Exercicio 6. Verbo 1. Poñer en presente
A avoa sente moito as túas desgrazas.
A literatura galega rexorde no século XIX.
Eses pillabáns méntenche descaradamente.
Boles moito facendo os exercicios.
Feren as perdices, mais non as collen.
Axiña sobes as escadas ata o 3º andar.
Os cans foxen co rabo entre as pernas.
Agora sérvesme con moito agarimo.
Acoden alí como as moscas ao mel.
Advírtenme das dificultades do proxecto.
Durmo moi a gusto escoitando caer a choiva.
Xa sei que toses para demostrar o teu desgusto.
Segues a cantar as mesmas cantigas.
Encobren moi ben os feitos.
Mide mal as distancias.
Os veciños non consenten tales cousas.
A Amantia loce un precioso pano bordado.
Nada conseguen con eses argumentos.
Moito lle fonde no traballo.
Persegues os mesmos obxectivos ca min.
A avoa sentiu moito as túas desgrazas.
A literatura galega rexurdiu no século XIX.
Eses pillabáns mentíronche descaradamente.
Buliches moito facendo os exercicios.
Feriron as perdices, mais non as colleron.
Axiña subiches as escadas ata o 3º andar.
Os cans fuxiron co rabo entre as pernas.
Agora servíchesme con moito agarimo.
Acudiron alí como as moscas ao mel.
Advertíronme das dificultades do proxecto.
Durmín moi a gusto escoitando caer a choiva.
Xa sei que tusiches para demostrar o teu desgusto.
Seguiches a cantar as mesmas cantigas.
Encubriron moi ben os feitos.
Mediu mal as distancias.
Os veciños non consentiron tales cousas.
A Amantia luciu un precioso pano bordado.
Nada conseguiron con eses argumentos.
Moito lle fundiu no traballo.
Perseguiches os mesmos obxectivos ca min.
2005-2022 |