que deixalo aquí.

  23. Recoñeceu serdes os primeiros en chegardes a Riazor.

    Recoñeceu ser (vós)... os primeiros en chegar (vós)... a Riazor.

  24. Para poder falar, debe pedir a palabra primeiro.

    Para poder (el)... falar, debe pedir a palabra primeiro.

  25. Paciencia, que non é preciso pórmonos dese xeito.

    Paciencia, que non é preciso pórnos (nós)... dese xeito.

»Verbo 2
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com