ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 6. Pronome persoal: colocar o pronome


1. Colleu moi a modiño (o).

Colleuno moi a modiño.

2. Pediu polas boas (a).

Pediuna polas boas.

3. Desta forma ves mellor (as).

Desta forma velas mellor.

4. Axiña vou contar (os).

Axiña os vou contar ou Axiña vou contalos.

5. Recitaba con moito aquel (as).

Recitábaas con moito aquel.

6. Dixo el mesmo (o).

Díxoo el mesmo.

7. Quixo recoller cedo (as).

Quíxoas recoller cedo ou Quixo recollelas cedo

8. Pedía sempre sen azucre (as).

Pedíaas sempre sen azucre.

9. Trouxeron en tren (o).

Trouxérono en tren.

10. Escoitou con moita atención (os).

Escoitounos con moita atención.

11. Traes xa acabadas? (as).

Tráelas xa acabadas?

12. Decidiu de súpeto (o).

Decidiuno de súpeto.

13. Sempre deixan igual (a).

Sempre a deixan igual.

14. Eloxiei abondo aquel día (os).

Eloxieinos abondo aquel día.

15.Iguais a ese hai en calquera sitio (os).

Iguais a ese hainos en calquera sitio.

16. Fendín coa macheta (o).

Fendino coa macheta.

17. Onte vin na praza (as).

Onte vinas na praza.

18. Ese fai moi bonitos (os).

Ese fainos moi bonitos.

19. Fixo todos nunha tarde (os).

Fíxoos todos nunha tarde.

20. Contaron moitas cousas (nos).

Contáronnos moitas cousas.

21. Digo con toda a certeza (o).

Dígoo con toda a certeza.

22. Botei pola fiestra (a).

Boteina pola fiestra.

23. Os autobuses deixaban sempre alí (nos).

Os autobuses deixábannos sempre alí.

24. Pediu moitos favores (nos).

Pediunos moitos favores.

25. Faltaban os mellores do equipo (nos).

Faltábannos os mellores do equipo.

26. Leva sempre no peto (as).

Lévaas sempre no peto.

27. Deron todo o diñeiro xunto (vos).

Déronvos todo o diñeiro xunto.

28. Pillaron polos pelos (a).

Pillárona polos pelos.

29. Recoñeceu nada máis chegarmos (nos).

Recoñeceunos nada máis chegarmos.

30. Gardou nun baúl (os).

Gardounos nun baúl.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com