Exercicio 4. Verbo 1. Poñer en presente
As túas declaracións non contribúen a aclarar o crime.
Permanezo todo o ano atento ás evolucións da bolsa.
Este ano distribúo eu os regalos entre os cativos.
Non coñezo os teus amigos alemáns.
Reproduzo algúns cadros dese pintor tan nomeado.
Moito temedes a miña reacción.
Esta semana conclúen as obras do garaxe.
Conduzo con moito tino por mor da neve.
Todas as noites metedes as ovellas na corte.
Os paxaros cómenme case todo o millo da veiga.
Ese lobo non traba a ninguén.
Segundo as premisas, deduce a conclusión.
Cando o collo coa man, escáldame.
Colles o coitelo e cortas o touciño.
Posúen as mellores motos do barrio.
Amontoo os libros sen os colocar.
Cambian o armario de cuarto.
Afían as fouces antes de comezaren a seitura.
Obedezo todas as túas ordes.
Non os destitúen polos nosos asuntos.
As túas declaracións non contribuíron a aclarar o crime.
Permanecín todo o ano atento ás evolucións da bolsa.
Este ano distribuín eu os regalos entre os cativos.
Non coñecín os teus amigos alemáns.
Reproducín algúns cadros dese pintor tan nomeado.
Moito temestes a miña reacción.
Esta semana concluíron as obras do garaxe.
Conducín con moito tino por mor da neve.
Todas as noites metestes as ovellas na corte.
Os paxaros coméronme case todo o millo da veiga.
Ese lobo non trabou a ninguén.
Segundo as premisas, deduciu a conclusión.
Cando o collín coa man, escaldoume.
Colliches o coitelo e cortaches o touciño.
Posuíron as mellores motos do barrio.
Amontoei os libros sen os colocar.
Cambiaron o armario de cuarto.
Afiaron as fouces antes de comezaren a seitura.
Obedecín todas as túas ordes.
Non os destituíron polos nosos asuntos.
2005-2022 |