ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 10. Substantivo e adxectivo: comparativo


  1. A Encina sempre tivo moitos menos/máis cartos ca el. A Encina sempre tivo tantos cartos coma el.

    A Encina sempre tivo moitos ......... cartos ......... el.

  2. O Rubén era menos/máis fedello que o/có/ca oseu curmán. O Rubén era tan fedello como/coma o seu curmán.

    O Rubén era ......... fedello ......... o seu curmán.

  3. O Miguel obtivo peores/mellores resultados do que pensaba. O Miguel obtivo resultados tan bos como pensaba.

    O Rubén era ......... fedello ......... o seu curmán.

  4. O Daniel é case menos/máis rico que o/có/ca o veciño. O Daniel é case tan rico como/coma o veciño.

    O Daniel é case ......... rico ......... o veciño.

  5. A Helena nunca estaba menos/máis atenta ca min. A Helena nunca estaba tan atenta coma min.

    A Helena nunca estaba ......... atenta ......... min.

  6. A Carme ten menos/máis leiras do que parece. A Carme ten tantas leiras como parece.

    A Carme ten ......... leiras ......... parece.

  7. Xamais conduciu peor/mellor ca elas. Xamais conduciu tan ben coma elas.

    Xamais conduciu ......... ben ......... elas.

  8. Agora é menos/máis forte que o/có/ca o Ricardo. Agora é tan forte como/coma o Ricardo.

    Agora é ......... forte .........o Ricardo. 

  9. O descoñecido sempre será menos/máis mao que o/có/ca o coñecido. O descoñecido sempre será tan mao como/coma o coñecido.

    O descoñecido sempre será ......... mao ......... o coñecido.

  10. Os perigos son menos/máis grandes do que pensabamos. Os perigos son tan grandes como pensabamos.

    Os perigos son ......... grandes ......... pensabamos.

  11. Están menos/máis abraiados ca vós. Están tan abraiados coma vós.

    Están ......... abraiados ......... vós.

  12. As rendas son menores/maiores do que esperabades. As rendas son tan pequenas como esperabades.

    As rendas son......... pequenas ......... esperabades.

  13. O Santiago era menos/máis divertido que os/cós/ca os compañeiros. O Santiago era tan divertido como/coma os compañeiros.

    O Santiago era ......... divertido ......... os compañeiros.

  14. A Irimia ten menos/máis forza ca vostede. A Irimia ten tanta forza coma vostede.

    A Irimia ten ......... forza ......... vostede. 

  15. O Paulo é menos/máis trasfego que a/cá/ca a Alba. O Paulo é tan trasfego como/coma a Alba.

    O Paulo é ......... trasfego ......... a Alba.

  16. Recollemos menos/máis fabas do que contabamos. Recollemos tantas fabas como contabamos.

    Recollemos ......... fabas ......... contabamos.

  17. Penso que ten menos/máis poderes ca ti. Penso que ten tantos poderes coma ti.

    Penso que ten ......... poderes ......... ti. 

  18. O Manuel está menos/máis alto que a/cá/ca a Laura. O Manuel está tan alto como/coma a Laura.

    O Manuel está ......... alto ......... a Laura.

  19. O Brais atopou máis/menos moedas do que se propuxo. O Brais atopou tantas moedas como se propuxo.

    O Brais atopou ......... moedas ......... se propuxo.

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com