Exercicio 11. Pronome persoal: explicar a colocación dos pronomes átonos
1. Que a fortuna te acompañe o resto da vida!
te: encabezada por que.
2. Penso que non che dixo a verdade.
che: oración subordinada.
3. Oxalá te deixen vir á miña casa!
te: encabezada por partícula exclamativa.
4. Dixo que lle non dera o pan.
lle: oración subordinada e interpolación da negación.
5. Pampos quedaron ao velo daquel xeito.
lo: despois de infinitivo.
6. Deus cho pague, eu non teño cartos hoxe!
cho: oración desiderativa con suxeito anteposto.
7. O demo te leve, rapaz, mira que es trasfego!
te:oración desiderativa con suxeito anteposto.
8. Agora te atendo, non desesperes, muller.
te: agora equivale a axiña.
9. Agora aténdote, non desesperes, muller.
te: agora equivale a neste momento.
10. Logo che fago o pedido que me encargaches.
che: logo equivale a axiña.
11. Logo fágoche o pedido que me encargaches.
che: logo equivale a despois, máis tarde.
12. Marchei axiña porque me doía moito a cabeza.
me: oración subordinada.
13. A vida che entrego, compañeira dos meus días!
che: por desprazamento do obxecto directo.
14. Iso me contou, non mentiu.
me: por desprazamento do obxecto directo.
15. Paseino tan ben co libro que, se puidese, volvíao ler.
no: regra xeral. o: pola lonxanía e inciso entre o nexo e verbo.
16. Aí o tes, podes collelo.
o: pola énfase na deíxe do adverbio. lo: despois de infinitivo (tamén pódelo coller).
17. Aí telo máis á man, podes collelo.
lo: agora o adverbio indica unha mera circunstancia de lugar. lo: despois de infinitivo.
18. Comeron todas as papas? Sobras lles quedaron!
lles: pola anteposición do predicativo.
19. Parecía que me non vira nunca.
me: oración subordinada e interpolación da negación.
20. Calquera cho pode contar mellor ca min.
cho: encabezada por un indefinido.
21. O meu corazón che entrego, meu caravel!
che: por desprazamento do obxecto directo.
22. Antonte mandeiche un correo electrónico.
che: por regra xeral, antonte non provoca anteposición.
23. Moitos fóronse porque a música era má, o local peor, e divertíanse pouco.
se: por regra xeral, moitos non provoca anteposición. se: por estar lonxe da subordinación.
24. Pensaba que me non ía coller o viño todo no bocoi.
me: oración subordinada e interpolación da negación.
25. Despois pedireiche un favor.
che: por regra xeral, despois non provoca anteposición.