ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 1. O verbo 2. Copretérito de indicativo


  1. Aquel día viña algo bébedo o rapaz.

    1. Aquel día (VIR)... algo bébedo o rapaz.

  2. Vós ben viades que vos sería imposíbel.

    2. Vós ben (VER)... que vos sería imposíbel.

  3. Grazas que traïamos connosco un fachón!

    3. Grazas que (TRAER)... connosco un fachón!

  4. Entón vós erades uns picariños.

    4. Entón vós (SER)... uns picariños.

  5. Aquela tarde ela puña/poñía unhas cintas moi lindas.

    5. Aquela tarde ela (PÓR)... unhas cintas moi lindas.

  6. Encontreino cando ía camiño do instituto.

    6. Encontreino cando (IR)... camiño do instituto.

  7. Ti sempre compuñas/compoñías os desarranxos sen cobrares un can.

    7. Ti sempre (COMPOR)... os desarranxos sen cobrares un can.

  8. Iades tan contentos que caestes na trampa.

    8. (IR)... tan contentos que caestes na trampa.

  9. E despois viñan queixándose de que non os tratades ben.

    9. E despois (VIR)... queixándose de que non os tratades ben.

  10. Cando se detiña ante un monumento non había quen o movese.

    10. Cando (DETERSE)... ante un monumento non había quen o movese.


ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com